CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Convocatorias


12168 votos
Xa votaches!


02-01-2017

Bases da convocatoria de subvencións da Deputación da Coruña para servizos de normalización lingüística

Deputación Provincial da Coruña
A Deputación Provincial da Coruña anunciou hoxe as bases reguladoras da convocatoria de subvencións para a creación, mantemento e reforzo de SNL, dirixida a concellos, agrupacións de concellos, mancomunidades e outras entidades locais. Prazo de presentación de solicitudes: até o 31 de xaneiro.


A Deputación Provincial da Coruña publicou hoxe no BOP da provincia as bases específicas reguladoras da convocatoria de axudas dirixida a concellos, agrupacións de concellos, mancomunidades e outras entidades locais da provincia para a creación, o mantemento e o reforzo de servizos de normalización lingüística.

ENTIDADES BENEFICIARIAS

Poderán solicitar esta subvención concellos da provincia da Coruña de 5.000 ou máis habitantes ou agrupacións de concellos e mancomunidades que, entre eles, cheguen ao mesmo número mínimo de habitantes. Neste ano 2017 redúcese o número mínimo de habitantes respecto da convocatoria do ano pasado (as axudas do 2016 requirían unha poboación mínima de 7.000 habitantes).

MODALIDADES DE AXUDAS:

Coma o ano pasado, a convocatoria prevé tres modalidades de axudas:

- creación de novos servizos de normalización lingüística
- mantemento de servizos de normalización lingüística xa existentes
- reforzo de servizos de normalización lingüística xa existentes (única modalidade a que poden concorrer as cidades da provincia, A Coruña, Ferrol e Santiago de Compostela)

IMPORTE DAS AXUDAS

O importe total do crédito consignado (480.000 euros) distribuirase a partes iguais entre as entidades beneficiarias, que recibirán unha cantidade fixa máxima de 12.000 euros. Con este importe financiaranse as retribucións do persoal técnico dos servizos de normalización lingüística (SNL).

PRAZO PARA A PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

De acordo coa base 7.1 da convocatoria, os prazos de inicio e fin de presentación de solicitudes determinaranse a partir da publicación no BOP da convocatoria segundo a remisión da Base de Datos Nacional de Subvencións (BDNS).

INICIO DO PRAZO PARA A PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

No BOP da Coruña do 11 de xaneiro de 2017 publicouse o extracto da convocatoria e estableceuse o prazo para a presentación de solicitudes: até as 14:00 h do 31 de xaneiro de 2017.

Así mesmo, tamén se especifica o prazo de xustificación das subvencións unha vez concedidas: até as 14:00 horas do 30 de abril de 2018.

Bases específicas reguladoras desta convocatoria, en .pdf.
Extracto da convocatoria, en .pdf.

ADDENDAS
No BOP do 13 de marzo publicouse a concesión provisional destas subvencións: resolución en .pdf>
No BOP do 10 de abril publicouse a concesión definitiva destas subvencións: resolución en .pdf>

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Marzo de 2024
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
            1 2 3
    4 5 6 7 8 9 10
    11 12 13 14 15 16 17
    18 19 20 21 22 23 24
    25 26 27 28 29 30 31
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego