CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Convocatorias


26-04-2018

Terceira edición do concurso de música infantil e xuvenil Quero Cantar!

Quero Cantar

A Deputación Provincial da Coruña publicou as bases da terceira edición do concurso de música infantil e xuvenil "Quero Cantar", que ten como obxectivo promover e difundir o uso da lingua galega e a creatividade poética e musical. O prazo é até o 19 de outubro de 2018.

Segue
24-04-2018

Chega a décimo quinta edición do Premio Luísa Villalta a Iniciativas Normalizadoras

Premio Luísa Villalta a Iniciativas Normalizadoras

Os SNL das tres universidades galegas, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, convocan o XV Premio Luísa Villalta a Iniciativas Normalizadoras, para premiar ideas e campañas para fomentar o uso do galego no ámbito universitario. Prazo: até as 14.00 h do 25 de outubro de 2018

Segue
02-04-2018

Convocadas as axudas da Xunta de Galicia dirixidas ás entidades locais para promoveren o uso da lingua galega

Servizos de normalización lingüística

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria anunciou a convocatoria de subvencións ás entidades locais para a promoción do uso da lingua galega. O prazo para solicitar estas axudas remata o 2 de maio.

Segue
21-03-2018

XIV Premio a artigos xornalísticos normalizadores do Concello de Carballo

XIV Premio a artigos xornalísticos normalizadores do Concello de Carballo

O Concello de Carballo, desde o seu Servizo de Normalización Lingüística (SNL) e en colaboración con nove medios de comunicación escrita, convoca a décimo cuarta edición do seu Premio a artigos xornalísticos normalizadores. O prazo de admisión de artigos estará aberto até o 20 de abril.

Segue
09-03-2018

IX Premio Rosalía de Castro de Lingua da Deputación da Coruña

Premio Rosalía de Castro de Lingua

A Deputación da Coruña publicou no BOP de hoxe a convocatoria da novena edición do premio “Rosalía de Castro” de Lingua. O obxectivo xeral deste galardón é recoñecer a promoción e dignificación desinteresada do noso patrimonio lingüístico. O prazo para presentar candidaturas finaliza o 30 de xuño.

Segue


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018

Avisos

    mes anterior
    Xaneiro de 2018
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
    1 2 3 4 5 6 7
    8 9 10 11 12 13 14
    15 16 17 18 19 20 21
    22 23 24 25 26 27 28
    29 30 31     
    Próximos eventos

    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • Asociate á CTNL
    • Gústame... o galego
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • Proposta para a mellora da planificación e xestión dos Celga
    • Traballarmos en dinamización lingüística | Isa Vaquero
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Axenda da lingua
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Kit para a normalización da lingua
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego