CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

CTNL


2355 votos
Votar | | | |


10-05-2012

Traballarmos en dinamización lingüística. Unha guía para mellorar o traballo de dinamización da lingua galega

Traballarmos en dinamización lingüística. Unha introdución
A CTNL publica, dentro da colección Documentos CTNL, Traballarmos en dinamización lingüística. Unha introdución, da autoría de Isabel Vaquero, unha guía que contextualiza a dinamización dentro da planificación lingüística, que analiza actuacións dinamizadoras e que ofrece unha metodoloxía de traballo


Traballarmos en dinamización lingüística. Unha introdución [.pdf, 2,31 MB]
Isabel Vaquero Quintela
Documentos CTNL 2
Páxinas: 68
Maio de 2012

Traballarmos en dinamización lingüística. Unha introdución é unha publicación que procura situar a dinamización no eido da planificación lingüística e dentro do proceso de normalización, que trata o concepto de dinamización lingüística, que analiza as actuacións de dinamización e que ofrece unha metodoloxía de traballo.

Na primeira parte, esta nova publicación da colección Documentos CTNL, da autoría da Isabel Vaquero, localiza a dinamización dentro da planificación lingüística, define os seus obxectivos, diferenza entre actuacións de sensibilización e de promoción e trata outros conceptos como conflito lingüístico ou normalización.

Nunha segunda parte define a dinamización lingüística e analiza os seus contidos, para logo, xa na terceira parte, analizar actuacións, usando para isto exemplos concretos e diferenciando entre actuacións para a sensibilización e actuacións para a promoción de ámbitos de uso, ademais de dedicarlle un apartado específico ás campañas. Neste terceiro apartado fálase de actuacións para desmontar prexuízos, do discurso, dos modelos alternativos de referencia, do estabelecemento de redes, ou da eficacia das actuacións.

Finalmente, no cuarto apartado, ofrécese unha metodoloxía de traballo, situándoo dentro dunha planificación, dando claves sobre a participación e analizando as fases de planificación, execución e seguimento e avaliación.

Coa edición deste documento a CTNL pretende facer máis eficiente o traballo de cara ao incremento do uso e do prestixio da lingua galega e pode ser, sen dúbida, unha ferramenta útil para as persoas que traballen en servizos de normalización lingüística, equipos de normalización de centros de ensino, asociación, entidades públicas, etc.

A autora
Isabel Vaquero Quintela é, desde hai anos, técnica de normalización lingüística da Universidade de Santiago de Compostela, onde traballa na Área de Dinamización Lingüística. Foi secretaria e na actualidade vogal da CTNL, e foi tamén coordinadora lingüística de galego21 (localización de software). Fixo diversas achegas relacionadas coa normalización e dinamización lingüística, entre as que se pode destacar "Os servicios de normalización lingüística: propostas básicas de funcionamento", xunto con Socorro García Conde (Cadernos de Lingua 14, 1996), ou Da periferia á rede, xunto con Daniel Romero (Xerais, 2001).

A colección
Documentos CTNL é unha colección de documentos electrónicos que naceu co obxectivo de elaborar, compilar e difundir materiais de referencia para o apoio, análise e proposta sobre o traballo en normalización lingüística. O primeiro número foi Revisar a corrección. Obxectivos e métodos para unha reparación textual eficiente nos servizos de normalización lingüística, de Manuel Bermúdez.

Descarga o documento completo en .pdf [2,31 MB]
Traballarmos en dinamización lingüística. Unha introdución, Isabel Vaquero Quintela

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017

Avisos

    mes anterior
    Marzo de 2017
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
        1 2 3 4 5
    6 7 8 9 10 11 12
    13 14 15 16 17 18 19
    20 21 22 23 24 25 26
    27 28 29 30 31   
    Próximos eventos

    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • Asociate á CTNL
    • Gústame... o galego
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • Proposta para a mellora da planificación e xestión dos Celga
    • Traballarmos en dinamización lingüística | Isa Vaquero
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Axenda da lingua
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Kit para a normalización da lingua
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego