CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Lingua


14256 votos
Xa votaches!


24-06-2014

Entidades sociais e concello de Narón queren que o galego se visibilice nos medios

Entidades sociais e concello de Narón queren que o galego se visibilice nos medios
Despois da aprobación por unanimidade no pleno do Concello de Narón da declaración da campaña Como cho digo ;-), a través da que se pide que os medios de comunicación visibilicen o uso da nosa lingua, ten lugar este mércores 25 de xuño un acto público no que participarán diversos colectivos e persoas da localidade para se sumaren tamén a dicir que queren máis galego na prensa


Este mércores 25 de xuño, a partir das 19.00 h, o Café Teatro do Pazo da Cultura de Narón acolle un acto de apoio e difusión da campaña Como cho digo ;-), promovida pola Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) para a visibilización do uso do galego nos medios de comunicación.

Este acto está promovido polo Concello de Narón –a través do seu Servizo de Normalización Lingüística (SNL)–, que xa no pasado mes de maio aprobou en pleno, e por unanimidade de todas as organización políticas, a adhesión e participación nesta campaña, para dicirlle á prensa que lle gustaría que o que acontece en galego, sexa reflectido e comunicado tamén en galego.

No acto público do Café Teatro participarán, ademais de representantes municipais, diversas asociacións culturais e deportivas e diversas persoas da localidade a nivel individual, que certificarán todas elas a participación na campaña e a petición de que queren que o galego se vexa na prensa. Ademais, proxectarase o vídeo de Como cho digo ;-) e haberá un monólogo de Eva Castro.

Desde a posta en marcha desta acción por parte da CTNL xa son máis de 500 as persoas e preto de 100 as entidades que se adheriron, entre as que hai diversos concellos, como os de Redondela, Val do Dubra, O Grove e Narón.

Este acto público de Narón será o primeiro que se faga a nivel local, despois do acto de presentación a nivel galego que tivo lugar no mes de marzo en Santiago de Compostela.

E é que hai moitas máis persoas e entidades que usan con frecuencia o galego, do que os medios de comunicación reflicten. Por iso, con esta campaña, Como cho digo ;-), dise que nos gustaría que a lingua galega se visibilizase máis nos medios e, polo tanto, que estes a usasen, cando menos, para contar o que acontece en galego, para reflectir as declaracións que se fan nesta lingua, para informar dos actos desenvolvidos no noso idioma, para crear información a partir de notas e comunicados redactados en lingua galega, etc.

Calquera persoa ou entidade pode sumarse aquí >


Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Marzo de 2024
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
            1 2 3
    4 5 6 7 8 9 10
    11 12 13 14 15 16 17
    18 19 20 21 22 23 24
    25 26 27 28 29 30 31
    Próximos eventos

      • Asociate á CTNL
      • Agasallo. Propostas de regalos en galego
      • LGx15
      • Premios Mil Primaveras
      • Viveiro de propostas normalizadoras
      • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
      • Envianos
      • Canles de novas da CTNL
      • Facebook da CTNL
      • Twitter da CTNL
      • Instagram da CTNL
      • Kit para a normalización en rede
      • Proxector
      • Queremos Galego
      • Eu.gal: Por un dominio galego