CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Convocatorias


12713 votos
Xa votaches!


10-10-2018

II Premio Luís Porteiro Garea á promoción e uso do galego na USC

II Premio Luís Porteiro Garea
A Universidade de Santiago de Compostela convoca o II Premio Luís Porteiro Garea, para recoñecer publicamente a persoas ou colectivos que contribuíron á normalización do uso do galego na universidade. O premio lembra a figura do profesor da cátedra de dereito civil e membro das Irmandades da Fala Luís Porteiro Garea, quen en setembro de 1915 pronunciou no Paraninfo da Universidade a primeira lección en galego de que se ten constancia.


A Universidade de Santiago de Compostela convoca o II Premio Luís Porteiro Garea co fin de recoñecer publicamente o esforzo de persoas ou colectivos a prol da normalización do uso do galego na universidade. O premio leva o nome do profesor da cátedra de dereito civil e membro das Irmandades da Fala Luís Porteiro Garea, quen o día 16 de setembro de 1915 pronunciou no Paraninfo da Universidade a primeira lección en galego de que se ten constancia.

Na primeira edición deste premio, que tivo lugar en 2017, recoñeceuse o profesor emérito Manuel Bermejo Patiño, catedrático de Química Inorgánica da USC. O xurado destacou o compromiso do premiado coa lingua galega “dende o inicio da súa carreira docente nos anos sesenta, a súa defensa desta lingua en todos os foros, os seus esforzos para incorporala de xeito normal na docencia e na divulgación da ciencia, as súas publicacións neste eido e as moitas que promoveu durante a súa etapa como director do Instituto de Ciencias da Educación”. O xurado tamén puxo en valor o “esforzo levado a cabo para estender o uso do galego dende os postos de alta responsabilidade que ocupou na propia USC e na CIUG”, así como a “pegada que o seu compromiso deixou en miles de alumnos e alumnas, algúns deles hoxe en día profesores e profesoras no ensino medio e na propia universidade”.

O premio quere distinguir a iniciativa, o traballo ou a traxectoria daquelas persoas, entidades ou colectivos, tanto actuais como pasadas da USC (alumnado, persoal de administración e servizos, persoal docente e investigador), que contribuíran á normalización da lingua galega na propia USC:

- Polo emprego habitual da lingua nas actividades cotiás da universidade, especialmente cando este uso se producira de xeito pioneiro.

- Pola achega, por parte da persoa ou colectivo premiado, á promoción do idioma ou á galeguización de ámbitos ou actividades da USC.

- Polo estudo e a difusión da lingua galega.

- Por calquera outra intervención no proceso de normalización lingüística na USC que sexa valorada como significativa.

Este premio ten carácter de distinción pública. Consistirá nun elemento simbólico de tipo artístico que se lle entregará á persoa, entidade ou colectivo premiado.

CANDIDATURAS

As candidaturas poderán ser propostas por calquera persoa, entidade ou colectivo. Irán dirixidas ao secretario ou secretaria do xurado, a través dos rexistros da USC, ben presenciais, ben electrónicos. O prazo para presentar propostas finaliza o 15 de novembro de 2018. Tamén poderán propor candidaturas os membros do xurado.

Bases completas e modelo de instancia para a presentación de candidaturas aquí.

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Marzo de 2024
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
            1 2 3
    4 5 6 7 8 9 10
    11 12 13 14 15 16 17
    18 19 20 21 22 23 24
    25 26 27 28 29 30 31
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego