Boletín informativo 21 de Xullo de 2015 Nº: 239
Lectorados, bolsas CIRP, Regulamento UVigo, deputacións...
  Dúas bolsas e tres contratos en lectorados de galego de universidades
A Xunta de Galicia convoca tres contratos para os lectorados de galego das universidades do País Vasco, Oxford e Birmingham, e mais dúas bolsas para os da Universidade Federal da Bahía e da Universidade da Sorbona Nova-París III. O prazo de solicitude remata o 27 de xullo
+Info>
  Convocadas oito bolsas de formación en proxectos do Centro Ramón Piñeiro
O Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades convocou oito bolsas de formación en diversos proxectos. O prazo de presentación de solicitudes remata o 13 de agosto
+Info>
  Para a implicación das deputacións no fomento do galego
Despois da constitución das catro deputacións, desde a CTNL lembrámoslles aos seus gobernos a proposta a para a súa implicación no fomento do galego, que xa lles remitimos ás organizacións políticas antes da constitución. Coñece aquí en que consiste...
  A Universidade de Vigo aproba o seu Regulamento do uso da lingua galega
O Consello de Goberno do 2 de marzo de 2015 da Universidade de Vigo aprobou un regulamento que fixa os usos lingüísticos tanto no ámbito interno coma externo, en usos orais e escritos e nos rexistros, publicidade, publicacións, docencia, investigación, contratacións e convenios, etc.
+Info>

AVISO LEGAL: Se recibes este boletín é porque estás dado de alta no noso servizo.
Se non queres seguir a recibilo, podes darte de baixa aqui, indicando o teu enderezo electrónico e o número de subscritor/a que aparece no asunto desta mensaxe. Este correo foi enviado por ctnl.gal