CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

CTNL


9662 votos
Xa votaches!


03-03-2012

Liñas de traballo da CTNL para 2012 e Xunta Directiva

Asemblea CTNL 2012
A Asemblea Xeral da CTNL que tivo lugar o venres 2 de marzo aprobou por unanimidade as liñas de traballo para 2012 e elixiu Xunta Directiva, que seguirá presidida por Nel Vidal


O venres 2 de marzo tivo lugar en Santiago de Compostela a Asemblea Xeral da CTNL, que elixiu por unanimidade Xunta Directiva e mais aprobou as propostas de acción para o período interasemblear.

Con respecto ás propostas de acción, acordouse seguir coa liña desenvolvida até agora con respecto á defensa dos intereses xerais das traballadoras e dos traballadores de normalización lingüística.

No que se refire á formación, acordouse organizar cursos sobre deseño e implementación de accións de normalización, corrección lingüística e aproveitamento de blogs e redes sociais para a normalización lingüística, ademais de seguir colaborando co curso de verán de dinamización lingüística da Universidade da Coruña. Tamén, con respecto á formación, acordouse que en 2012 se publiquen tres documentos, un sobre o funcionamento dos servizos de normalización lingüística, outro sobre dinamización lingüística e outro sobre planificación da formación en lingua. Finalmente, no que se refire á formación, a CTNL reclamará a existencia de estudos superiores na universidade galega sobre normalización lingüística, como foi, no seu momento, o mestrado interuniversitario de planificación lingüística.

Con respecto ás propostas para facer máis efectivo o traballo a prol da normalización da lingua, a Asemblea acordou seguir facendo seguimento da política lingüística da Xunta, ademais de facerlle proposta de mellora en diferentes medidas normalizadoras, igual que aos concellos, deputacións ou Fegamp. Ademais, a CTNL elaborará unha proposta para proporlles a todas as organizacións políticas que inclúan nos seus programas electorais de cara ás eleccións galegas de 2012, no caso de que as haxa, accións decididas na procura da normalización da lingua galega.

As persoas participantes na Asemblea acordaron procurar unha mellor e maior implicación no proceso de normalización lingüística doutras entidades (non só administración) e colectivos (como poden ser ONG, asociacións sectoriais, etc.).

Con respecto á organización de encontros e creación de espazos de traballo, en 2012 a CTNL organizará unha xornada de análise e avaliación do sistema Celga, un encontro de traballo de servizos de normalización lingüística, un encontro lúdico e favorecerá a creación dun espazo ou viveiro de propostas normalizadoras.

A Asemblea tamén aprobou por unanimidade o informe de xestión, o informe de contas e o orzamento para o ano 2012.

O documento completo das accións para desenvolver pode consultarse aquí (.pdf) >

A Xunta Directiva electa está formada por:
  • PRESIDENTE: Nel Vidal Barral. Técnico de normalización lingüística do Concello de Carballo

  • SECRETARIA: Rosa Moreiras. Técnica de normalización lingüística do Concello de Ames

  • TESOUREIRA: Dores Sánchez Alegre. Técnica de normalización lingüística da Deputación da Coruña

  • Iván Méndez López. Técnico de normalización lingüística

  • Anxo M. Otero Montero. Técnico de normalización lingüística

  • Isabel Vaquero Quintela. Técnica de normalización lingüística da USC

  • Pepe Blanco Alborés. Técnico de normalización lingüística

  • David Cobas Medín. Traballador de normalización lingüística

  • Queca Carballo Coello. Lingüista da Aula de Produtos Lácteos (USC) e coordinadora dos cursos de lingua na ONG Galicia Acolle

Deste xeito, a única baixa con respecto á directiva anterior é a de Anxos Sobriño, que nos últimos anos desenvolveu un gran traballo na tesouraría da asociación, e que lle foi recoñecido cunha ovación na Asemblea. Dores Sánchez Alegre substitúea no posto de tesoureira, e Queca Carballo Coello (lingüista na Aula de Produtos Lácteos da USC e responsábel de formación e profesora na asociación Galicia Acolle) incorpórase á Directiva.


Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Marzo de 2024
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
            1 2 3
    4 5 6 7 8 9 10
    11 12 13 14 15 16 17
    18 19 20 21 22 23 24
    25 26 27 28 29 30 31
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego