Boletín informativo 06 de Outubro de 2015 Nº: 244
Que non che pase o prazo do Obradoiro de redes sociais!
Desde a CTNL convocamos dúas edicións dun obradoiro para aproveitarmos máis e mellor as redes sociais para a normalización lingüística. Terán lugar en Pontevedra (o martes 20 de outubro) e en Santiago de Compostela (o xoves 22 de outubro), e o prazo de inscrición está aberto até o día 8 deste mes. As prazas, claro, son limitadas...
Unha chea de páxinas e perfís en Facebook de servizos de normalización lingüística de concellos ou universidades, de asociacións, de equipos de dinamización, de proxectos...; perfís de Twitter ou Instragram, etc. Como é normal, cada vez bótase máis man das redes sociais para a comunicación e interacción desde os servizos e equipos de normalización e desde entidades relacionadas coa lingua, para lanzar mensaxes a prol do uso e prestixio do galego, para anunciar accións, para convocar á participación, para interaccionar, etc.
Mais..., estamos a usar as redes axeitadamente neste ámbito? Estamos a aproveitalas ben? Usámolas de maneira eficiente? Ou, sexa como for, podemos usar e aproveitar as redes sociais máis e mellor?
Se cadra está ben que unha persoa experta nos bote unha man, que lle bote un ollo ao que facemos, ás redes que manexamos, a como as usamos, e que nos axude a facelo mellor...
Por iso convocamos este obradoiro, que terá dúas edicións: unha en Pontevedra (20 outubro) e outra en Santiago de Compostela (22 outubro).

  • Prazo de solicitude de participación no obradoiro: Até o 8/10/2015 ás 12.00 h

  • Publicación da listaxe de persoas participantes: 9 de outubro 2015

  • Auditoría das redes das persoas participantes: Entre o 9 e o 19 de outubro

  • Obradoiro en Pontevedra: Martes 20 de outubro, de 16.30 h a 21.00 h

  • Obradoiro en Santiago de Compostela: Xoves 22 de outubro, de 16.30 h a 21.00 h

Información completa sobre estes obradoiros e inscrición, aquí >

Convocatoria completa en .pdf, aquí >

AVISO LEGAL: Se recibes este boletín é porque estás dado de alta no noso servizo.
Se non queres seguir a recibilo, podes darte de baixa aqui, indicando o teu enderezo electrónico e o número de subscritor/a que aparece no asunto desta mensaxe. Este correo foi enviado por ctnl.gal