CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

CTNL


15367 votos
Xa votaches!


28-07-2017

Volve o LGx15 e ti podes participar!

LGx15
Xa temos data para a vindeira edición do LGx15: o xoves 9 de novembro.
E este ano temos unha proposta nova: queremos que teñas a palabra para influír no uso e prestixio da lingua.
Podes ser ti (si, ti!) unha das persoas que interveña contando as súas experiencias, reflexións, propostas e ideas para o futuro da lingua. Inscríbete en info@ctnl.gal até o 17 de setembro.




QUE IDEAS!?

No LGx15 2017 queremos que ti teñas a palabra para o futuro da lingua

Interésannos un mundo as túas ideas, reflexións, propostas, experiencias, etc., para o futuro da lingua. A nós, si, pero seguro que a moitísima máis xente. Porque seguro que tes argumentos ou experiencias que poden, e queren, influír no futuro do galego, no seu uso e prestixio.

Sobes contárnolas o 9 de novembro ao escenario do LGx15 na Sala Capitol de Santiago?

Envíanos un correo a info@ctnl.gal cun documento cos teus datos e explicándonos, nunha única páxina, quen es, de que che gustaría falar, e especificando todo o que consideres oportuno para convencernos de que si, de que tes que subir ao escenario do LGx15, de que as túas ideas e propostas para o futuro da lingua teñen que ser alí escoitadas, gravadas e difundidas. Tes de prazo para facelo até o 17 de setembro, pero canto antes o envíes, por nós mellor.

Entre todas as candidaturas recibidas –que permanecerán no anonimato en todo momento–, a comisión organizadora do LGx15 escollerá un mínimo de dúas, que se incluirán no programa do LGx15 2017 xunto co resto de intervencións, sen diferenciar cales foron seleccionadas por autocandidatura e cales non, para que todo o mundo interveña en igualdade de condicións.

Veña, que ti tes moito que dicir e queremos escoitarte!


Ligazóns relacionadas


Pasos para inscribirte no LGx15!

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Marzo de 2024
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
            1 2 3
    4 5 6 7 8 9 10
    11 12 13 14 15 16 17
    18 19 20 21 22 23 24
    25 26 27 28 29 30 31
    Próximos eventos

      • Asociate á CTNL
      • Agasallo. Propostas de regalos en galego
      • LGx15
      • Premios Mil Primaveras
      • Viveiro de propostas normalizadoras
      • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
      • Envianos
      • Canles de novas da CTNL
      • Facebook da CTNL
      • Twitter da CTNL
      • Instagram da CTNL
      • Kit para a normalización en rede
      • Proxector
      • Queremos Galego
      • Eu.gal: Por un dominio galego