..:: Novas da CTNL (Lingua) ::.. http://www.ctnl.org/ Lingua http://blogs.law.harvard.edu/tech/rss Ordenanza para o impulso social da lingua galega no Concello das Neves http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1332 O Concello das Neves acaba de aprobar a súa Ordenanza para o impulso social da lingua galega. Tras a aprobación provisional o 7 de marzo e logo da fase de información pública, publicouse definitivamente no BOP de Pontevedra do 15 de xuño de 2018.]]> Ordenanza para o impulso social da lingua galega no Concello do Grove http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1331 O Concello do Grove acaba de aprobar a súa Ordenanza para o impulso social da lingua galega. Tras a aprobación provisional o 26 de marzo e logo da fase de información pública, publicouse definitivamente no BOP de Pontevedra do 13 de xuño de 2018.]]> Ordenanza para o impulso social da lingua galega no municipio de Tomiño http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1330 O Concello de Tomiño acaba de aprobar a súa Ordenanza para o impulso da lingua galega. Tras o período de información pública do texto, o Pleno tomiñés aprobouna definitivamente o 24 de maio de 2018 e publicouna no BOP de Pontevedra do 13 de xuño.]]> Informe sobre as competencias da Administración local en materia de normalización lingüística http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1329 Esta mañá presentouse na sede da Secretaría Xeral de Política Lingüística o documento titulado Informe sobre a prestación do servizo de normalización lingüística pola Administración local en exercicio de competencia propia. O informe, elaborado pola Dirección Xeral de Administración Local, determina que “tanto a Xunta de Galicia como as entidades locais de Galicia teñen atribuídas competencias en materia de normalización lingüística”.]]> Aprobada a Ordenanza municipal de normalización lingüística do Concello da Estrada http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1323 O Concello da Estrada acaba de aprobar a súa Ordenanza municipal de normalización lingüística. Tras o período de información pública do texto, aprobouse definitivamente e publicouse no BOP de Pontevedra de hoxe.]]> Vídeos didácticos da USC, novo recurso para a docencia e a divulgación http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1320 A natureza ondulatoria da luz, Que é unha constitución, Illando a diversidade, Os ósos están vivos... Estes son algúns dos títulos cos que bota a andar a Colección de Vídeos Didácticos da USC, unha iniciativa do Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela que pretende colectar unha serie de pezas audiovisuais útiles para a docencia e a divulgación ao tempo que crear novas oportunidades de comunicación para o profesorado e o alumnado universitario.]]> Enreguéifate medra en Ames, Carballo, Santiago de Compostela e Teo http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1311 O proxecto Enreguéifate, que o Concello de Santiago puxo en marcha o ano pasado para difundir a improvisación oral en verso e en galego, medra nesta súa segunda edición con novas actividades e novos municipios participantes. Os concellos de Ames, Carballo e Teo súmanse á organización do proxecto, que tamén estrea web: http://enregueifate.gal/]]> Mostra @ youtubeir@ que levas dentro! http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1308 Chega a segunda edición de Youtubeir@s, o concurso organizado por servizos de normalización lingüística da Administración local e das tres universidades galegas para promover e visibilizar o uso do galego en Youtube. Xa está aberto o período de inscrición de vídeos e canles até o 15 de marzo de 2018. ]]> O 9 de novembro: nova edición do LGx15! http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1304 O vindeiro 9 de novembro haberá unha nova edición do LGx15. Ideas para o futuro da lingua. Teremos outra vez oito presentacións que nos transmitirán de maneira visual, entretida e divertida ideas, argumentos e consellos para influír nas actitudes e na conciencia lingüística. Haberá ademais humor e música, é dicir, consistirá nun evento festivo e divertido para reflexionarmos sobre o futuro da lingua. Será ás 18 h na Sala Capitol de Compostela.]]> I Premio Luís Porteiro Garea á promoción e uso do galego na USC http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1288 A Universidade de Santiago de Compostela crea un premio para recoñecer publicamente a persoas ou colectivos que contribuíron á normalización do uso do galego na universidade. O premio lembra a figura do profesor da cátedra de dereito civil e membro das Irmandades da Fala Luís Porteiro Garea, quen o día 16 de setembro de 1915 pronunciou no Paraninfo da Universidade a primeira lección en galego de que se ten constancia.]]> Ordenanza de uso da lingua galega na Deputación da Coruña http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1283 O pasado 26 de maio o Pleno da Deputación Provincial da Coruña aprobou por unanimidade a Ordenanza de uso da lingua galega na Deputación da Coruña. O texto completo pode consultarse no BOP de hoxe.]]> Aprobada a Ordenanza para o impulso da lingua galega no concello de Betanzos http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1271 O Concello de Betanzos acaba de aprobar a súa Ordenanza para o impulso da lingua galega. Tras o período de información pública do texto, aprobouse definitivamente e publicouse no BOP da Coruña de hoxe. ]]> Chega Youtubeir@s, o novo proxecto colaborativo dos SNL http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1268 Youtubeir@s ten como principal obxectivo incrementar a presenza da nosa lingua na rede Youtube. É unha iniciativa dirixida a maiores de 14 anos e está organizada polos servizos de normalización lingüística de once concellos e das tres universidades galegas. Inclúe un concurso de vídeos e formación específica de videocreación.]]> Volve LGx15. Ideas para o futuro da lingua! http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1267 O vindeiro 24 de novembro haberá unha nova edición de LGx15. Ideas para o futuro da lingua. Desta vez contaremos con oito presentacións que nos transmitirán de maneira visual, entretida e divertida ideas, argumentos e consellos para influír nas actitudes e na conciencia lingüística. Haberá ademais humor e música, é dicir, consistirá nun evento festivo e divertido para reflexionarmos sobre o futuro da lingua. Será ás 18 h e de novo na Sala Capitol de Compostela.]]> Ordenanza para o impulso da lingua galega no Concello de Ponteceso http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1262 O Concello de Ponteceso acaba de aprobar a Ordenanza para o impulso da lingua galega no Concello de Ponteceso. Tras a fase de información pública, publicouse definitivamente no BOP da Coruña do 14 de setembro de 2016.]]> Aprobada a Ordenanza de uso da lingua galega na Deputación de Lugo http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1261 No BOP de Lugo de onte, 14 de setembro, publicouse a Ordenanza de uso da lingua galega na Deputación de Lugo. ]]> Para irmos #traballandoenlingua no ámbito socioeconómico http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1255 Publicamos as conclusións do XII Curso de verán sobre dinamización lingüística "Traballando en Lingua", centrado este ano no sector socioeconómico. O curso, organizado pola Universidade da Coruña coa colaboración da SXPL, o Concello de Carballo e a CTNL, tivo lugar en Carballo o 6 e 7 de xullo.]]> Encontro Hitzargiak: 23 e 24 de xuño en Hernani http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1252 Tras a compilación de boas prácticas no traballo de recuperación e promoción das linguas, chega a cita do encontro directo, da conversa, do intercambio persoal. Será en Hernani o 23 e o 24 de xuño. Neste encontro presentaranse as propostas galegas do Portal das Palabras, A memoria da lingua, Semente, Modelo Burela e o proxecto Apego.]]> Aprobada a Ordenanza para o impulso social da lingua galega no municipio de Teo http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1250 O Concello de Teo acaba de aprobar a Ordenanza para o impulso social da lingua galega no municipio de Teo. Tras a fase de información pública, publicouse definitivamente no BOP da Coruña do 7 de xuño de 2016. ]]> Medra o Apego á lingua: o proxecto Apego amplíase a 23 concellos e a unha poboación de máis do millón de habitantes http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1239 Tras facer un ano, o proxecto Apego medra ata acadar os 23 concellos. O 9 de abril terá lugar o acto de adhesión dos novos membros, no Centro Ágora, ás 12:00. O Concello da Coruña agasallará as persoas asistentes cun concerto de “Arrolos de salitre”, con Xabier Díaz e Guillerme Fernández. ]]> Hitzargiak. Linguas que se iluminan mutuamente http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1237 Hitzargiak é un proxecto enmarcado na Capitalidade Europea da Cultura de Donostia 2016 e ten como obxectivo compilar accións europeas de revitalización lingüística para favorecer o intercambio de información entre as comunidades lingüísticas. Inclúe accións como o Modelo Burela, Gústame o galego ou Apego.]]> LGx15: Charlas, música e humor para o futuro da lingua. O mércores 25 de novembro na Sala Capitol de Compostela http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1224 Seis persoas terán un máximo de 15 minutos para, de maneira visual, tratar diversos temas relacionados co futuro da lingua. Serán Xurxo Mariño, Lara Tigre, Luís Iglesia, Xosé Lois Vilar, Carmen Grimaldi e Manuel N. Singala. E, intercaladamente, tamén haberá música e humor da man de Lucía Aldao e María Lado, Xenderal e Alba María. As entradas anticipadas xa están á venda por 6 euros]]> Encontro de política lingüística municipal. 16 de novembro en Compostela http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1222 Actualizar o entusiasmo e activar colaborativamente a implicación dos concellos no fomento do galego son os principais obxectivos do Encontro de política lingüística municipal que terá lugar o luns 16 de novembro no Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela]]> A Universidade de Vigo aproba o seu Regulamento do uso da lingua galega http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1216 O Consello de Goberno do 2 de marzo de 2015 da Universidade de Vigo aprobou un regulamento que fixa os usos lingüísticos tanto no ámbito interno coma externo, en usos orais e escritos e nos rexistros, publicidade, publicacións, docencia, investigación, contratacións e convenios, etc.]]> Nace o proxecto Apego, para facilitar a socialización en galego desde a primeira infancia http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1205 Apego é un proxecto de dinamización lingüística desde o nacemento desenvolvido cooperativamente por doce concellos, a través dos seus SNL, co obxectivo de implicar as familias na valoración positiva da lingua para, así, incrementar a porcentaxe de nenos/as que adquiren o galego como lingua inicial e promover que o usen de maneira habitual.]]> Para o uso, prestixio, coñecemento e difusión da lingua, a dobraxe audiovisual é imprescindible http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1200 Para podermos gozar de películas na nosa lingua, para ter oferta de lecer en galego, para contribuír á difusión do noso maior patrimonio, para acceder a realidades alleas a través da nosa visión propia e da nosa principal ferramenta de comunicación, para facilitar o coñecemento da lingua, para facer que os principais referentes audiovisuais de todas as idades tamén falen galego..., queremos dobraxe, necesitamos dobraxe]]> Doce concellos procurarán mellorar a socialización en galego na infancia co proxecto Apego http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1198 Ante a preocupante situación da adquisición, socialización e uso do galego nas idades máis temperás, doce concellos queren mudar as cousas e toman a iniciativa a través do proxecto Apego. Son A Baña, Carballo, Carnota, Ferrol, Narón, Negreira, Ourense, Pontevedra, Redondela, Rois, Santiago de Compostela e Vigo]]> Convocado o VI Premio Rosalía de Castro de lingua e cultura http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1196 A Deputación da Coruña convoca o VI Premio Rosalía de Castro de lingua e cultura 2015 para recoñecer aquelas iniciativas, persoas ou entidades que traballan a prol da promoción social e dignificación da lingua e cultura galegas. Pódense presentar propostas ata o 30 de abril]]> A Mesa propón á sociedade seis medidas urxentes para a lingua galega http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1194 Ante os retrocesos na política de normalización lingüística e os últimos datos que amosan o descenso do uso do galego, A Mesa pola Normalización Lingüística propón seis medidas urxentes para recuperarmos a nosa lingua e reverter o proceso que a exclúe e que provoca a redución de utentes de galego]]> Este 14 de febreiro, fain@ gozar coa lingua http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1190 Hai mil maneiras de expresarlle amor ou paixón a alguén, a unha parella, estable ou pasaxeira, presente ou arelada. Pode ser día a día ou de xeito puntual... E sempre está ben facelo cunha sorpresiña, non? Pois o 14 de febreiro pode ser, por que non, unha data estupenda para facelo, para facer gozar coa lingua.]]> Polas fillas dos nosos fillos. Manifestación en defensa da lingua http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1189 Este domingo 8 de febreiro, Santiago de Compostela acolle unha manifestación en defensa e posta en valor da lingua, convocada pola plataforma cidadá Queremos Galego. Partirá ás 12.00 h desde a Alameda da capital galega, e percorrerá parte da cidade para chegar á praza da Quintana, onde intervirán diferentes persoas e onde haberá tamén varias actuacións]]> E Gústame o galego chega a... Barcelona! http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1188 Aló onde hai xente á que lle gusta o galego é a onde procura chegar o fotocol da lingua, o posadoiro de Gústame o galego. E, neste caso, por vez primeira, estará fóra do país, mais onde tamén se estima moito o noso idioma. Este xoves, día 6, en Catalunya!]]> Un “kit” coas ferramentas básicas para a normalización lingüística xuntas e ordenadas http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1184 Información básica para ter en conta antes de intervir, un decálogo de boas prácticas, información para traballar en rede ou materiais e información para a formación continua. Estas son algunhas das cousas que contén o actualizado “Kit para a normalización lingüística” que nos ofrece o Consello da Cultura Galega]]> Dez anos do unánime e incumprido Plan xeral de normalización da lingua galega http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1180 Anunciouse en 2002 e despois dun proceso de redacción e discusión, votouse en sede parlamentaria o 22 de setembro de 2004 o Plan xeral de normalización da lingua galega, que foi aprobado por unanimidade. Cumpre agora 10 anos, mais os seus obxectivos están por cumprir e gran parte das súas medidas por poñer en marcha]]> A nosa lingua, o noso país, estrea dominio na rede, o .gal! http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1177 A nosa lingua, a nosa cultura..., o noso país está de noraboa. Xa podemos navegar con personalidade propia. A nosa achega á rede xa está identificada. Estreamos dominio propio en internet. Estreamos o .gal!]]> Entidades sociais e concello de Narón queren que o galego se visibilice nos medios http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1173 Despois da aprobación por unanimidade no pleno do Concello de Narón da declaración da campaña Como cho digo ;-), a través da que se pide que os medios de comunicación visibilicen o uso da nosa lingua, ten lugar este mércores 25 de xuño un acto público no que participarán diversos colectivos e persoas da localidade para se sumaren tamén a dicir que queren máis galego na prensa]]> Queres que mellore a formación en galego da poboación adulta? Pois dedícalle un minutiño... http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1172 Desde a Xunta de Galicia empeñáronse en poñer dificultades para a mellora do uso e prestixio da lingua galega, e semella que o queren seguir a facer, agora cun novo paso atrás na formación lingüística da poboación adulta. Queres contribuír a que rectifiquen? Pois dedica #unminutopologalego...]]> Santiago convoca o II Concurso de proxectos de publicidade comercial en galego http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1162 O Concello de Santiago de Compostela convoca o II Concurso de proxectos de publicidade comercial en galego co fin de promover o uso do galego na comunicación do sector socioeconómico compostelán. O prazo remata o 15 de xuño]]> Ponse en marcha Como cho digo ;-), para a visibilización do uso do galego na comunicación http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1160 Hai moitas máis persoas e entidades que usan normalmente o galego, do que os medios reflicten. Por iso se pon en marcha esta campaña, Como cho digo ;-), para visibilizar o uso do galego na comunicación. Para que se vexa a lingua galega nos medios]]> A Xunta intenta prescindir do profesorado especializado na formación de galego para a acreditación Celga e ofrécelles os cursos a docentes de Lingua e Literatura de Secundaria http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1155 A Secretaría Xeral de Política Lingüística está intentando prescindir do profesorado específico dos cursos de galego para persoas adultas, que denunciou a súa precaria situación laboral, e quere botar man de profesorado funcionario de Lingua e Literatura Galegas de Secundaria, sen garantir a capacitación axeitada para a formación lingüística da poboación en xeral, e pagándolle como horas extras ]]> A Xunta convoca o concurso de mensaxes de amor en galego Lingua de namorar http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1144 Co obxectivo de dinamizar o uso do galego nas relacións persoas da mocidade, a Xunta convoca unha nova edición de Lingua de namorar, concurso de mensaxes de amor para moz@s de até 35 anos. O prazo de presentación está aberto até o 23 de febreiro]]> Inspección de Traballo recoñece a relación laboral do profesorado Celga coa Xunta e insta a esta a unha contratación axeitada http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1143 A asemblea de profesorado de formación en galego de persoas adultas que organiza a SXPL leva tempo denunciando os problemas de planificación e xestión dos cursos, e tamén a precaria e irregular situación laboral. Agora acaban de dar a coñecer o informe da Inspección de Traballo (que publicamos aquí) en que lles dá a razón e que propón unha forte sanción económica á Xunta]]> En vigor unha nova Ordenanza para o impulso social da lingua galega no concello de Carballo http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1140 Coa finalidade de impulsar socialmente o uso e prestixio do galego en todos os ámbitos no municipio de Carballo, o seu Pleno aprobou, sen votos en contra e sen recibir alegacións, unha nova Ordenanza para o impulso social da lingua galega, que xa entrou en vigor]]> Electrodomésticos San Luís é recoñecida co premio Abertos ao Galego http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1136 Abertos ao Galego, o proxecto da Mesa para a dinamización da lingua no ámbito empresarial, entregoulle o seu II Premio á cadea San Luís. O fundador da empresa retoma o negocio despois de que Darty, a multinacional que a mercara, decidise pechar as tendas. Xa no seu día fora un referente no uso do galego, e o lema do seu regreso é "Estamos de volta"]]> Nova edición do Premio Manuel Beiras para recoñecer o uso do galego nas empresas da capital galega http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1131 O Concello de Santiago e mais a Cámara de Comercio convocan a XIV edición do Premio Manuel Beiras, unha iniciativa que recoñece o uso do galego no ámbito empresarial compostelán. O prazo para presentar propostas está aberto até o 29 de novembro]]> O Campus de Lugo da USC acolle o Foro Proxéctate en Galego http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1123 As comisións de normalización lingüística do Campus de Lugo da USC organizan o Foro 2013 Proxéctate en Galego, un espazo de reflexión e debate sobre a normalización do idioma galego destinado á comunidade universitaria que terá lugar do 18 ao 20 de outubro]]> Vigo crea o Centro Municipal de Interpretación da Oralidade en galego http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1120 O Concello de Vigo creou o Centro de Interpretación da Oralidade, para recuperar, poñer en valor e transmitir o patrimonio inmaterial das tradicións orais galegas. A actividade do centro arrancará o 2 de outubro]]> Co galego até a fin do mundo! http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1118 Co lema Co galego até a fin do mundo!, a plataforma cidadá Queremos Galego organiza unha marcha a prol da lingua que ten lugar este sábado 21 de setembro en Fisterra. Parte ás 11 da mañá na Cruz de Baixar e remata no Faro de Fisterra, cun percorrido de 4 km]]> O Parlamento Europeo pide un maior compromiso dos gobernos coas linguas minorizadas http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1117 O Parlamento Europeo aprobou o 11 de setembro de 2013 unha Resolución sobre as linguas europeas ameazadas, a través da que lles pide aos estados maior atención e que se comprometan coa preservación da diversidade lingüística implementando políticas de revitalización dos idiomas ameazados]]> A partir de comezos de 2014 poderemos usar o .gal http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1113 A ICANN, organismo que goberna a rede, aprobou o dominio para a lingua e cultura galegas, o .gal, que está previsto que se poida comezar a utilizar xa a comezos de 2014 en sitios web que usen o galego]]> Para curiosear, coñecer, aprender, xogar..., as palabras xa teñen portal http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1111 Poñémoslle nome a todo o que nos arrodea ou imaxinamos. Denominamos o que existe e o que non. As palabras evocan o mundo todo e fan que as nosas neuronas faísquen para que obxectos, seres e situacións pasen pola cabeza... E naceu O Portal das Palabras, iniciativa da RAG para a difusión do léxico galego]]> O Colexio de Avogados de Santiago, o Concello de Valga e Clodio González, premio Peña Novo polo fomento do galego http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1106 A Fundación Lois Peña Novo deu a coñecer os gañadores da XIX edición dos Premios Lois Peña Novo, pensados para animar o proceso de normalización lingüística nas administracións públicas de Galicia e mais nas empresas que manteñen relación directa coa Administración]]> Mariña Pérez Rei gaña o IX Premio a artigos xornalísticos normalizadores Concello de Carballo http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1100 "O sotaque de Aurelia" é o artigo co que a escritora e profesora Mariña Pérez Rei gañou a IX edición do certame a artigos para fomentar o uso do galego do Concello de Carballo, dotado con 1.000 euros e mais a publicación nunha ducia de medios]]> A RAG ten nova dirección, con Alonso Montero de presidente http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1094 Xesús Alonso Montero foi escollido novo presidente da Real Academia Galega (RAG), nun plenario que tivo lugar o 20 de abril e que tamén escolleu nova executiva entre as dúas candidaturas presentadas]]> Vantaxe competitiva das empresas galegas por motivos lingüísticos http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1091 A Xunta e a Federación de Parques Empresariais desenvolven a campaña "Exportar en galego", para concienciar o empresariado das vantaxes competitivas que representa o galego nos países de fala portuguesa]]>