..:: Novas da CTNL (Formación) ::.. http://www.ctnl.org/ Formación http://blogs.law.harvard.edu/tech/rss Este verán... en Carballo estaremos traballando na calidade da lingua http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1328 Chega un novo curso de verán organizado pola Universidade da Coruña coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, do Concello de Carballo e da CTNL. Este ano non tratará sobre dinamización lingüística, senón que se dedicará á análise da calidade da lingua e a facer propostas e divulgar ferramentas de mellora. Será no Fórum Carballo o 18 e o 19 de xullo. A matrícula está aberta até o 15 de xullo.]]> XX Encontros para a Normalización Lingüística. Paso a paso, man con man. Deporte e lingua http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1319 Os Encontros para a Normalización Lingüística chegan á súa vixésima edición. É unha efeméride para festexar, mais tamén para abordar a relación da nosa lingua co deporte. Será o 12 e o 13 de abril na sede do Consello da Cultura Galega no Pazo de Raxoi.]]> III Xornadas de Lingua e Literatura Galegas no ensino http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1307 Os departamentos de Filoloxía Galega e de Didácticas Aplicadas da USC organizan as III Xornadas de Lingua e Literatura Galegas no ensino, que este ano levan por título Ensinar galego desde o multilingüismo e a variedade. Enfoques e experiencias. Serán os días 17 e 18 de novembro. A inscrición é gratuíta e está aberta até o 8 de novembro.]]> Simposio ILG 2017, sobre a escrita en galego na Idade Moderna http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1306 Do 20 ao 22 de novembro terá lugar en Santiago de Compostela o Simposio ILG 2017, co título Calen barbas, falen cartas. A escrita en galego na Idade Moderna. Está organizado polo Instituto da Lingua Galega en colaboración co Consello da Cultura Galega. Inscrición até o 20 de novembro ás 12.00 h.]]> Convocamos un obradoiro de deseño e maquetación de materiais básicos para a normalización lingüística http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1302 A CTNL organiza un Obradoiro de deseño e maquetación de materiais básicos para a normalización lingüística. Impartirao Ruth Caramés Blanco (Fabaloba, S. Coop. Galega) e combinará sesións presenciais en Santiago de Compostela os días 26 e 27 de outubro con traballo a distancia.]]> II Xornada de Onomástica Galega no Museo de Pontevedra http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1303 A Real Academia Galega, coa colaboración da Deputación de Pontevedra e o Museo de Pontevedra, organiza o vindeiro 30 de setembro a II Xornada de Onomástica Galega, que abordará os aspectos legais, sociais e lingüísticos dos nomes e dos apelidos. Terá lugar en sesións de mañá e tarde no Sexto Edificio do Museo de Pontevedra e non é necesaria inscrición.]]> Foro de debate sobre a Carta Europea para as Linguas Rexionais ou Minoritarias http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1292 O Consello da Cultura Galega organiza un foro de debate sobre a Carta Europea para as Linguas Rexionais ou Minoritarias con motivo dos 25 anos da súa aprobación. Desenvolverase os días 29 e 30 de xuño na sede do Consello da Cultura Galega (Pazo de Raxoi, 2º andar, praza do Obradoiro). ]]> XIII Curso de verán de dinamización lingüística: traballando en lingua na música http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1286 O Curso de verán sobre dinamización lingüística #traballandoenlingua da UdC centrará este ano o seu programa na música. Terá lugar os días 19 e 20 de xullo no Fórum Carballo. Prazo de inscrición ampliado até o 16 de xullo.]]> XIX Encontros para a Normalización Lingüística. Dereitos lingüísticos, unha garantía pendente? http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1279 En menos dun mes, á volta da Semana Santa, chega a nosa cita anual cos Encontros para a Normalización Lingüística, organizados polo Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia (CDSG) do Consello da Cultura Galega (CCG) coa colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL). Serán en Santiago de Compostela, no Pazo de Raxoi, o xoves 20 e o venres 21 de abril.]]> Simposio ILG 2016: Antroponimia e lexicografía http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1265 Do 24 ao 26 de outubro terá lugar en Santiago de Compostela o Simposio ILG 2016: Antroponimia e lexicografía. Está organizado polo Instituto da Lingua Galega en colaboración co Consello da Cultura Galega.]]> Nova edición do Obradoiro de pensamento creativo http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1264 A CTNL organiza unha nova edición do Obradoiro de pensamento creativo baseado no método CPS (Creative Problem Solving). Impartirao Natalia Nogueira en Santiago de Compostela o 9 e o 10 de novembro de 2016.]]> Xornada sobre responsabilidade social corporativa en galego http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1263 O Consello da Cultura Galega organiza a xornada “Responsabilidade social corporativa en galego” o 18 de outubro de 2016 en Santiago de Compostela, co fin de analizar a responsabilidade social corporativa como instrumento para incorporar valores culturais e lingüísticos á xestión empresarial.]]> Xornada de Onomástica Galega no Museo de Pontevedra http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1260 A Real Academia Galega e a Deputación de Pontevedra organizan o vindeiro 17 de setembro unha xornada para promover a recollida de microtoponimia. Terá lugar en sesións de mañá e tarde no Sexto Edificio do Museo de Pontevedra e non é necesaria inscrición.]]> Traballando en lingua no ámbito socioeconómico http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1249 O Curso de verán sobre dinamización lingüística #traballandoenlingua da UdC centrará este ano o seu programa na situación da lingua no ámbito socioeconómico. Terá lugar os días 6 e 7 de xullo no Fórum Carballo. Prazo de inscrición aberto até o 30 de xuño.]]> Convocamos un obradoiro de pensamento creativo http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1247 A CTNL organiza un Obradoiro de pensamento creativo baseado no método CPS (Creative Problem Solving). Impartirao Natalia Nogueira e será en Santiago de Compostela os días 30 de xuño e 1 de xullo de 2016.]]> XVIII Encontros para a Normalización Lingüística. Nas bocas do futuro: mocidade e lingua http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1236 Chega unha nova edición dos Encontros para a Normalización Lingüística, organizados polo Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia (CDSG) do Consello da Cultura Galega (CCG). Serán os vindeiros 14 e 15 de abril en Santiago de Compostela.]]> Obradoiro de aproveitamento das redes sociais para a normalización lingüística http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1221 Desde a CTNL convocamos dúas edicións dun obradoiro para aproveitarmos máis e mellor as redes sociais para a normalización lingüística. Terán lugar en Pontevedra (o martes 20 de outubro) e en Santiago de Compostela (o xoves 22 de outubro), e o prazo de inscrición está aberto até o día 8 deste mes]]> XVII Encontros para a normalización lingüística. 15 e 16 de outubro en Compostela http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1220 Un ano máis, o Centro de Documentación Sociolingüística do Consello da Cultura Galega organiza os Encontros para a normalización lingüística, que chegan á súa XVII edición e que terán lugar os días 15 e 16 de outubro en Santiago de Compostela]]> Mocidade e lingua... Non todo é fume! Curso de verán de dinamización lingüística #traballandoenlingua 2015 http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1213 O Curso de verán sobre dinamización lingüística #traballandoenlingua centrará neste 2015 o seu programa nas mudanzas e afianzamentos lingüísticos na mocidade. Ten lugar os días 8, 9 e 10 de xullo no Fórum Carballo e o prazo de inscrición, con prazas limitadas, xa está aberto]]> A terminoloxía, unha necesidade da sociedade actual. Congreso internacional de terminoloxía en Compostela http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1212 O II Congreso Internacional da Rede de Lexicografía (RELEX) terá lugar os vindeiros 5, 6 e 7 de outubro de 2015 en Santiago de Compostela, e está dedicado este ano á terminoloxía, campo de estudo fundamental para todas as linguas que queiran responder desde a súa identidade ás necesidades denominativas especializadas da sociedade actual]]> III Congresso Internacional de Lingüística Histórica, en xullo en Compostela http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1210 O Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela, en colaboración coa Universidade Federal da Bahia e a Universidade de São Paulo, organiza o III Congresso Internacional de Lingüística Histórica que ten lugar do 27 ao 30 de xullo en Santiago de Compostela]]> Xornadas de Lingua e Literatura. 18 de abril en Compostela http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1202 A CIG-Ensino e a AS-PG organizan en Santiago de Compostela as XXIV Xornadas de Lingua e Literatura, que teñen lugar o sábado 18 de abril no IES As Fontiñas]]> Linguas do estado alén do estado... Xornada de ensino popular en Santiago o 24 e 25 de abril http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1201 Para analizar o ensino popular en relación coa lingua, a Gentalha do Pichel organiza unhas xornadas que terán lugar en Santiago de Compostela os días 24 e 25 de abril]]> Convocamos un novo obradoiro de vídeos para a lingua! http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1187 Cres que unha imaxe vale máis ca mil palabras? Pois nós non!, mais cremos que a imaxe tamén é moi importante, e a comunicación audiovisual, para a normalización lingüística, fundamental. Por iso, convocamos unha nova edición do obradoiro de creación de vídeos básicos, que terá lugar en novembro combinando sesión presenciais e sesións en liña]]> Simposio ILG 2014: A lingua galega no solpor da Idade Media http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1186 O Instituto da Lingua Galega (ILG) da Universidade de Santiago de Compostela organiza unha nova edición do seu simposio anual, que terá lugar entre o 13 e o 22 de novembro en Santiago. O prazo de inscrición está aberto até o 12 de novembro]]> As XI Xornadas Lingua e Usos analizan o papel da universidade na normalización lingüística http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1185 A undécima edición das Xornadas de Lingua e Usos teñen lugar na Coruña do 26 ao 28 de novembro de 2014 e centran o seu programa en analizar a política lingüística da Universidade da Coruña e o papel das universidades no proceso de normalización da lingua galega]]> Xornada sobre a publicidade en galego. O 23 de outubro en Compostela http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1183 O Consello da Cultura Galega e a Fundación Galicia Empresa organizan unha xornada para analizar o estado de "A publicidade en galego". Terá lugar en Santiago de Compostela o xoves 23 de outubro]]> Xornada sobre experiencias e recursos para a normalización lingüística no ensino. 24 e 25 de outubro en Santiago http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1181 Nova Escola Galega (NEG) e a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (CGENDL) organizan as VII Xornadas de materiais e recursos educativos, que se centran este ano nas experiencias e recursos para a normalización lingüística. Teñen lugar en Santiago de Compostela os días 24 e 25 de outubro]]> Convocada unha nova edición do Curso de deseño e implementación de plans e accións de dinamización lingüística http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1179 Convocamos a 2.ª edición deste curso de deseño e implementación de plans e accións de dinamización lingüística, que terá lugar todos os venres de outubro en Santiago de Compostela. O prazo de inscrición está aberto do 11 ao 22 de setembro]]> XVI Encontros para a normalización lingüística. 24 e 25 de setembro http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1175 O 24 e 25 de setembro de 2014 o Consello da Cultura Galega, en Santiago de Compostela, acolle unha nova edición, a XVI, dos Encontros para a normalización lingüistica. O prazo de inscrición está aberto até o 14 de setembro]]> Para a transmisión interxeracional do galego: X Curso de verán de dinamización lingüística #traballandoenlingua. Carballo, 9-11 de xullo http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1166 Cos obxectivos principais de coñecer e analizar condicionantes que rompen ou dificultan a transmisión interxeracional da lingua, de avaliar experiencias e de propor medidas de intervención que melloren a transmisión do galego, Carballo acolle un ano máis o Curso de verán de dinamización lingüística organizado pola UdC en colaboración coa CTNL. Ten lugar do 9 ao 11 de xullo e o prazo de matrícula xa está aberto]]> Información sobre os cursos Celga en 2014 http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1146 A Xunta de Galicia enviou nos últimos días unha comunicación informal aos concellos, a cal tamén foi publicada no web da Secretaría Xeral de Política Lingüística, en relación aos cursos preparatorios para as probas Celga en 2014. Damos aquí algunha información sobre esa comunicación]]> Xornadas para repensar o currículo educativo de lingua e literatura galegas http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1145 A Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela acolle as xornadas Repensando o curriculo educativo en Lingua e Literatura Galegas nun contexto social en mudanza, que terán lugar os días 21 e 22 de febreiro]]> Xustiza e Lingua, reflexións para a normalización. O 28 de novembro en Compostela http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1134 O Servizo de Asesoramento Lingüístico do Colexio de Avogados de Santiago, en colaboración coa SXPL, organiza a sétima edición da xornada Xustiza e Lingua, reflexións para a normalización, que ten lugar o 28 de novembro]]> Lingua e identidade na fronteira galego-portuguesa. Simposio e xornadas do ILG http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1133 Do 28 de novembro ao 3 de decembro o Instituto da Lingua Galega, en colaboración co Consello da Cultura Galega, organizan en Compostela o Simposio Lingua e identidade na fronteira galego-portuguesa, que inclúe unhas xornadas para o profesorado]]> Organizamos un Obradoiro de creación de vídeos http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1129 Desde a CTNL convocamos un Obradoiro de creación de vídeos básicos para a normalización lingüística. Terá lugar durante o mes de novembro, con dúas sesións presenciais (12 e 21 de novembro, en Santiago de Compostela) e varias en liña. O prazo de inscrición vai do 23 ao 29 de outubro]]> XIV Xornadas de expresión oral Tíralle da lingua. O sábado 16 de novembro en Santiago http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1127 O 16 de novembro o IES As Fontiñas de Santiago acolle as XIV Xornadas de expresión oral Tíralle da lingua, da AS-PG, e nas que interveñen Francisco Castro, Quico Cadaval, Pilar Ponte, Fran Godón e Pablo Carracedo]]> X Xornadas de lingua e usos da UdC: Lingua e teatro http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1126 O SNL da UdC organiza as X Xornadas de lingua e usos, que este ano centran o seu programa na lingua e o teatro. Terán lugar na Facultade de Filoloxía da Coruña do 27 ao 29 de novembro]]> VI Xornadas de recursos educativos en galego: A educación social http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1125 A Facultade de Ciencias da Educación da USC acolle os días 8 e 9 de novembro as VI Xornadas de recursos educativos en galego, centradas este ano na educación social]]> Xornadas Educación e Linguas: 30 anos da Lei de normalización lingüística http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1121 A Universidade de Santiago de Compostela organiza as V Xornadas Educación e Linguas. 30 anos da Lei de normalización lingüística de Galicia. Desenvolveranse os días 25 e 26 de outubro de 2013 na Facultade de CC. da Educación, co obxectivo principal de analizar a implementación da Lei de normalización lingüistica]]> Na procura de maior participación e implicación no proceso social de normalización lingüística http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1115 Como acadar a implicación cidadá en procesos sociais como o de normalización lingüística? Para iso está este Curso de verán sobre participación, implicación e traballo colaborativo que ten lugar en Carballo do mércores 17 ao venres 19 de xullo, e do que se fai seguimento nas redes sociais a través do hashtag #traballandoenlingua.]]> Curso de verán sobre toponimia: interpretación e actuación http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1104 O Instituto da Lingua Galega (ILG) organiza o Curso de verán Toponimia: interpretación e actuación, que terá lugar do 16 ao 19 de xullo en Santiago de Compostela]]> Curso de verán de dinamización lingüística: participación, implicación e traballo colaborativo. Carballo, 17-19 de xullo http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1103 Co obxectivo xeral de coñecermos e procurarmos formas de participación, implicación e traballo colaborativo para a dinamización lingüística, Carballo acolle un ano máis o Curso de verán de dinamización lingüística organizado pola UdC en colaboración coa CTNL. Ten lugar do 17 ao 19 de xullo e o prazo de matrícula xa está aberto]]> XXIII Xornadas de lingua e literatura. 27 de abril en Compostela http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1092 CIG-Ensino e AS-PG organizan un ano máis as Xornadas e lingua e literatura, que terán lugar o sábado 27 de abril no IES As Fontiñas de Santiago de Compostela]]> Cursos de lingua e cultura galegas para persoas estranxeiras nas universidades galegas http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1089 As universidades de Santiago de Compostela e da Coruña convocan, un ano máis, cursos de verán de lingua e cultura galegas para persoas estranxeiras. Nas dúas universidades os cursos terán lugar durante o mes de xullo e o prazo de inscrición remata a comezos de maio]]> XV Encontros para a normalización lingüística. 18 e 19 de abril en Compostela http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=1088 Os XV Encontros para a normalización lingüística terán lugar os días 18 e 19 de abril de 2013 no Consello da Cultura Galega, en Santiago de Compostela. O prazo de inscrición está aberto ata o 14 de abril]]>