..:: Novas da CTNL (Portada) ::.. http://www.ctnl.org/ Portada http://blogs.law.harvard.edu/tech/rss Volve o LGx15 e ti podes participar! http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1298 Xa temos data para a vindeira edición do LGx15: o xoves 9 de novembro. E este ano temos unha proposta nova: queremos que teñas a palabra para influír no uso e prestixio da lingua. Podes ser ti (si, ti!) unha das persoas que interveña contando as súas experiencias, reflexións, propostas e ideas para o futuro da lingua. Inscríbete en info@ctnl.gal até o 17 de setembro.]]> As axudas para a normalización lingüística da Deputación Provincial de Pontevedra dirixidas ás entidades locais. Valoración da CTNL http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1297 Logo de dúas convocatorias (2016 e 2017) e as correspondentes resolucións (2016, 2017 e nota de prensa deste ano), a CTNL analiza a liña de axudas para a normalización lingüística da Deputación Provincial de Pontevedra dirixidas ás entidades locais.]]> A CTNL solicítalle ao Concello de Vigo a modificación das bases da bolsa de emprego para TNL http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1296 A CTNL dirixiuse ao Concello de Vigo para solicitarlle a modificación das bases que regulan a creación dunha bolsa de emprego para o nomeamento de técnicos/as de normalización lingüística. A petición da CTNL consiste na modificación do grupo de contratación, que debe ser A1.]]> Bolsa para a contratación de TNL no Concello de Vigo http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1295 O Concello de Vigo publicou no BOP de hoxe as bases que rexerán a convocatoria dun proceso selectivo para nomeamentos interinos como técnico/a de normalización lingüística. A selección farase mediante oposición libre e o prazo para presentar solicitudes será de 20 días naturais.]]> Praza temporal de tradutor/a na Deputación de Ourense http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1294 A Deputación Provincial de Ourense publicou no BOP do 24 de xuño a convocatoria urxente dunha praza temporal de tradutor/a de lingua galega. O sistema de selección será o concurso e o prazo de inscrición até o 29 de xuño.]]> A CTNL pediulle ao Concello de Oroso a corrección das bases da convocatoria dunha praza de TNL http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1293 A CTNL dirixiuse ao Concello de Oroso para solicitarlle a modificación do exercicio práctico na convocatoria dunha praza de técnico/a de normalización lingüística. O suposto práctico consiste nunha tradución do castelán ao galego, o que non se axusta ás funcións da praza, que ademais veñen ben detalladas na convocatoria.]]> Foro de debate sobre a Carta Europea para as Linguas Rexionais ou Minoritarias http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1292 O Consello da Cultura Galega organiza un foro de debate sobre a Carta Europea para as Linguas Rexionais ou Minoritarias con motivo dos 25 anos da súa aprobación. Desenvolverase os días 29 e 30 de xuño na sede do Consello da Cultura Galega (Pazo de Raxoi, 2º andar, praza do Obradoiro). ]]> A CTNL solicitoulle ao Concello de Cambre a modificación das bases da convocatoria dunha praza de TNL http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1291 A CTNL dirixiuse ao Concello de Cambre para solicitarlle a modificación da relación de funcións na convocatoria dunha praza de técnico/a de normalización lingüística, así como a supresión de temas específicos non acordes coas funcións específicas dunha praza de TNL.]]> Bolsa de prácticas no Servizo de Normalización Lingüística de Ames http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1290 O Concello de Ames, a través do programa de formación da Fundación Empresa-Universidade Galega (FEUGA), convoca unha bolsa de prácticas no seu Servizo de Normalización Lingüística, dirixida a titulados/as universitarios/as sen experiencia laboral e menores de 31 anos.]]> Convocatoria dunha praza de TNL no Concello de Oroso http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1289 O Concello de Oroso publicou no BOP de hoxe as bases que rexerán a convocatoria dunha praza temporal de técnico/a de normalización lingüística. A selección farase mediante oposición e o prazo para presentar solicitudes será de 10 días hábiles desde a publicación da convocatoria no BOP.]]> I Premio Luís Porteiro Garea á promoción e uso do galego na USC http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1288 A Universidade de Santiago de Compostela crea un premio para recoñecer publicamente a persoas ou colectivos que contribuíron á normalización do uso do galego na universidade. O premio lembra a figura do profesor da cátedra de dereito civil e membro das Irmandades da Fala Luís Porteiro Garea, quen o día 16 de setembro de 1915 pronunciou no Paraninfo da Universidade a primeira lección en galego de que se ten constancia.]]> Bases para a contratación dun TNL no Concello de Cambre http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1287 O Concello de Cambre publicou no seu web as bases que rexerán a convocatoria dunha praza de técnico/a de normalización lingüística. A selección farase mediante concurso-oposición e o prazo para presentar solicitudes será de 7 días hábiles desde a publicación do anuncio nun xornal con ampla difusión na provincia.]]> XIII Curso de verán de dinamización lingüística: traballando en lingua na música http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1286 O Curso de verán sobre dinamización lingüística #traballandoenlingua da UdC centrará este ano o seu programa na música. Terá lugar os días 19 e 20 de xullo no Fórum Carballo. Prazo de inscrición ampliado até o 16 de xullo.]]> Bases para a contratación dun TNL no Concello de Sada http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1285 O Concello de Sada publicou no seu web as bases que rexerán a convocatoria dunha praza de técnico/a de normalización lingüística en réxime de contratación laboral temporal. A selección farase mediante oposición e o prazo para presentar solicitudes será de 10 días naturais desde a publicación das bases no BOP da Coruña.]]> Bases para a contratación dun TNL no Concello de Arzúa http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1284 O Concello de Arzúa publicou no BOP as bases que rexerán a convocatoria dunha praza de técnico/a de normalización lingüística, a xornada parcial. A selección farase mediante oposición e o prazo para presentar solicitudes será de 10 días hábiles desde a publicación do anuncio da convocatoria no DOG.]]> Ordenanza de uso da lingua galega na Deputación da Coruña http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1283 O pasado 26 de maio o Pleno da Deputación Provincial da Coruña aprobou por unanimidade a Ordenanza de uso da lingua galega na Deputación da Coruña. O texto completo pode consultarse no BOP de hoxe.]]> Tes ideas para promover a lingua?, estás a pensar nunha campaña?, preséntate ao XIV Premio Luísa Villalta a Iniciativas Normalizadoras http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1282 Os SNL das tres universidades galegas, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, convocan a décimo cuarta edición do Premio Luísa Villalta a Iniciativas Normalizadoras, para premiar ideas e campañas para a promoción do galego. Prazo: até as 14.00 h do 27 de outubro de 2017]]> Participa no noso concurso en Twitter e axúdanos a #quesevexaogalego! http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1281 Para contribuír a visibilizar e, ao mesmo tempo, reivindicar o uso do galego en todos os ámbitos, convocamos este concurso a través de Twitter. Este ano con tres premios! Mira aquí as bases... ]]> A Xunta convoca as subvencións para a promoción da lingua galega dirixidas a entidades locais http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1280 A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca subvencións para a promoción do uso da lingua galega nas entidades locais (agás deputacións). O prazo para solicitalas está aberto até o 2 de xuño.]]> XIX Encontros para a Normalización Lingüística. Dereitos lingüísticos, unha garantía pendente? http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1279 En menos dun mes, á volta da Semana Santa, chega a nosa cita anual cos Encontros para a Normalización Lingüística, organizados polo Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia (CDSG) do Consello da Cultura Galega (CCG) coa colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL). Serán en Santiago de Compostela, no Pazo de Raxoi, o xoves 20 e o venres 21 de abril.]]> Entre todas e todos melloramos os proxectos da CTNL! Participas? http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1278 Tes unha chea de propostas e ideas para mellorar o traballo da CTNL: opinións sobre como enfocar un proxecto, suxestións de temas ou persoas para participar nunha xornada, experiencia para organizar actividades, propostas para mellorar unha campaña, tempo para botar unha man, ideas orixinais...]]> Chega o XIII Premio a artigos xornalísticos normalizadores do Concello de Carballo http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1277 O Concello de Carballo, desde o seu Servizo de Normalización Lingüística (SNL) e en colaboración con nove medios de comunicación escrita, convoca a décimo terceira edición do seu Premio a artigos xornalísticos normalizadores, este ano cunha maior dotación económica. O prazo de admisión de artigos está aberto até o 17 de abril.]]> Axudas da Deputación de Pontevedra para a dinamización lingüística dirixidas a entidades locais http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1276 A Deputación Provincial de Pontevedra anuncia a liña de axudas de 2017 para a dinamización lingüística dirixidas a entidades locais de até 50.000 habitantes. As bases publicáronse no BOP de hoxe e o prazo para presentar solicitudes finaliza o 31 de marzo de 2017. ]]> VIII Premio Rosalía de Castro de Lingua da Deputación da Coruña http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1275 A Deputación da Coruña acaba de publicar no BOP a convocatoria da oitava edición do premio “Rosalía de Castro” de Lingua. O obxectivo xeral deste galardón é recoñecer a promoción e dignificación desinteresada do noso patrimonio lingüístico. O prazo para presentar candidaturas finaliza o 30 de xuño.]]> Bolsa de emprego de TNL no Concello de Narón http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1274 O Concello de Narón publicou no BOP da Coruña de hoxe a inclusión na bolsa de traballo de 2017 dunha praza de técnico/a de normalización lingüística. O prazo para presentación de solicitudes é de 20 días naturais.]]> 11 de febreiro, asemblea xeral e xantar http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1273 O sábado 11 de febreiro a CTNL desenvolverá a súa Asemblea Xeral anual. Terá lugar a partir das 11:30 da mañá no espazo cultural A Nave de Vidán. Posteriormente celebrarase un xantar de confraternidade lingüística no mesmo espazo, ao que poden acudir socios/as e non socios/as.]]> Bases da convocatoria de subvencións da Deputación da Coruña para servizos de normalización lingüística http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1272 A Deputación Provincial da Coruña anunciou hoxe as bases reguladoras da convocatoria de subvencións para a creación, mantemento e reforzo de SNL, dirixida a concellos, agrupacións de concellos, mancomunidades e outras entidades locais. Prazo de presentación de solicitudes: até o 31 de xaneiro.]]> Aprobada a Ordenanza para o impulso da lingua galega no concello de Betanzos http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1271 O Concello de Betanzos acaba de aprobar a súa Ordenanza para o impulso da lingua galega. Tras o período de información pública do texto, aprobouse definitivamente e publicouse no BOP da Coruña de hoxe. ]]> Convocatoria dunha praza de TNL no Concello de Abegondo http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1270 O Concello de Abegondo anunciou a convocatoria dunha praza de técnico/a de normalización lingüística. A selección de aspirantes farase mediante un concurso de méritos e unha entrevista (opcional). O prazo para presentar solicitudes é de 8 días naturais desde o seguinte ao da publicación do anuncio no BOP da Coruña. ]]> Convocatoria dunha praza de TNL para o Concello de Rianxo http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1269 O Concello de Rianxo anuncia a convocatoria dunha praza de técnico/a de normalización lingüística. A selección farase mediante un concurso-oposición e o prazo para presentar solicitudes é do 12 até o 16 de decembro de 2016. ]]> Chega Youtubeir@s, o novo proxecto colaborativo dos SNL http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1268 Youtubeir@s ten como principal obxectivo incrementar a presenza da nosa lingua na rede Youtube. É unha iniciativa dirixida a maiores de 14 anos e está organizada polos servizos de normalización lingüística de once concellos e das tres universidades galegas. Inclúe un concurso de vídeos e formación específica de videocreación.]]> Volve LGx15. Ideas para o futuro da lingua! http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1267 O vindeiro 24 de novembro haberá unha nova edición de LGx15. Ideas para o futuro da lingua. Desta vez contaremos con oito presentacións que nos transmitirán de maneira visual, entretida e divertida ideas, argumentos e consellos para influír nas actitudes e na conciencia lingüística. Haberá ademais humor e música, é dicir, consistirá nun evento festivo e divertido para reflexionarmos sobre o futuro da lingua. Será ás 18 h e de novo na Sala Capitol de Compostela.]]> A CTNL solicita a mellora das axudas para a normalización lingüística da Deputación de Pontevedra http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1266 A CTNL dirixiuse á Delegación de Cultura e Lingua da Deputación de Pontevedra para solicitarlle melloras en próximas convocatorias de axudas para a normalización lingüística desde a entidade provincial. Desde a CTNL propoñemos modificacións co fin de promover o traballo técnico en normalización lingüística a través de SNL estables, dotados de persoal e orzamento suficiente, pois só desta maneira se poden planificar, xestionar, executar e avaliar accións e programas de normalización lingüística con visión de futuro e de maneira estrutural.]]> Simposio ILG 2016: Antroponimia e lexicografía http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1265 Do 24 ao 26 de outubro terá lugar en Santiago de Compostela o Simposio ILG 2016: Antroponimia e lexicografía. Está organizado polo Instituto da Lingua Galega en colaboración co Consello da Cultura Galega.]]> Nova edición do Obradoiro de pensamento creativo http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1264 A CTNL organiza unha nova edición do Obradoiro de pensamento creativo baseado no método CPS (Creative Problem Solving). Impartirao Natalia Nogueira en Santiago de Compostela o 9 e o 10 de novembro de 2016.]]> Xornada sobre responsabilidade social corporativa en galego http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1263 O Consello da Cultura Galega organiza a xornada “Responsabilidade social corporativa en galego” o 18 de outubro de 2016 en Santiago de Compostela, co fin de analizar a responsabilidade social corporativa como instrumento para incorporar valores culturais e lingüísticos á xestión empresarial.]]> Ordenanza para o impulso da lingua galega no Concello de Ponteceso http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1262 O Concello de Ponteceso acaba de aprobar a Ordenanza para o impulso da lingua galega no Concello de Ponteceso. Tras a fase de información pública, publicouse definitivamente no BOP da Coruña do 14 de setembro de 2016.]]> Aprobada a Ordenanza de uso da lingua galega na Deputación de Lugo http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1261 No BOP de Lugo de onte, 14 de setembro, publicouse a Ordenanza de uso da lingua galega na Deputación de Lugo. ]]> Xornada de Onomástica Galega no Museo de Pontevedra http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1260 A Real Academia Galega e a Deputación de Pontevedra organizan o vindeiro 17 de setembro unha xornada para promover a recollida de microtoponimia. Terá lugar en sesións de mañá e tarde no Sexto Edificio do Museo de Pontevedra e non é necesaria inscrición.]]> Desta vez si..., subimos ao Pindo! http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1259 Intentámolo hai tres anos e a néboa non nos deixou. Agora probamos de novo e esperamos ter mellor sorte. O 24 de setembro cargaremos baterías despois do verán subindo ao Olimpo Celta! ]]> Propostas da CTNL para as eleccións galegas do 25 de setembro http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1258 A CTNL enviou ás principais organizacións políticas que se presentan ás eleccións ao Parlamento de Galicia do 25 de setembro de 2016 diversas propostas en materia de política lingüística. Nelas recóllense aspectos como o labor transversal en normalización lingüística, a necesidade do traballo técnico dos SNL, a formación de adultos, etc.]]> Formación dunha bolsa de traballo para TNL no Concello de Cedeira http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1257 O Concello de Cedeira publicou no BOP da Coruña de hoxe as bases específicas para a formación dunha bolsa de traballo para realizar contratacións laborais temporais ou nomeamentos interinos como técnico/a de normalización lingüística. Prazo de presentación de solicitudes: 20 días naturais. ]]> Convocatoria dunha praza de TNL no Concello de Nigrán http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1256 O Concello de Nigrán convoca unha praza de técnico/a de normalización lingüística ao abeiro das axudas para a dinamización lingüística da Deputación de Pontevedra. O contrato será de 12 meses e terá un horario semanal de 16,5 horas. Prazo para presentar solicitudes: 7 días hábiles desde a publicación do anuncio no Faro de Vigo.]]> Para irmos #traballandoenlingua no ámbito socioeconómico http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1255 Publicamos as conclusións do XII Curso de verán sobre dinamización lingüística "Traballando en Lingua", centrado este ano no sector socioeconómico. O curso, organizado pola Universidade da Coruña coa colaboración da SXPL, o Concello de Carballo e a CTNL, tivo lugar en Carballo o 6 e 7 de xullo.]]> Hitzargiak. Observando as luces doutras linguas http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1254 [Nel Vidal cóntanos a súa experiencia no encontro Hitzargiak (falamos desta iniciativa aquí e aquí), que tivo lugar en Hernani o 23 e o 24 de xuño. Foi convidado a este foro para presentar o proxecto Apego, unha das boas prácticas galegas seleccionadas polo Comité Científico de Hitzargiak.]]]> A CTNL solicita a mellora na planificación e xestión dos cursos preparatorios para as probas Celga http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1253 A sexta parte de cursos que en 2010, convocatoria sen datas de probas anunciadas, falta de planificación e sen cooperación cos SNL, prazo de inscrición en datas inadecuadas, grupos demasiado numerosos e desiguais... Por estes motivos, desde a CTNL solicitámoslle á SXPL a mellora na planificación e xestión da formación en lingua galega e a inmediata convocatoria das probas Celga.]]> Encontro Hitzargiak: 23 e 24 de xuño en Hernani http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1252 Tras a compilación de boas prácticas no traballo de recuperación e promoción das linguas, chega a cita do encontro directo, da conversa, do intercambio persoal. Será en Hernani o 23 e o 24 de xuño. Neste encontro presentaranse as propostas galegas do Portal das Palabras, A memoria da lingua, Semente, Modelo Burela e o proxecto Apego.]]> A CTNL pediulle ao Concello de Muros a modificación das funcións na súa convocatoria de TNL http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1251 A CTNL dirixiuse ao Concello de Muros para solicitarlle que modifique a relación de funcións na convocatoria dunha praza de técnico/a de normalización lingüística. Tamén lle solicitou que se especifique o grupo laboral da praza.]]> Aprobada a Ordenanza para o impulso social da lingua galega no municipio de Teo http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1250 O Concello de Teo acaba de aprobar a Ordenanza para o impulso social da lingua galega no municipio de Teo. Tras a fase de información pública, publicouse definitivamente no BOP da Coruña do 7 de xuño de 2016. ]]> Traballando en lingua no ámbito socioeconómico http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1249 O Curso de verán sobre dinamización lingüística #traballandoenlingua da UdC centrará este ano o seu programa na situación da lingua no ámbito socioeconómico. Terá lugar os días 6 e 7 de xullo no Fórum Carballo. Prazo de inscrición aberto até o 30 de xuño.]]> Convocatoria dunha praza de TNL no Concello de Muros http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1248 O Concello de Muros anuncia a convocatoria dunha praza de técnico/a de normalización lingüística. O contrato será en réxime de interinidade . Prazo para presentar solicitudes: até o 17 de xuño de 2016. ]]> Convocamos un obradoiro de pensamento creativo http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1247 A CTNL organiza un Obradoiro de pensamento creativo baseado no método CPS (Creative Problem Solving). Impartirao Natalia Nogueira e será en Santiago de Compostela os días 30 de xuño e 1 de xullo de 2016.]]> A CTNL solicita ao Concello da Estrada a continuación do proceso selectivo para a praza de TNL http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1246 Tras máis de sete meses co proceso selectivo paralizado, a CTNL dirixiu un escrito ao Concello da Estrada para solicitar que se retome e se resolva o máis axiña posible o proceso selectivo para cubrir unha praza de técnico/a de normalización da lingua (TNL).]]> Convocatoria dunha praza de TNL no Concello de Redondela http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1245 No BOE do 16 de maio de 2016 publicouse o anuncio da convocatoria dunha praza de técnico/a de normalización lingüística no Concello de Redondela como persoal laboral fixo. Prazo para presentar solicitudes: 20 días naturais desde o día seguinte á publicación no BOE. ]]> A CTNL solicita ao Concello de Redondela que modifique as bases específicas para a convocatoria dunha praza de TNL http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1244 Ante a publicación no BOP de Pontevedra das bases específicas para a convocatoria dunha praza de técnico/a de normalización da lingua do subgrupo A2, para a que se pide grao ou diplomatura e Celga 4, a CTNL dirixiu un escrito ao concello redondelán para solicitar a corrección destas bases.]]> Volve ao Twitter o concurso para Que se vexa! O galego http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1243 Para contribuír a visibilizar e, ao mesmo tempo, reivindicar o uso do galego en todos os ámbitos, convocamos este concurso a través de Twitter. Mira aquí as bases... ]]> XIII Premio Luísa Villalta a Iniciativas Normalizadoras: as túas ideas teñen premio http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1242 Os SNL das tres universidades galegas, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, convocan a décimo terceira edición do Premio "Luísa Villalta” a Iniciativas Normalizadoras, para premiar ideas e campañas para a promoción do galego. Prazo: até as 14:00 do 28 de outubro de 2016]]> Para festexarmos as Letras Galegas, propomos de novo Que se vexa! o galego http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1241 Desde a CTNL volvemos propor que se utilice a celebración das Letras Galegas para dar máis visibilidade á nosa lingua en todas as situacións sociais. Con este fin retomamos o mesmo lema e logo do ano pasado, porque continuamos a pedir Que se vexa! O galego. A proposta enviarase a concellos, institucións, centros de ensino, entidades, etc.]]> Convocatoria de axudas ás entidades locais para a promoción do uso da lingua galega http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1240 A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca subvencións para a promoción do uso da lingua galega nas entidades locais (agás deputacións). O prazo de solicitude está aberto até o 19 de maio.]]> Medra o Apego á lingua: o proxecto Apego amplíase a 23 concellos e a unha poboación de máis do millón de habitantes http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1239 Tras facer un ano, o proxecto Apego medra ata acadar os 23 concellos. O 9 de abril terá lugar o acto de adhesión dos novos membros, no Centro Ágora, ás 12:00. O Concello da Coruña agasallará as persoas asistentes cun concerto de “Arrolos de salitre”, con Xabier Díaz e Guillerme Fernández. ]]> Que ben traballamos en grupo! Grazas ás túas achegas os proxectos melloran. Anímaste a participar? http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1238 Tes unha chea de propostas e ideas para mellorar o traballo da CTNL: opinións sobre como enfocar un proxecto, suxestións de temas ou persoas para participar nunha xornada, experiencia para organizar actividades, propostas para mellorar unha campaña, tempo para botar unha man, ideas orixinais...]]> Hitzargiak. Linguas que se iluminan mutuamente http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1237 Hitzargiak é un proxecto enmarcado na Capitalidade Europea da Cultura de Donostia 2016 e ten como obxectivo compilar accións europeas de revitalización lingüística para favorecer o intercambio de información entre as comunidades lingüísticas. Inclúe accións como o Modelo Burela, Gústame o galego ou Apego.]]> XVIII Encontros para a Normalización Lingüística. Nas bocas do futuro: mocidade e lingua http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1236 Chega unha nova edición dos Encontros para a Normalización Lingüística, organizados polo Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia (CDSG) do Consello da Cultura Galega (CCG). Serán os vindeiros 14 e 15 de abril en Santiago de Compostela.]]> VII Premio Rosalía de Castro de Lingua da Deputación da Coruña http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1235 A Deputación da Coruña volve convocar o premio “Rosalía de Castro” de Lingua, que neste ano 2016 chega á súa sétima edición. O obxectivo xeral deste galardón é recoñecer a promoción e dignificación desinteresada do noso patrimonio lingüístico.]]> Premio ao mellor proxecto de webserie en galego no Carballo Interplay http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1234 O Festival de Contidos Dixitais Carballo Interplay convoca nesta III edición un premio ao mellor proxecto de webserie en galego, co obxectivo de incentivar a produción audiovisual na nosa lingua.]]> XII Xornada Científica Realiter: Terminoloxía e Normalización, en Santiago de Compostela o 9 e o 10 de xuño de 2016 http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1233 A Rede Panlatina de Terminoloxía vai desenvolver a XII edición da súa Xornada Científica en Santiago de Compostela os días 9 e 10 de xuño de 2016, dedicada a “Terminoloxía e Normalización”.]]> XII Premio a artigos xornalísticos normalizadores do Concello de Carballo http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1232 O Concello de Carballo, desde o seu Servizo de Normalización Lingüística (SNL) e en colaboración con diversos medios de comunicación escrita, convoca a décimo segunda edición do seu Premio a artigos xornalísticos normalizadores. O prazo de admisión de artigos está aberto até o 14 de abril.]]> Concesión provisional de subvencións para creación, mantemento e reforzo de SNL na provincia da Coruña http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1231 O BOP da Coruña publicou o 7 de marzo de 2016 a resolución pola que se conceden provisionalmente subvencións a concellos e outras entidades locais da provincia para a creación, mantemento e reforzo dos servizos de normalización lingüística durante o ano 2016.]]> Axudas para a creación de servizos de normalización lingüística nos concellos de Pontevedra e para a dinamización lingüística por parte de entidades http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1230 A Deputación de Pontevedra publica dúas liñas de axudas para a dinamización do galego na provincia: para a creación de servizos de normalización en concellos e para accións de dinamización lingüística por parte de entidades sociais. O prazo de solicitude remata o 15 de abril e o 23 de marzo, respectivamente]]> Anxos Sobriño, nova presidenta da CTNL http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1229 Na Asemblea Xeral que tivo lugar o sábado 20 de febreiro foi elixida, por unanimidade, a nova directiva da CTNL, que encabeza Anxos Sobriño, con Rosa Moreiras como secretaria e Queca Carballo como tesoureira.]]> Asemblea, vermú e xantar de 20 aniversario da CTNL http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1228 Vinte anos non é pouco. Vinte anos non é nada. Nestes días celebramos os 20 anos da CTNL... Si, 20 anos! E, claro, queremos celebrar contigo este tempo de traballo en lingua e queremos facelo de dúas maneiras... Cunha festa sesión vermú e cun xantar!]]> Vinte anos da CTNL http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1227 Da primeira asemblea da Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL), que tivo lugar o 10 de febreiro de 1996, cúmprense hoxe vinte anos... Vinte anos de ideas, proxectos, cursos, propostas, encontros, denuncias, ilusións, xuntanzas, campañas... Vinte anos impulsando o traballo en lingua. [Vídeo conmemorativo no interior]]]> A CTNL reclama estabilidade e condicións salariais axeitadas para a normalización lingüística en Vimianzo e Zas http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1226 Ante o despedimento en decembro e a posterior convocatoria, en condicións precarias, dunha nova praza en xaneiro de técnico/a de normalización lingüística para Vimianzo e Zas, a Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) solicita que se lle dea estabilidade ao Servizo de Normalización Lingüística deses dous concellos, e que se faga nas condicións laborais axeitadas]]> A CTNL denuncia o atraso das probas Celga e a centralización do lugar de realización dos exames http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1225 Ante a recente convocatoria das probas do Celga en lingua galega a CTNL solicita, unha vez máis, as melloras necesarias en todo o proceso da convocatoria ]]> LGx15: Charlas, música e humor para o futuro da lingua. O mércores 25 de novembro na Sala Capitol de Compostela http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1224 Seis persoas terán un máximo de 15 minutos para, de maneira visual, tratar diversos temas relacionados co futuro da lingua. Serán Xurxo Mariño, Lara Tigre, Luís Iglesia, Xosé Lois Vilar, Carmen Grimaldi e Manuel N. Singala. E, intercaladamente, tamén haberá música e humor da man de Lucía Aldao e María Lado, Xenderal e Alba María. As entradas anticipadas xa están á venda por 6 euros]]> Convocatoria de subvencións da Deputación da Coruña para servizos de normalización lingüística http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1223 A Deputación da Coruña convoca axudas económicas para a creación, mantemento e reforzamento de servizos de normalización lingüística (SNL) nos concellos da provincia de 7.000 ou máis habitantes ou agrupacións que cheguen a esa cifra. O prazo de solicitude está aberto até o 18 de decembro]]> Encontro de política lingüística municipal. 16 de novembro en Compostela http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1222 Actualizar o entusiasmo e activar colaborativamente a implicación dos concellos no fomento do galego son os principais obxectivos do Encontro de política lingüística municipal que terá lugar o luns 16 de novembro no Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela]]> Obradoiro de aproveitamento das redes sociais para a normalización lingüística http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1221 Desde a CTNL convocamos dúas edicións dun obradoiro para aproveitarmos máis e mellor as redes sociais para a normalización lingüística. Terán lugar en Pontevedra (o martes 20 de outubro) e en Santiago de Compostela (o xoves 22 de outubro), e o prazo de inscrición está aberto até o día 8 deste mes]]> XVII Encontros para a normalización lingüística. 15 e 16 de outubro en Compostela http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1220 Un ano máis, o Centro de Documentación Sociolingüística do Consello da Cultura Galega organiza os Encontros para a normalización lingüística, que chegan á súa XVII edición e que terán lugar os días 15 e 16 de outubro en Santiago de Compostela]]> URXENTE. Convocatoria para a contratación de técnico/a de normalización lingüística na Estrada http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1219 O Concello da Estrada convocou un proceso selectivo para a contratación temporal, até a reincorporación do titular da praza, dun técnico ou técnica de normalización lingüística. O prazo que fixaron é tan só de 5 días, e remata o 23 de setembro]]> Ante a reducida, tardía, dificultosa e descoordinada convocatoria de cursos Celga, solicitamos a mellora na súa planificación e xestión http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1218 A sexta parte de cursos que en 2010, convocatoria moi tardía e sen datas de probas anunciadas, falta de planificación e coordinación, prazo de inscrición demasiado limitado e en pleno agosto, grupos demasiado numerosos e desiguais, desconsideración dos servizos de normalización lingüística... Por estes motivos, desde a CTNL solicitámoslle á SXPL a mellora na planificación e xestión da formación en lingua galega e a inmediata convocatoria das probas Celga.]]> Dúas bolsas e tres contratos en lectorados de galego de universidades http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1217 A Xunta de Galicia convoca tres contratos para os lectorados de galego das universidades do País Vasco, Oxford e Birmingham, e mais dúas bolsas para os da Universidade Federal da Bahía e da Universidade da Sorbona Nova-París III. O prazo de solicitude remata o 27 de xullo]]> A Universidade de Vigo aproba o seu Regulamento do uso da lingua galega http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1216 O Consello de Goberno do 2 de marzo de 2015 da Universidade de Vigo aprobou un regulamento que fixa os usos lingüísticos tanto no ámbito interno coma externo, en usos orais e escritos e nos rexistros, publicidade, publicacións, docencia, investigación, contratacións e convenios, etc.]]> Convocadas oito bolsas de formación en proxectos do Centro Ramón Piñeiro http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1215 O Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades convocou oito bolsas de formación en diversos proxectos. O prazo de presentación de solicitudes remata o 13 de agosto.]]> Para a implicación das deputacións no fomento do galego http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1214 Debido a que nas vindeiras semanas se constituirán os plenos e gobernos das deputacións, desde a CTNL remitímoslles nos últimos días a todas as organizacións políticas unha proposta para a implicación dos entes provinciais no fomento do galego. Coñece aquí en que consiste...]]> Mocidade e lingua... Non todo é fume! Curso de verán de dinamización lingüística #traballandoenlingua 2015 http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1213 O Curso de verán sobre dinamización lingüística #traballandoenlingua centrará neste 2015 o seu programa nas mudanzas e afianzamentos lingüísticos na mocidade. Ten lugar os días 8, 9 e 10 de xullo no Fórum Carballo e o prazo de inscrición, con prazas limitadas, xa está aberto]]> A terminoloxía, unha necesidade da sociedade actual. Congreso internacional de terminoloxía en Compostela http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1212 O II Congreso Internacional da Rede de Lexicografía (RELEX) terá lugar os vindeiros 5, 6 e 7 de outubro de 2015 en Santiago de Compostela, e está dedicado este ano á terminoloxía, campo de estudo fundamental para todas as linguas que queiran responder desde a súa identidade ás necesidades denominativas especializadas da sociedade actual]]> Tes unha idea para fomentar o galego? Pois pode ter premio! http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1211 Tes unha boa idea para o fomento do galego? Anímaste a deseñar unha campaña de normalización? Pois se es membro da universidade, a túa proposta pode ter premio! O Luísa Villalta a iniciativas normalizadoras chega á XII edición e outorga 1.200 euros á mellor campaña de normalización e 800 euros á mellor idea para a promoción do galego]]> III Congresso Internacional de Lingüística Histórica, en xullo en Compostela http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1210 O Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela, en colaboración coa Universidade Federal da Bahia e a Universidade de São Paulo, organiza o III Congresso Internacional de Lingüística Histórica que ten lugar do 27 ao 30 de xullo en Santiago de Compostela]]> Concurso para Que se vexa! o galego http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1209 Para contribuír a visibilizar e, ao mesmo tempo, reivindicar o uso do galego en todos os ámbitos, convocamos este concurso a través de Twitter. Mira aquí as bases...]]> Convocatoria de subvencións para servizos de normalización lingüística (SNL) nos concellos de Lugo http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1208 A Deputación de Lugo convoca unha nova liña de subvencións para que os concellos desa provincia poidan crear servizos de normalización lingüística. A cada concello concederáselle unha cantidade de entre 10.000 € e 20.000 € para a posta en marcha ou mantemento do SNL ata xuño de 2016. O prazo de solicitude remata o 5 de xuño]]> Convocatoria de axudas ás entidades locais para a promoción do uso da lingua galega http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1207 Praza de técnico/a de normalización lingüística no Concello de Vimianzo http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1206 O Concello de Vimianzo anuncia o proceso público de concurso-oposición para a contratación dun/ha técnico/a de normalización lingüística, a xornada completa e até final de ano. O prazo de presentación de solicitudes remata o 14 de maio]]> Nace o proxecto Apego, para facilitar a socialización en galego desde a primeira infancia http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1205 Apego é un proxecto de dinamización lingüística desde o nacemento desenvolvido cooperativamente por doce concellos, a través dos seus SNL, co obxectivo de implicar as familias na valoración positiva da lingua para, así, incrementar a porcentaxe de nenos/as que adquiren o galego como lingua inicial e promover que o usen de maneira habitual.]]> Proposta da CTNL para os programas das eleccións municipais 2015 http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1204 Desde a CTNL enviámoslles ás diversas organizacións políticas con implantación no país e mais ás candidaturas das sete cidades esta proposta, coa finalidade de que a teñan en conta para incorporar nos seus programas electorais, e que, polo tanto, se poida despois levar a cabo ou defender desde os concellos ]]> Para celebrar mellor as Letras Galegas, desde a CTNL propomos... Que se vexa! o galego http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1203 «Queremos unha lingua viva, útil, moderna, atractiva, visible. Queremos un idioma para tod@s. E queremos que se vexa! E a celebración das Letras Galegas debe servir para contribuír a visibilizar a lingua en todos os ámbitos e a dar unha imaxe máis moderna e atractiva do noso idioma.» Así comeza a proposta que a Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) lle envía a todos os concellos, institucións, centros de ensino, entidades, etc.]]> Xornadas de Lingua e Literatura. 18 de abril en Compostela http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1202 A CIG-Ensino e a AS-PG organizan en Santiago de Compostela as XXIV Xornadas de Lingua e Literatura, que teñen lugar o sábado 18 de abril no IES As Fontiñas]]> Linguas do estado alén do estado... Xornada de ensino popular en Santiago o 24 e 25 de abril http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1201 Para analizar o ensino popular en relación coa lingua, a Gentalha do Pichel organiza unhas xornadas que terán lugar en Santiago de Compostela os días 24 e 25 de abril]]> Para o uso, prestixio, coñecemento e difusión da lingua, a dobraxe audiovisual é imprescindible http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1200 Para podermos gozar de películas na nosa lingua, para ter oferta de lecer en galego, para contribuír á difusión do noso maior patrimonio, para acceder a realidades alleas a través da nosa visión propia e da nosa principal ferramenta de comunicación, para facilitar o coñecemento da lingua, para facer que os principais referentes audiovisuais de todas as idades tamén falen galego..., queremos dobraxe, necesitamos dobraxe]]> Premio á publicidade comercial en galego en Santiago http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1199 O Departamento de Lingua Galega do Concello de Santiago organiza o III Concurso de proxectos de publicidade comercial en galego, co obxectivo de fomentar o uso da nosa lingua na comunicación comercial. O prazo de inscrición remata o 30 de maio e o/a gañador/a recibirá un premio de 5.000 euros para desenvolver a campaña publicitaria proposta]]> Doce concellos procurarán mellorar a socialización en galego na infancia co proxecto Apego http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1198 Ante a preocupante situación da adquisición, socialización e uso do galego nas idades máis temperás, doce concellos queren mudar as cousas e toman a iniciativa a través do proxecto Apego. Son A Baña, Carballo, Carnota, Ferrol, Narón, Negreira, Ourense, Pontevedra, Redondela, Rois, Santiago de Compostela e Vigo]]> As túas achegas son necesarias para os proxectos que cómpre levarmos adiante. Participas? http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1197 Ti tes unha chea de propostas e ideas que desde a CTNL temos que aproveitar. Opinión de como enfocar un proxecto, suxestións de temas ou persoas para participar nunha xornada, experiencia en como organizar algo, propostas para mellorar unha campaña, tempo para botar unha man, ideas para facermos cousas...]]> Convocado o VI Premio Rosalía de Castro de lingua e cultura http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1196 A Deputación da Coruña convoca o VI Premio Rosalía de Castro de lingua e cultura 2015 para recoñecer aquelas iniciativas, persoas ou entidades que traballan a prol da promoción social e dignificación da lingua e cultura galegas. Pódense presentar propostas ata o 30 de abril]]> Carballo convoca o Premio a artigos xornalísticos sobre lingua, que chega á súa décimo primeira edición http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1195 O obxectivo deste Premio é incentivar a reflexión sobre a situación do galego. Outórgase un premio de 1.000 euros e a difusión do artigo gañador nos nove medios colaboradores. O prazo de admisión de artigos inéditos está aberto até o 15 de abril de 2015 ]]> A Mesa propón á sociedade seis medidas urxentes para a lingua galega http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1194 Ante os retrocesos na política de normalización lingüística e os últimos datos que amosan o descenso do uso do galego, A Mesa pola Normalización Lingüística propón seis medidas urxentes para recuperarmos a nosa lingua e reverter o proceso que a exclúe e que provoca a redución de utentes de galego]]> Liñas de acción da CTNL para 2015 http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1193 Visibilización e defensa do traballo en normalización lingüística, varios cursos, unha xornada de transmisión de ideas para a lingua ou a continuidade de proxectos como Gústame o galego, Como cho digo ;-) ou Agasallo.eu, entre as liñas de acción da CTNL para este 2015]]> Unha chea de propostas coa nosa poeta e icona nacional como protagonista http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1192 Un libro en galego e unha flor. Iso, ou calquera outra cousa relacionada coa nosa poeta nacional, é o que, tal e como promove a Asociación de Escritores/as en Lingua Galega (AELG), tamén animan a agasallar desde a Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) o 24 de febreiro, Día de Rosalía, a través da plataforma Agasallo.eu, de propostas de regalos en galego. ]]> Sábado 28 de febreiro, asemblea xeral da CTNL e xantar http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1191 O sábado 28 de febreiro a CTNL desenvolverá a súa Asemblea Xeral anual. Terá lugar pola mañá en Santiago de Compostela, e posteriormente celebrarase un xantar de confraternidade lingüística no mesmo espazo, A Nave de Vidán]]> Este 14 de febreiro, fain@ gozar coa lingua http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1190 Hai mil maneiras de expresarlle amor ou paixón a alguén, a unha parella, estable ou pasaxeira, presente ou arelada. Pode ser día a día ou de xeito puntual... E sempre está ben facelo cunha sorpresiña, non? Pois o 14 de febreiro pode ser, por que non, unha data estupenda para facelo, para facer gozar coa lingua.]]> Polas fillas dos nosos fillos. Manifestación en defensa da lingua http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1189 Este domingo 8 de febreiro, Santiago de Compostela acolle unha manifestación en defensa e posta en valor da lingua, convocada pola plataforma cidadá Queremos Galego. Partirá ás 12.00 h desde a Alameda da capital galega, e percorrerá parte da cidade para chegar á praza da Quintana, onde intervirán diferentes persoas e onde haberá tamén varias actuacións]]> E Gústame o galego chega a... Barcelona! http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1188 Aló onde hai xente á que lle gusta o galego é a onde procura chegar o fotocol da lingua, o posadoiro de Gústame o galego. E, neste caso, por vez primeira, estará fóra do país, mais onde tamén se estima moito o noso idioma. Este xoves, día 6, en Catalunya!]]> Convocamos un novo obradoiro de vídeos para a lingua! http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1187 Cres que unha imaxe vale máis ca mil palabras? Pois nós non!, mais cremos que a imaxe tamén é moi importante, e a comunicación audiovisual, para a normalización lingüística, fundamental. Por iso, convocamos unha nova edición do obradoiro de creación de vídeos básicos, que terá lugar en novembro combinando sesión presenciais e sesións en liña]]> Simposio ILG 2014: A lingua galega no solpor da Idade Media http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1186 O Instituto da Lingua Galega (ILG) da Universidade de Santiago de Compostela organiza unha nova edición do seu simposio anual, que terá lugar entre o 13 e o 22 de novembro en Santiago. O prazo de inscrición está aberto até o 12 de novembro]]> As XI Xornadas Lingua e Usos analizan o papel da universidade na normalización lingüística http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1185 A undécima edición das Xornadas de Lingua e Usos teñen lugar na Coruña do 26 ao 28 de novembro de 2014 e centran o seu programa en analizar a política lingüística da Universidade da Coruña e o papel das universidades no proceso de normalización da lingua galega]]> Un “kit” coas ferramentas básicas para a normalización lingüística xuntas e ordenadas http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1184 Información básica para ter en conta antes de intervir, un decálogo de boas prácticas, información para traballar en rede ou materiais e información para a formación continua. Estas son algunhas das cousas que contén o actualizado “Kit para a normalización lingüística” que nos ofrece o Consello da Cultura Galega]]> Xornada sobre a publicidade en galego. O 23 de outubro en Compostela http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1183 O Consello da Cultura Galega e a Fundación Galicia Empresa organizan unha xornada para analizar o estado de "A publicidade en galego". Terá lugar en Santiago de Compostela o xoves 23 de outubro]]> Denuncian que non teñen en conta os/as técnicos/as para avaliar o cumprimento da Carta Europea das Linguas http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1182 A CTNL denuncia que o Comité de Expertos sobre linguas minoritarias non ten en conta o coñecemento, a visión nin a opinión dos/as técnicos/as que traballan no día a día no proceso de normalización lingüística nos diversos ámbitos e zonas do país]]> Xornada sobre experiencias e recursos para a normalización lingüística no ensino. 24 e 25 de outubro en Santiago http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1181 Nova Escola Galega (NEG) e a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (CGENDL) organizan as VII Xornadas de materiais e recursos educativos, que se centran este ano nas experiencias e recursos para a normalización lingüística. Teñen lugar en Santiago de Compostela os días 24 e 25 de outubro]]> Dez anos do unánime e incumprido Plan xeral de normalización da lingua galega http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1180 Anunciouse en 2002 e despois dun proceso de redacción e discusión, votouse en sede parlamentaria o 22 de setembro de 2004 o Plan xeral de normalización da lingua galega, que foi aprobado por unanimidade. Cumpre agora 10 anos, mais os seus obxectivos están por cumprir e gran parte das súas medidas por poñer en marcha]]> Convocada unha nova edición do Curso de deseño e implementación de plans e accións de dinamización lingüística http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1179 Convocamos a 2.ª edición deste curso de deseño e implementación de plans e accións de dinamización lingüística, que terá lugar todos os venres de outubro en Santiago de Compostela. O prazo de inscrición está aberto do 11 ao 22 de setembro]]> Proposta para que as deputacións se impliquen no proceso de normalización lingüística http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1178 A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización Lingüística (CTNL) envioulles ás deputacións provinciais unha proposta para que cumpran coa súa obriga legal e coa responsabilidade social no proceso de normalización da lingua galega. Propóñenlles que asuman a súa función de cooperar cos concellos para que estes poidan contar con servizos de normalización lingüística co obxectivo de incrementar o uso e prestixio da lingua galega en todos os ámbitos sociais dos municipios e comarcas.]]> A nosa lingua, o noso país, estrea dominio na rede, o .gal! http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1177 A nosa lingua, a nosa cultura..., o noso país está de noraboa. Xa podemos navegar con personalidade propia. A nosa achega á rede xa está identificada. Estreamos dominio propio en internet. Estreamos o .gal!]]> Convocatoria de contrato temporal a tempo parcial para o proxecto de cambio lingüístico do ILG http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1176 O Instituto da Lingua Galega (ILG) da Universidade de Santiago convoca un contrato temporal a tempo parcial para transcricións e anotacións de gravacións no proxecto de cambio lingüístico no galego actual. A duración é de cinco meses e medio e o prazo de solicitude ata o 22 de xullo]]> XVI Encontros para a normalización lingüística. 24 e 25 de setembro http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1175 O 24 e 25 de setembro de 2014 o Consello da Cultura Galega, en Santiago de Compostela, acolle unha nova edición, a XVI, dos Encontros para a normalización lingüistica. O prazo de inscrición está aberto até o 14 de setembro]]> Texto informativo de titores e titoras de cursos de linguaxes específicas http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1174 Publicamos aquí un texto informativo redactado por un grupo de titoras e titores de cursos en liña de linguaxes específicas organizados pola Secretaría Xeral de Política Lingüística]]> Entidades sociais e concello de Narón queren que o galego se visibilice nos medios http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1173 Despois da aprobación por unanimidade no pleno do Concello de Narón da declaración da campaña Como cho digo ;-), a través da que se pide que os medios de comunicación visibilicen o uso da nosa lingua, ten lugar este mércores 25 de xuño un acto público no que participarán diversos colectivos e persoas da localidade para se sumaren tamén a dicir que queren máis galego na prensa]]> Queres que mellore a formación en galego da poboación adulta? Pois dedícalle un minutiño... http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1172 Desde a Xunta de Galicia empeñáronse en poñer dificultades para a mellora do uso e prestixio da lingua galega, e semella que o queren seguir a facer, agora cun novo paso atrás na formación lingüística da poboación adulta. Queres contribuír a que rectifiquen? Pois dedica #unminutopologalego...]]> A CTNL denuncia a utilización de bolsas de formación para cubrir postos de traballo nos Lectorados de galego http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1168 Ante a recente convocatoria de Lectorados de galego feita pola Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL) da Xunta de Galicia, a Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) denuncia «a utilización perversa de bolsas de formación para evitar contratar as/os traballadoras/es» e solicita que «se regule a situación de todos os Lectorados a través de contratos xustos e en igualdade de condicións»]]> Posto de técnico/a en tradución e interpretación na bolsa de emprego da Deputación de Pontevedra http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1167 A Deputación de Pontevedra selecciona persoal para contratacións temporais, e entre os postos ofertados está o de técnico/a en Tradución e Interpretación. O prazo remata o 2 de xuño]]> Para a transmisión interxeracional do galego: X Curso de verán de dinamización lingüística #traballandoenlingua. Carballo, 9-11 de xullo http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1166 Cos obxectivos principais de coñecer e analizar condicionantes que rompen ou dificultan a transmisión interxeracional da lingua, de avaliar experiencias e de propor medidas de intervención que melloren a transmisión do galego, Carballo acolle un ano máis o Curso de verán de dinamización lingüística organizado pola UdC en colaboración coa CTNL. Ten lugar do 9 ao 11 de xullo e o prazo de matrícula xa está aberto]]> Seis bolsas e catro contratos en lectorados de galego en universidades europeas http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1165 A Xunta de Galicia convoca catro contratos para os lectorados de galego das universidades de Estremadura, Deusto, Cork e Miño, e mais seis bolsas para os de Barcelona, Complutense de Madrid, Granada, Algarve, Padua e Roma. O prazo de solicitude remata o 22 de xuño]]> Convocatoria de axudas ás entidades locais para a promoción do uso da lingua galega http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1164 A Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca axudas ás entidades locais para a promoción do uso da lingua galega, que este ano teñen un orzamento de 300.000 €, o máis baixo da historia. O prazo de solicitude está aberto ata o 14 de maio]]> Convocadas nove bolsas de formación en proxectos do Centro Ramón Piñeiro http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1163 O Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades convocou nove bolsas de formación en diversos proxectos. O prazo de presentación de solicitudes remata o 25 de maio.]]> Santiago convoca o II Concurso de proxectos de publicidade comercial en galego http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1162 O Concello de Santiago de Compostela convoca o II Concurso de proxectos de publicidade comercial en galego co fin de promover o uso do galego na comunicación do sector socioeconómico compostelán. O prazo remata o 15 de xuño]]> A CTNL ante a xestión da SXPL da Xunta cara ao desmantelamento do proceso de normalización lingüística http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1161 Despois do comezo co desmantelamento lexislativo, chegou o desmantelamento económico, técnico e humano. Unha xestión da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta que só pode ser entendida co obxectivo de desarticular o proceso de normalización da lingua galega. Desde a CTNL cremos que isto non pode seguir así e que, ou se dá un inesperado, inmediato e radical cambio a esta situación, ou o secretario xeral de Política Lingüística encargado de executar ese desmantelamento ten que asumir responsabilidades políticas e presentar a súa dimisión]]> Ponse en marcha Como cho digo ;-), para a visibilización do uso do galego na comunicación http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1160 Hai moitas máis persoas e entidades que usan normalmente o galego, do que os medios reflicten. Por iso se pon en marcha esta campaña, Como cho digo ;-), para visibilizar o uso do galego na comunicación. Para que se vexa a lingua galega nos medios]]> Martes 25, presentación da campaña Como cho digo ;-) http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1159 Nun acto público no espazo cultural da Nave de Vidán, en Santiago de Compostela, este martes 25 de marzo, ás 20.00 h, terá lugar a presentación de Como cho digo ;-), campaña de visibilización do uso do galego. No acto intervirán diversas persoas participantes na campaña]]> Exames para a obtención dos Celga en 2014 http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1158 A Secretaría Xeral de Política Lingüística fai pública a convocatoria de probas para a obtención dos Certificados de lingua galega (Celga) en 2014. Hai unha única convocatoria e o prazo de matrícula está aberto até o 11 de abril]]> Igualando a lingua. Concurso de relatos do Concello de Cee para reflexionar sobre a normalización http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1157 As reflexións que axuden a comprender o significado da normalización da lingua galega teñen premio en Cee. O seu SNL convoca o concurso "Igualando a lingua", dirixido a maiores de 18 anos. O prazo de presentación remata o 31 de marzo]]> Probas de competencias clave de lingua galega niveis 2 e 3 http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1156 A Xunta de Galicia convoca novas probas de avaliación en competencias clave de nivel 2 e 3, entre as que se atopan as de comunicación en lingua galega. As probas terán lugar o 24 de maio de 2014, e o prazo de solicitude está aberto ata o 10 de abril]]> A Xunta intenta prescindir do profesorado especializado na formación de galego para a acreditación Celga e ofrécelles os cursos a docentes de Lingua e Literatura de Secundaria http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1155 A Secretaría Xeral de Política Lingüística está intentando prescindir do profesorado específico dos cursos de galego para persoas adultas, que denunciou a súa precaria situación laboral, e quere botar man de profesorado funcionario de Lingua e Literatura Galegas de Secundaria, sen garantir a capacitación axeitada para a formación lingüística da poboación en xeral, e pagándolle como horas extras ]]> Convocado o V Premio Rosalía de Castro de normalización lingüística http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1154 A Deputación da Coruña convoca o V Premio Rosalía de Castro de lingua e cultura 2014 para recoñecer aquelas iniciativas, persoas ou entidades que traballan a prol da promoción social e dignificación do idioma galego. Pódense presentar propostas ata o 30 de abril]]> Liñas de acción da CTNL para 2014-2015 e renovación da xunta directiva http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1153 Este sábado 8 de marzo tivo lugar en Santiago de Compostela a Asemblea Xeral da CTNL, en que se aprobaron por unanimidade as liñas de acción do colectivo para o próximo exercicio e se elixiu xunta directiva para os dous vindeiros anos]]> O ILG convoca tres postos de traballo en varios proxectos lingüísticos http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1152 A USC anuncia a contratación de persoal para colaborar en actividades e proxectos de investigación mediante contrato de obra ou servizo determinado no Instituto da Lingua Galega (ILG). O prazo de presentación de solicitudes remata o 17 de marzo]]> Tribo: ferramenta normalizadora de loita cotiá http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1151 Fartas de ver como os nosos nenos e nenas son as únicas do parque que falan en galego, nunha sorte de marxinación que fai que se extinga o idioma, e cansos de que nos espazos públicos a nosa voz non se escoite, non conte, un grupo de pais e nais de Compostela decidiu organizarse para mudar as cousas...]]> Bolsas de colaboración coa Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1150 A Universidade de Vigo convoca catro bolsas para a Área de Normalización Lingüística (ANL) destinadas á formación do estudantado, que participará nas actividades de dinamización, formación e planificación lingüística que se desenvolven na ANL. ]]> Sábado 8 de marzo, asemblea xeral da CTNL e xantar http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1149 O sábado 8 de marzo a CTNL desenvolverá a súa Asemblea Xeral anual. Terá lugar pola mañá en Santiago de Compostela, e posteriormente celebrarase un xantar de confraternidade lingüística no mesmo espazo, A Nave de Vidán]]> Convocado o Premio a artigos xornalísticos normalizadores de Carballo, que chega á súa décima edición http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1148 Outorga un premio de 1.000 € e a difusión do artigo gañador nos nove medios de comunicación colaboradores. O obxectivo é incentivar a reflexión sobre a situación do galego e crear espazos nos medios para fomentar o uso e prestixio da lingua galega. O prazo está aberto até o 11 de abril de 2014 ]]> Os/as técnicos/as de normalización lingüística dos concellos piden a anulación da actual convocatoria de cursos Celga e unha mellor planificación por parte da Xunta http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1147 Ante a comunicación da Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL) da Xunta de Galicia relativa aos cursos de lingua galega preparatorios para as probas Celga 2014, técnicas e técnicos de normalización lingüística da administración local e a Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) piden que se anule esa convocatoria «pois o que consegue é dificultar cada vez máis que unha persoa que queira aprender galego poida facelo». Propoñen un novo método que lles facilite ás persoas interesadas a asistencia a cursos para a súa formación lingüística]]> Información sobre os cursos Celga en 2014 http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1146 A Xunta de Galicia enviou nos últimos días unha comunicación informal aos concellos, a cal tamén foi publicada no web da Secretaría Xeral de Política Lingüística, en relación aos cursos preparatorios para as probas Celga en 2014. Damos aquí algunha información sobre esa comunicación]]> Xornadas para repensar o currículo educativo de lingua e literatura galegas http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1145 A Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela acolle as xornadas Repensando o curriculo educativo en Lingua e Literatura Galegas nun contexto social en mudanza, que terán lugar os días 21 e 22 de febreiro]]> A Xunta convoca o concurso de mensaxes de amor en galego Lingua de namorar http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1144 Co obxectivo de dinamizar o uso do galego nas relacións persoas da mocidade, a Xunta convoca unha nova edición de Lingua de namorar, concurso de mensaxes de amor para moz@s de até 35 anos. O prazo de presentación está aberto até o 23 de febreiro]]> Inspección de Traballo recoñece a relación laboral do profesorado Celga coa Xunta e insta a esta a unha contratación axeitada http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1143 A asemblea de profesorado de formación en galego de persoas adultas que organiza a SXPL leva tempo denunciando os problemas de planificación e xestión dos cursos, e tamén a precaria e irregular situación laboral. Agora acaban de dar a coñecer o informe da Inspección de Traballo (que publicamos aquí) en que lles dá a razón e que propón unha forte sanción económica á Xunta]]> Convocatoria de contrato de investigación xeolingüística no ILG http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1142 O Instituto da Lingua Galega (ILG) anuncia a convocatoria para a contratación de investigador/a para a edición e elaboración dos materiais galegos do Atlas Lingüístico da Península Ibérica (ALPI)]]> Convocatoria de axudas para o fomento do galego nos centros de ensino públicos http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1141 A Consellería de Cultura e Educación convoca axudas para proxectos de fomento do uso do galego nos centros públicos durante o curso 2013-2014. O prazo de presentación de proxectos remata o 13 de febreiro]]> En vigor unha nova Ordenanza para o impulso social da lingua galega no concello de Carballo http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1140 Coa finalidade de impulsar socialmente o uso e prestixio do galego en todos os ámbitos no municipio de Carballo, o seu Pleno aprobou, sen votos en contra e sen recibir alegacións, unha nova Ordenanza para o impulso social da lingua galega, que xa entrou en vigor]]> Agasallo.eu, unha plataforma na rede en que xa podes buscar regalos en galego de todo tipo http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1139 Un disco, un xogo, unha camisola, un libro, unha cea, unha entrada a un concerto, un licor ou viño, unha subscrición, un dvd, unha fin de semana de turismo rural... En galego tes unha chea de opcións para elixir regalos, e a plataforma Agasallo.eu ten o obxectivo de propolas, difundilas e facer que a xente as coñeza e as teña sempre en conta]]> Praza de técnico/a de normalización lingüística na Deputación da Coruña http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1138 A Deputación da Coruña convoca unha praza de técnico/a de normalización lingüística (A1), por consolidación de emprego. O prazo de presentación será de 20 días a partir da publicación no Boletín Oficial do Estado (BOE)]]> De xoves a domingo, a CTNL en Pontevedra, no Culturgal http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1137 Este ano a CTNL xa imos para Pontevedra a véspera de comezar o Culturgal, e facémolo para recoller o Premio Xoán Manuel Pintos, concedido pola campaña Gústame o galego. E, de venres a domingo, estaremos no Pazo da Cultura, en Culturgal, onde o sábado pola mañá presentaremos a plataforma Agasallo.eu e pola tarde celebraremos o 1.º aniversario de Gústame o galego]]> Electrodomésticos San Luís é recoñecida co premio Abertos ao Galego http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1136 Abertos ao Galego, o proxecto da Mesa para a dinamización da lingua no ámbito empresarial, entregoulle o seu II Premio á cadea San Luís. O fundador da empresa retoma o negocio despois de que Darty, a multinacional que a mercara, decidise pechar as tendas. Xa no seu día fora un referente no uso do galego, e o lema do seu regreso é "Estamos de volta"]]> Convocatoria de subvencións para SNL da provincia da Coruña http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1135 A Deputación da Coruña convoca subvencións a entidades locais para a creación ou mantemento de seus servizos de normalización lingüística durante o ano 2014. O prazo de solicitude remata o 10 de decembro de 2013]]> Xustiza e Lingua, reflexións para a normalización. O 28 de novembro en Compostela http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1134 O Servizo de Asesoramento Lingüístico do Colexio de Avogados de Santiago, en colaboración coa SXPL, organiza a sétima edición da xornada Xustiza e Lingua, reflexións para a normalización, que ten lugar o 28 de novembro]]> Lingua e identidade na fronteira galego-portuguesa. Simposio e xornadas do ILG http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1133 Do 28 de novembro ao 3 de decembro o Instituto da Lingua Galega, en colaboración co Consello da Cultura Galega, organizan en Compostela o Simposio Lingua e identidade na fronteira galego-portuguesa, que inclúe unhas xornadas para o profesorado]]> A CTNL é recoñecida co premio Xoán Manuel Pintos pola campaña Gústame o galego http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1132 O Concello de Pontevedra e a Rede de Entidades Amigas da Lingua concédenlle o premio Xoán Manuel Pintos 2013 á campaña Gústame o galego, da Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL), así como á editorial Kalandraka]]> Nova edición do Premio Manuel Beiras para recoñecer o uso do galego nas empresas da capital galega http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1131 O Concello de Santiago e mais a Cámara de Comercio convocan a XIV edición do Premio Manuel Beiras, unha iniciativa que recoñece o uso do galego no ámbito empresarial compostelán. O prazo para presentar propostas está aberto até o 29 de novembro]]> O desmantelamento do galego por parte da Xunta non cesa nos orzamentos http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1130 O goberno de Feijóo dedicaralle á lingua en 2014 menos dun terzo do que lle dedicaba o goberno de Fraga hai 20 anos, en 1993, tamén en época de recesión. Se a Xunta non modifica e incrementa notablemente estes orzamentos, non pode dicir que non ten nada en contra da lingua ]]> Organizamos un Obradoiro de creación de vídeos http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1129 Desde a CTNL convocamos un Obradoiro de creación de vídeos básicos para a normalización lingüística. Terá lugar durante o mes de novembro, con dúas sesións presenciais (12 e 21 de novembro, en Santiago de Compostela) e varias en liña. O prazo de inscrición vai do 23 ao 29 de outubro]]> Convocatoria de bolsa de formación en publicacións no Parlamento http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1128 O Parlamento de Galicia anuncia a convocatoria dunha bolsa dun ano de duración no seu Servizo de Publicacións. O prazo de solicitude está aberto até o 3 de novembro ]]> XIV Xornadas de expresión oral Tíralle da lingua. O sábado 16 de novembro en Santiago http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1127 O 16 de novembro o IES As Fontiñas de Santiago acolle as XIV Xornadas de expresión oral Tíralle da lingua, da AS-PG, e nas que interveñen Francisco Castro, Quico Cadaval, Pilar Ponte, Fran Godón e Pablo Carracedo]]> X Xornadas de lingua e usos da UdC: Lingua e teatro http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1126 O SNL da UdC organiza as X Xornadas de lingua e usos, que este ano centran o seu programa na lingua e o teatro. Terán lugar na Facultade de Filoloxía da Coruña do 27 ao 29 de novembro]]> VI Xornadas de recursos educativos en galego: A educación social http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1125 A Facultade de Ciencias da Educación da USC acolle os días 8 e 9 de novembro as VI Xornadas de recursos educativos en galego, centradas este ano na educación social]]> Gústame o galego, a campaña que non para de sumar apoios para a normalización lingüística http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1124 Xa son máis de 5.000 as persoas que participaron sacando e difundindo unha foto cun lema en apoio ao proceso de normalización da lingua galega, máis de 10.000 as persoas seguidoras en Facebook, máis de 50 as sesións de photocall, e un alcance na rede que, nalgunhas semanas, rolda as 70.000 persoas]]> O Campus de Lugo da USC acolle o Foro Proxéctate en Galego http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1123 As comisións de normalización lingüística do Campus de Lugo da USC organizan o Foro 2013 Proxéctate en Galego, un espazo de reflexión e debate sobre a normalización do idioma galego destinado á comunidade universitaria que terá lugar do 18 ao 20 de outubro]]> Contratación temporal de técnico/a de normalización en Vigo http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1122 O Concello de Vigo anuncia a contratación laboral temporal, por acumulación de tarefas, de técnico/a de normalización lingüística, por un período de dous meses e medio. O prazo de solicitude remata o 8 de outubro.]]> Xornadas Educación e Linguas: 30 anos da Lei de normalización lingüística http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1121 A Universidade de Santiago de Compostela organiza as V Xornadas Educación e Linguas. 30 anos da Lei de normalización lingüística de Galicia. Desenvolveranse os días 25 e 26 de outubro de 2013 na Facultade de CC. da Educación, co obxectivo principal de analizar a implementación da Lei de normalización lingüistica]]> Vigo crea o Centro Municipal de Interpretación da Oralidade en galego http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1120 O Concello de Vigo creou o Centro de Interpretación da Oralidade, para recuperar, poñer en valor e transmitir o patrimonio inmaterial das tradicións orais galegas. A actividade do centro arrancará o 2 de outubro]]> II edición do Premio Empresarial Abertos ao Galego http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1119 A Mesa pola Normalización Lingüística convoca por segundo ano o Premio Abertos ao Galego, un galardón co que se recoñece unha empresa que destaque polo uso normal do idioma do país. O prazo para a presentación de candidaturas remata o día 31 de outubro de 2013]]> Co galego até a fin do mundo! http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1118 Co lema Co galego até a fin do mundo!, a plataforma cidadá Queremos Galego organiza unha marcha a prol da lingua que ten lugar este sábado 21 de setembro en Fisterra. Parte ás 11 da mañá na Cruz de Baixar e remata no Faro de Fisterra, cun percorrido de 4 km]]> O Parlamento Europeo pide un maior compromiso dos gobernos coas linguas minorizadas http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1117 O Parlamento Europeo aprobou o 11 de setembro de 2013 unha Resolución sobre as linguas europeas ameazadas, a través da que lles pide aos estados maior atención e que se comprometan coa preservación da diversidade lingüística implementando políticas de revitalización dos idiomas ameazados]]> Contratación temporal de técnico/a de normalización lingüística no Concello da Estrada http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1116 Outra vez, o Concello da Estrada anuncia a contratación temporal só por dous meses, até o mes de setembro, dun técnico ou técnica de normalización lingüística. O prazo de presentación de solicitudes remata o 1 de agosto]]> Na procura de maior participación e implicación no proceso social de normalización lingüística http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1115 Como acadar a implicación cidadá en procesos sociais como o de normalización lingüística? Para iso está este Curso de verán sobre participación, implicación e traballo colaborativo que ten lugar en Carballo do mércores 17 ao venres 19 de xullo, e do que se fai seguimento nas redes sociais a través do hashtag #traballandoenlingua.]]> Praza de tradutor/a experto/a en galego no Concello de Lugo http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1114 O Concello de Lugo convoca, por consolidación de emprego, unha praza de tradutor/a experto/a en galego. O prazo de solicitude remata o 1 de xullo]]> A partir de comezos de 2014 poderemos usar o .gal http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1113 A ICANN, organismo que goberna a rede, aprobou o dominio para a lingua e cultura galegas, o .gal, que está previsto que se poida comezar a utilizar xa a comezos de 2014 en sitios web que usen o galego]]> Convocadas nove bolsas de formación no Centro Ramón Piñeiro http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1112 A Xunta convoca nove bolsas de formación en diversos proxectos do Centro Ramón Piñeiro de Investigación en Humanidades. O prazo de solicitude está aberto ata o 18 de xullo]]> Para curiosear, coñecer, aprender, xogar..., as palabras xa teñen portal http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1111 Poñémoslle nome a todo o que nos arrodea ou imaxinamos. Denominamos o que existe e o que non. As palabras evocan o mundo todo e fan que as nosas neuronas faísquen para que obxectos, seres e situacións pasen pola cabeza... E naceu O Portal das Palabras, iniciativa da RAG para a difusión do léxico galego]]> Convocados lectorados de galego en oito universidades http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1110 A Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta convoca prazas nos lectorados de galego de oito universidades: Autónoma de Barcelona, Estremadura, Salamanca, Cristiana Albertina de Kiel, Heidelberg, Leipzig, Gales e Varsovia. O prazo de solicitude remata o 13 de xullo]]> Contratación temporal de técnico/a de normalización para os concellos de Carballedo e Cea http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1109 O Concello de Carballedo anuncia a contratación por tres meses e a tempo parcial de técnico/a de normalización lingüística para Carballedo e Cea. O prazo de presentación de solicitudes é de cinco días naturais, contados a partir da publicación do anuncio no boletín oficial da provincia]]> Coñece e colabora nos proxectos do Viveiro de propostas normalizadoras 2013 http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1108 Despois da xuntanza do Viveiro de propostas normalizadoras que tivo lugar o 29 de maio, publicamos agora os nove proxectos presentados, para que todas as persoas interesadas en colaborar con algún deles poidan facelo, anotándose para iso ata o 14 de xuño]]> Para botar a lingua de fóra..., subimos ao Pindo! http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1107 Temos que seguir visibilizando a lingua! E, se cadra, tamén literalmente :-P. A xente que, dun ou doutro xeito, traballamos polo galego estamos acostumada aos esforzos, e de moitos tipos, e, como seguro que imos ter que seguir facéndoos, desde a CTNL propomos unha xornada de convivencia, saúde, natureza, paisaxe e, por que non, tamén cun chisco de esforzo conxunto. Así que, o sábado 22 de xuño, imos botar a lingua de fóra...: subimos ao olimpo Celta, ao Monte Pindo!]]> O Colexio de Avogados de Santiago, o Concello de Valga e Clodio González, premio Peña Novo polo fomento do galego http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1106 A Fundación Lois Peña Novo deu a coñecer os gañadores da XIX edición dos Premios Lois Peña Novo, pensados para animar o proceso de normalización lingüística nas administracións públicas de Galicia e mais nas empresas que manteñen relación directa coa Administración]]> Pola creatividade galega e a calidade lingüística http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1105 Comunicado da CTNL para que as administracións públicas desenvolvan as súas accións comunicativas desde o galego e con calidade lingüística, e para que a Xunta paralice as diferentes campañas nas que descoida a lingua e as reinicie desde o galego ]]> Curso de verán sobre toponimia: interpretación e actuación http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1104 O Instituto da Lingua Galega (ILG) organiza o Curso de verán Toponimia: interpretación e actuación, que terá lugar do 16 ao 19 de xullo en Santiago de Compostela]]> Curso de verán de dinamización lingüística: participación, implicación e traballo colaborativo. Carballo, 17-19 de xullo http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1103 Co obxectivo xeral de coñecermos e procurarmos formas de participación, implicación e traballo colaborativo para a dinamización lingüística, Carballo acolle un ano máis o Curso de verán de dinamización lingüística organizado pola UdC en colaboración coa CTNL. Ten lugar do 17 ao 19 de xullo e o prazo de matrícula xa está aberto]]> Se tes unha idea para fomentar o galego, podes ter premio! http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1101 Tes unha boa idea para o fomento do galego? Anímaste a deseñar unha campaña de normalización? Pois se es membro da universidade, a túa proposta pode ter premio! O Luísa Villalta a iniciativas normalizadoras chega á X edición e outorga 1.500 euros á mellor campaña de normalización e 1.000 euros á mellor idea para a promoción do galego]]> Mariña Pérez Rei gaña o IX Premio a artigos xornalísticos normalizadores Concello de Carballo http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1100 "O sotaque de Aurelia" é o artigo co que a escritora e profesora Mariña Pérez Rei gañou a IX edición do certame a artigos para fomentar o uso do galego do Concello de Carballo, dotado con 1.000 euros e mais a publicación nunha ducia de medios]]> Participa no Viveiro de propostas normalizadoras http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1097 A CTNL fai un novo chamamento para recoller ideas, maduralas e poñer a andar proxectos normalizadores de maneira colaborativa... A vindeira xuntanza do Viveiro de propostas normalizadores terá lugar o 29 de maio e podes anotarte ou enviar propostas ata o día 25]]> Do estigma á estima. Propostas para un novo discurso lingüístico http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1096 Este é o título do recentemente publicado libro de Valentina Formoso, no que, partindo dunha investigación cualitativa sobre o discurso arredor da lingua galega do alumnado de Secundaria, realiza propostas para mellorar o discurso para a normalización lingüística]]> A RAG ten nova dirección, con Alonso Montero de presidente http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1094 Xesús Alonso Montero foi escollido novo presidente da Real Academia Galega (RAG), nun plenario que tivo lugar o 20 de abril e que tamén escolleu nova executiva entre as dúas candidaturas presentadas]]> XXIII Xornadas de lingua e literatura. 27 de abril en Compostela http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1092 CIG-Ensino e AS-PG organizan un ano máis as Xornadas e lingua e literatura, que terán lugar o sábado 27 de abril no IES As Fontiñas de Santiago de Compostela]]> Vantaxe competitiva das empresas galegas por motivos lingüísticos http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1091 A Xunta e a Federación de Parques Empresariais desenvolven a campaña "Exportar en galego", para concienciar o empresariado das vantaxes competitivas que representa o galego nos países de fala portuguesa]]> Cursos de lingua e cultura galegas para persoas estranxeiras nas universidades galegas http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1089 As universidades de Santiago de Compostela e da Coruña convocan, un ano máis, cursos de verán de lingua e cultura galegas para persoas estranxeiras. Nas dúas universidades os cursos terán lugar durante o mes de xullo e o prazo de inscrición remata a comezos de maio]]> XV Encontros para a normalización lingüística. 18 e 19 de abril en Compostela http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1088 Os XV Encontros para a normalización lingüística terán lugar os días 18 e 19 de abril de 2013 no Consello da Cultura Galega, en Santiago de Compostela. O prazo de inscrición está aberto ata o 14 de abril]]> Accións previstas para desenvolver pola CTNL en 2013 http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1079 O 2 de marzo tivo lugar a asemblea xeral da CTNL, na que aprobamos por unanimidade as liñas da acción para 2013. Desenvolvemento de diversos obradoiros e encontros, afondar no traballo colaborativo con diversos espazos e proxectos, maior visibilización do traballo normalizador no país, etc., son algunhas das accións que se desenvolverán]]> A favor http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1069 En moitas ocasións, os movementos e as persoas que nos preocupamos e que traballamos a favor do galego transmitimos unha certa –e ás veces case inevitábel– actitude negativa, pesimista ou demasiado polemicista. E, claro, na práctica iso non ten un gran poder de atracción nin convicción... ]]> Normalizar dende un SNL http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1067 Ao me propoñer un artigo sobre o labor normalizador dende e nunha cidade, a través dun servizo de normalización lingüística (SNL), foi moito o que me veu a cabeza , ao cabo moito é o tempo neste servizo e abondas experiencias –positivas e negativas– que se van acumulando. Podería, mais axiña o rexeitei, falar sobre funcións, actividade, lexislación, orzamentos...]]> Un par de orfas http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1066 Mal podían imaxinar as mulleres e os homes do Seminario de Estudos Galegos, alá polos anos 20 e 30 do pasado século, que as súas dificultades para inaugurar unha cultura científica en galego ían verse empequenecidas, vistas na actualidade, pola presión dun dogma global de sentido común segundo o cal a lingua común neste terreo é o inglés.]]> Encher o depósito por 7 euros http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1061 Se cadra tamén estivemos a fomentar a lingua por riba das nosas posibilidades, mais xa a acaban de poñer no seu sitio. Menos da oitava parte de medio punto. A dezaseteava parte do 1%. A metade dunha décima. Ese é o peso da lingua nos Orzamentos da Comunidade Autónoma. Aí está o peso que o goberno galego cre que lle hai que dedicar ao noso maior ben colectivo, ao noso maior símbolo de identidade. O 0,06%.]]> A Xunta desmantela a lingua tamén nos orzamentos http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1059 O goberno de Feijóo dedicaralle á lingua en 2013 tan só un terzo do que lle dedicaba o goberno de Fraga hai 20 anos, en 1993, tamén en época de recesión. Estas contas provocan anulación de proxectos, redución de servizos, paralización de accións, destrución de emprego, redución da formación, etc.]]> E o galego gusta, e m8! http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1049 Gústame..., que me digan “qrt m8”; ...que non me traduzan o café con leite; ...que intentes falar galego, aínda que che custe un pouquiño; ...que me entren en galego; etc. Estas son algunhas das declaracións que máis de 700 persoas xa fixeron a través dunha foto dentro da acción “Gústame o galego”, que desde a CTNL comezamos no Culturgal, coa intención de darlle continuidade ao longo de todo o ano ]]> Pedimos a volta á transversalidade e ao consenso da política lingüística da Xunta coa conformación do novo goberno http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1047 Desde a CTNL pedimos que Política Lingüística pase a ser unha área transversal no organigrama do novo goberno e non estea encadrada nas consellarías de Educación nin de Cultura. Ademais, é o momento de volver ao consenso que supuxo o PXNLG, polo que pedimos que xa o nomeamento do novo goberno sirva para visualizar un cambio de actitude]]> A CTNL propón unha mellor planificación e xestión dos Celga e remítelle á Xunta unha proposta integral de mellora http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1028 Cinco anos despois da implantación do sistema de acreditación da competencia en lingua galega para persoas adultas, o sistema Celga, e logo dun amplo proceso de análise e reflexión, a Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) fai pública e remítelle á Xunta unha proposta integral coa finalidade de mellorar o sistema e de que se corrixan as numerosas eivas detectadas]]>