CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Obradoiro de pensamento creativo baseado no método CPS (Creative Problem Solving) 2ª edición


Santiago de Compostela, 9 e 10 de novembro de 2016

Obradoiro de pensamento creativo baseado no método CPS (Creative Problem Solving) 2ª ediciónListaxe de persoas admitidas, en .pdf

PRESENTACIÓN
No traballo cotián en normalización da lingua buscamos sempre ideas novas e orixinais, pero ás veces temos dificultade para chegar a elas ou para dinamizar os grupos de participación que nolas fornecen. En moitas ocasións fáltannos técnicas para superar de maneira creativa estas eivas.
Con este obradoiro, aprenderemos ferramentas que nos axudarán a explorar a fondo os problemas e os retos, a xerar ideas en equipo e a buscar solucións de maneira creativa entre todas/os.

OBXECTIVOS XERAIS
-Proporcionar aos/ás participantes no obradoiro unha formación avanzada en materia de creatividade.
-Aprender a desenvolver dinámicas que incrementen a motivación e a capacidade de mobilización do equipo.
-Ser quen de implementar en grupos accións que consigan activar a creatividade das persoas co fin de aplicala para a xeración de proxectos que favorezan o uso da lingua e incrementen o seu prestixio.

QUE RESULTADOS IMOS ACADAR?
-Definición do problema que se quere resolver e das regras do xogo que o definen.
-Coñecemento de novas ferramentas para o emprego no día a día dos/das asistentes á formación.
-Impulso da creatividade nos equipos de traballo.
-Xeración dunha lista de ideas e solucións asociadas a cada un dos espazos de innovación en que se pretende actuar.

QUEN NOS VAI GUIAR E AXUDAR?
Natalia Nogueira López, enxeñeira industrial, xerente de Serviguide Consultoría e especialista en xestión da innovación.
Alén disto, ten certificacións en diversos métodos para desenvolver a creatividade: Método Lombard, Desing Thinking, Creative Problem Solving e Lego Serious Play Method.

CALENDARIO
-Prazo de solicitude de participación: desde o 05/10/2016 até o 25/10/2016 ás 16 h, a través do formulario habilitado ao final desta información
-Publicación da listaxe de persoas admitidas: 26/10/2016 ao longo da mañá
-Prazo para facer o ingreso de matrícula: do 26/10/2016 até o 07/11/2016
-Desenvolvemento do curso: 9 de novembro (de 16 a 20 h) e 10 de novembro (de 9 a 14 e de 15:30 a 18:30)

CANTO DURA?
12 horas

ONDE É?
-No espazo A Nave de Vidán (avenida Mestra Victoria Míguez, 44, 15706 Santiago de Compostela)

E PARA XANTAR O XOVES 10 DE NOVEMBRO?
-Para o xantar do xoves poderemos reservar no propio restaurante d’A Nave de Vidán. Ten un menú do día por 12 euros.
-Ás persoas admitidas pediráselles que confirmen se queren reservar sitio no restaurante para xantar.
-Máis información sobre o restaurante aquí

A QUEN VAI DIRIXIDO?
-Traballadores/as de normalización lingüística de administracións, empresas, asociacións e outras entidades relacionadas coa normalización.
-Membros de equipos de normalización e dinamización lingüística do ensino.
-Persoas interesadas en traballar pola normalización da lingua desde asociacións, colectivos, etc.
Para o bo funcionamento do obradoiro, poderán participar un máximo de 16 persoas.

CANTO CUSTA?
-Para socias/os da CTNL: 25 euros
-Para estudantes, bolseiras/os e desempregadas/os: 40 euros
-Para non socias/os da CTNL: 75 euros

E COMO FAGO PARA ME INSCRIBIR?
A través do formulario que estará habilitado para o efecto ao final desta información do 05/10/2016 até o 25/10/2016. Aviso: só se habilitará o formulario durante o prazo de inscrición.

Dado que o número de prazas está limitado a 16, respectarase a orde de inscrición con preferencia para os/as socios/as da CTNL.

Non se debe pagar a cota de inscrición até que non se publique a listaxe de persoas admitidas.

As persoas admitidas deben ingresar o importe da matrícula na conta da CTNL en Abanca número ES18-2080-0377-04-3040004060, indicando o seu nome completo e mais o concepto “Obradoiro creatividade”.

Se unha persoa está na listaxe de admisión e non vai participar no curso, debe comunicalo por teléfono ou correo electrónico o máis axiña posíbel, para así podermos incorporar, con suficiente antelación, a seguinte persoa da listaxe de agarda.

ORGANIZA
-Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL)

COLABORA
-Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia

+info: info@ctnl.gal | 629 571 950

NOTA SOBRE O FORMULARIO: DESPOIS DE CUBRIR O FORMULARIO, DEBES VALIDAR A INSCRICIÓN PREMENDO NA LIGAZÓN DE VALIDACIÓN QUE CHE CHEGARÁ AO CORREO ELECTRÓNICO QUE INDIQUES. A INSCRICIÓN NON CONSTARÁ ATÉ QUE PREMAS NESA LIGAZÓN NO TEU CORREO ELECTRÓNICO

Convocatoria completa en .pdf


Avisos

    mes anterior
    Xuño de 2018
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
            1 2 3
    4 5 6 7 8 9 10
    11 12 13 14 15 16 17
    18 19 20 21 22 23 24
    25 26 27 28 29 30  
    Próximos eventos

    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • Asociate á CTNL
    • Gústame... o galego
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • Proposta para a mellora da planificación e xestión dos Celga
    • Traballarmos en dinamización lingüística | Isa Vaquero
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Axenda da lingua
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Kit para a normalización da lingua
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego