CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Seminario de introdución á xestión da calidade nos servizos de normalización lingüística


DATAS: 9 e 11 de novembro
LUGAR: Santiago de Compostela
INSCRICIÓN: do 26 de outubro ao 2 de novembro

Seminario de introdución á xestión da calidade nos servizos de normalización lingüísticaListaxe de persoas admitidas (.pdf) >

Descarga a convocatoria completa en .pdf >

OBXECTIVOS
-Tomar conciencia da utilidade e importancia da xestión da calidade nos servizos de normalización lingüística (SNL)
-Achegarse aos principios básicos da xestión da calidade
-Coñecer as ferramentas básicas para avaliar o traballo dos SNL
-Procurar desenvolver plans de mellora e cartas de servizos nos SNL

CONTIDOS
-Introdución á xestión da calidade e avaliación do traballo
-Aplicación práctica da xestión da calidade nos servizos de normalización lingüística (SNL)
-Os plans de mellora (elementos dun plan de mellora, como priorizar e ficha resumo)
-As cartas de servizos (introdución, para que serven e elementos dunha carta de servizos)
-Avaliación da aplicación nos SNL

PROFESORADO
-Celso Rodríguez Fernández
(profesor de Álxebra na USC, avaliador acreditado EFQM e colaborador con diversas axencias e proxectos de calidade)

DATAS E HORARIOS: mércores 9 e venres 11 de novembro, de 16.30 h a 20.30 h. Posteriormente, ao cabo duns meses, haberá unha sesión de avaliación de 4 horas para analizar a aplicación dos contidos nos SNL

LUGAR: Aula 22 da Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela

DURACIÓN: 12 horas (8 horas de formación e 4 de sesión de avaliación)

PROCEDEMENTO, INSCRICIÓN, CALENDARIO E LÍMITE DE PRAZAS
A inscrición deberá facerse a través do formulario habilitado abaixo desta información nos prazos estabelecidos

O límite de prazas é de 25 persoas, e terán preferencia os/as socios/as da CTNL. Despois disto, respectarase a orde de inscrición.

Non se pode pagar a cota de inscrición até que non se publique a listaxe de persoas admitidas.

As persoas incluídas nesa listaxe de admitidas deben ingresar o importe da matrícula na conta da CTNL en Novagalicia Banco número 2080-0377-04-3040004060, indicando o seu nome completo e mais o concepto “Curso calidade”.

Se unha persoa está na listaxe de admitidas e non vai participar no curso, debe comunicalo por teléfono ou correo electrónico o máis axiña posíbel, para así poder incorporar, con suficiente antelación, a seguinte persoa da listaxe de agarda.

CALENDARIO:
-Prazo de solicitude de participación no curso: desde o 26/10/2011 ás 10.00 h até o 2/11/2011 ás 14.00 h
-Publicación da listaxe de persoas admitidas: o 3/11/2011
-Prazo para facer o pagamento de matrícula: até o 8/11/2011
-Datas do curso: 9 e 11 de novembro de 2011 + sesión de avaliación

COTAS de inscrición
-Socias/os da CTNL: 20 euros
-Estudantes, bolseiras/os e desempregadas/os: 30 euros
-Non socias/os da CTNL: 75 euros

ORGANIZA: Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL)
COLABORAN: Universidade de Santiago de Compostela e Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia

NOTA SOBRE O FORMULARIO: DESPOIS DE CUBRIR O FORMULARIO, DEBES VALIDAR A INSCRICIÓN PREMENDO NA LIGAZÓN DE VALIDACIÓN QUE CHE CHEGARÁ AO CORREO ELECTRÓNICO QUE INDIQUES. A INSCRICIÓN NON CONSTARÁ ATÉ QUE PREMAS NESA LIGAZÓN NO TEU CORREO ELECTRÓNICO

Convocatoria Seminario de introdución á xestión da calidade nos servizos de normalización lingüística (.pdf)


Avisos

    mes anterior
    Xullo de 2018
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
                1
    2 3 4 5 6 7 8
    9 10 11 12 13 14 15
    16 17 18 19 20 21 22
    23 24 25 26 27 28 29
    30 31      
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego