CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

CTNL


12712 votos
Xa votaches!


19-04-2012

A CTNL crea o Viveiro de propostas normalizadoras

Viveiro de propostas normalizadoras
Coa finalidade de que nazan proxectos de todo tipo para o fomento do galego, a CTNL crea o Viveiro de propostas normalizadoras, un espazo de traballo e intercambio para que traballadoras/es de normalización lingüística poidan madurar e desenvolver ideas e proxectos. A xuntanza inicial deste Viveiro terá lugar o 30 de maio


O Viveiro de propostas normalizadoras é un espazo de intercambio de ideas e traballo conxunto para que os traballadores e as traballadoras de normalización lingüística poidamos poñernos en contacto, coñecer e presentar propostas e ideas de accións normalizadoras, buscar xente coa que intercambiar impresións e colaborar na maduración e posta en marcha desas propostas, etc. A idea é que deste espazo ou laboratorio nazan e se poidan desenvolver actividades, accións, campañas, obradoiros, produtos normalizadores, etc.

Para poñer en marcha o Viveiro, a CTNL convoca unha xuntanza na que se pode participar tanto presentando ideas como asistindo para coñecelas coa intención de colaborar nalgunha(s). E, a partir de aí, créase un grupo de traballo para cada un dos proxectos que estará formado por todas as persoas interesadas en colaborar no seu desenvolvemento e coordinado pola persoa que o propuxo.

Esa xuntanza inicial de posta en marcha do Viveiro terá lugar o mércores 30 de maio de 2012, ás 17.30 h, na Facultade de Filoloxía de Santiago de Compostela (Aula 12), e pódense enviar proxectos para participar nela até o 23 de maio.

Se che interesa esta proposta, podes coñecer máis información, inscribirte e descargar a ficha de envío de propostas aquí>


Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Marzo de 2024
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
            1 2 3
    4 5 6 7 8 9 10
    11 12 13 14 15 16 17
    18 19 20 21 22 23 24
    25 26 27 28 29 30 31
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego