CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Lingua


11569 votos
Xa votaches!


14-12-2012

Múltiples accións por un Nadal en galego

Múltiples accións por un Nadal en galego
Ao se iren aproximando as datas do Nada e do comezo dun novo ano, desde o ámbito da normalización son múltiples as accións emprendidas na procura da presenza do galego nestas datas. Cartas de reis, propostas de agasallos, Apalpador, recursos, concursos de escaparates, etc.


Así, como en anos anteriores, a Coordinadora Galega de ENDL habilita un espazo específico no seu web con diferentes recursos para un Nadal en galego, onde se pode atopar información sobre cancións, cartas, contos, refráns, agasallos, recursos didácticos...

Tamén desde a Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL) se habilitou un espazo para un Nadal en rede.

Abertos ao galego comezou a difundir un catálogo de agasallos en galego, con propostas das empresas que pertencen a esta rede: música, camisolas, libros, xoiaría, alimentación, etc.

Desde moitos departamentos de normalización tamén se difunden cartas para incentivar que as nenas e os nenos lles escriban aos Reis, Apalpador ou Papá Noel en galego. É o caso, por exemplo, dos concellos de Ames e Santiago de Compostela, que organizan, ademais, concursos de cartas.

O SNL do Concello de Narón, por exemplo, tamén puxo en marcha o espazo Felicita o Nadal en galego e o SNL do Concello de Oroso organiza un concurso de postais de Nadal en galego.

E por segundo ano o SNL do Concello de Redondela organiza o concurso de escaparates de Nadal, para fomentar o uso do galego no comercio local.

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Marzo de 2024
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
            1 2 3
    4 5 6 7 8 9 10
    11 12 13 14 15 16 17
    18 19 20 21 22 23 24
    25 26 27 28 29 30 31
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego