03-11-2010XI Xornadas de expresión oral Tíralle da Lingua
A Asociación Socio-Pedagóxica Galega convoca as XI Xornadas de expresión oral Tíralle da Lingua, que terán lugar no Museo do Pobo Galego, en Santiago de Compostela, os días 19 e 20 de novembro de 2010
DÍAS: 19 e 20 de novembro
LUGAR: Museo do Pobo Galega. Santiago de Compostela
ORGANIZA:
AS-PGPROGRAMA
Venres 19 de novembro17.30 - 18.00 h- Receptción e entrega de material.
18.00 - 20.00 h-
Explicándonos con TIC. Luciano Fernández e Olga Patiño Abeixón, ensinantes.
Algunhas propostas para enriquecer as producións orais da aula e para motivar as creacións e as intervencións co fin de comunicar aprendizaxes co apio de ferramentas dixitais. Contémplase tamén a planificación destas tarefas e unha avaliación reguladora que permita a mellora competencial das destrezas orais.
Sábado 20 de novembro10.00 h - 12.00 h-
Novos tempos, novos formatos para divulgar literatura oral. Antonio Reigosa, escritor, traballa no departamento de Didáctica do Museo Provincial de Lugo e Palimoco Teatro.
As TIC non anuncian o remate senón unha oportunidade, o comezo dunha nova era para divulgar e pór en valor a literatura de tradición oral. Revisaremos os novos soportes da oralidade a través de revistas orais, webs e blogs, polafías ou apostas polo futuro da oralidade como Queres que cho conte!, un proxecto que usa recursos dramáticos e musicais para transmitir contos da nosa tradición oral.
14.00 h-
Orellapendella, para xogar cos ditos infantís de sempre. Carlos Yus Respaldiza, profesor na Escola Oficial de Idiomas de Pontevedra, membro fundador da compañía Migallas Teatro.
A páxina web www.orellapendella.org quere contribuír á difusión da literatura popular infantil de Galicia para que siga sendo unha ferramenta educativa e de lecer para os/as galegos/as do século XXI. Na lingua galega hai infinidade de ditos, recitados, cancións, etc. que acompañaron desde hai séculos ás brincadeiras dos/as nenos/as ou as relacións entre os membros maiores da familia e os máis pequenos. Hoxe en día, debido aos cambios producidos nas formas de vida e nas actividades de lecer dos rapaces e rapazas, corremos o perigo de perdes esta riqueza definitivamente.
16.00 - 18.00 h-
Contando con imaxes. Kiko da Silva, debuxante.
Posibilidades pedagóxicas da banda deseñada, elementos que compoñen este tipo de linguaxe, evolución, normalidade de uso na aula, ... A banda deseñada como medio narrativo, como canle para contar historias.
18.00 - 20.00 h-
Todas e todos temos algo que contar. Paula Carballeira, narradora, poeta e actriz.
Cada persoa ten un camiño que a leva a unha historia. Ás veces é un camiño dereito, pero moi a miúdo ten varias curvas, cruces, atallos, falsas direccións. Ás veces é un camiño longo, e outras é un camiño curto. En calquera caso, cada persoa debe estar preparada para camiñar, cos seus recursos, a súa equipaxe e a ilusión de chegar ao destino. Cómpre chamar a atención nos recursos própios de cada persoa, que son os que a converten nunha transmisora única da historia que prentenden contar.
A matrícula é gratuíta, e realíazase a través da web
www.as-pg.com no apartado de formación.
O número de prazas é limitado e cubrirase por rigorosa orde de inscrición.