CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Lingua


11454 votos
Xa votaches!


22-12-2010

O Dezaseis, Novi Ius e Atlántica de Información, premios Manuel Beiras 2010 polo uso do galego

O Dezaseis, Novi Ius e Atlántica de Información, premios Manuel Beiras 2010 polo uso do galego
O Concello e a Cámara de Comercio de Santiago de Compostela concedéronlles os XI Premios Manuel Beiras polo uso do galego ao gabinete Novi lus Avogados, ao restaurante O Dezaseis e Atlántica de Información e Comunicación, editora da revista Tempos Novos


O gabinete xurídico Novi Ius Avogados (rúa de Fernando III O Santo 32) recibiu a distinción dentro da categoría de Incorporación ao uso do galego. Trátase dun despacho de avogados/as de recente creación que introducen a lingua galega no seu día a día. Este uso do galego aínda non é moi frecuente nun sector como o xudicial, pero os responsábeis de Novi Ius apostan por esta opción lingüística.

Na categoría de Uso continuado da lingua galega alzouse co galardón Casa de Xantar O Dezaseis (www.dezaseis.com), que dende a súa apertura hai 15 anos utiliza como base estratéxica de comunicación a lingua galega e fai unha aposta pola cultura, arte e gastronomía galegas no seu local de restauración (rúa de San Pedro 16).

Finalmente, a distinción especial recaeu na Atlántica de Información e Comunicación de Galicia (www.temposdixital.com), pola súa decidida aposta polo noso idioma en todas as súas publicacións periódicas como a coñecida revista Tempos Novos. Esta sociedade constituíuse en 1997 con 150 fundadores/as e socios/as representativos/as de diversas tendencias e sensibilidades políticas, sociais e culturais de Galiza, co obxecto de editar publicacións alternativas e de calidade (rúa dos Porróns 8-2º, Meixonfrío).

Este premio outorgado polo Concello de Santiago de Compostela ten un contido simbólico e non supón ningunha prestación económica. O motivo de premiar ás empresas radica en que son un sector económico de capital importancia para conseguir a normalización do idioma na vida cotiá. As empresas e comercios premiados poderán amosar nos seus establecementos a posesión deste galardón como unha garantía máis de que respectan o idioma da comunidade. De maneira simbólica, os premiados recibiron unha escultura de Acisclo Manzano deseñada, en exclusiva, para estes premios.

En edicións anteriores xa foron premiadas empresas como Aceiro, T44, Papelaría Xaquín, Rey Xestión, Clínica Veterinaria, Sala Nasa, R, Otero Pombo, XHO, Castromil, Espeteira, Vieiros, Xanela Arquitectura, Fundación Galicia Empresa, Alcampo Santiago, Freire Chico, Editorial Compostela, Escola Infantil Raiola, Mercado de Abastos de Santiago, Litonor, Confederación Galega de Minusválidos, Libraría Couceiro, Erica Mel, Seguridade A1, Cenlitrosmetrocadrado, Dado Dadá, Federación de Libreiros, A Navalla Suíza, Tórculo Artes Gráficas, Área Central, Libraría Pedreira, Localia Santiago ou Lambonadas Pecados.

Outros premios que se convocan con finalidades moi semellantes son o Xoán Manuel Pintos (Concello de Pontevedra e REAL), o Xulio Dans (Concello de Oleiros), o Dolmen de Ouro (Federación de Empresarios do Barbanza), Comercio en galego (Concello de Vilagarcía), Patria e Lingua (BNG de Bergantiños), etc. Algunhas das empresas galardoadas nalgún destes premios son, por exemplo, Fonelec-Nós, San Luís, Libraría Brañas, Eclipse Comunicación Dixital, Talleres O Faiado, Museo Etnográfico de Artes, Todo Lar, Gráficas Aries, Pub D`Antón, Modas Rama, Pub O´Patacón, Adegas Cándido Rodríguez, Mar de Ardora, etc.

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Marzo de 2024
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
            1 2 3
    4 5 6 7 8 9 10
    11 12 13 14 15 16 17
    18 19 20 21 22 23 24
    25 26 27 28 29 30 31
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego