CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Lingua


8449 votos
Votar | | | |


25-05-2012

O .gal, cada vez máis preto, presenta a candidatura para termos dominio galego en internet

puntoGAL
A candidatura para un dominio de Internet de primeiro nivel para a lingua e cultura galegas (.gal) está a piques de presentarse ante a ICANN, o ente que goberna os enderezos de Internet. O próximo martes 29 de maio será presentada publicamente na Cidade da Cultura



A ICANN, o ente que goberna os enderezos de Internet, pechará o prazo para remitir as propostas o próximo día 30 de maio, e a Asociación puntoGAL xa completou todos os trámites económicos, técnicos e administrativos para a solicitude do .gal.

Isto foi posíbel grazas ao traballo da Asociación puntoGAL, ao apoio dos máis de 100 socios/as e ás máis de 12.000 persoas que asinaron en liña.

Con este motivo, puntoGAL organiza unha presentación e unha mesa redonda o martes 29 de maio ás 12.00 h no auditorio da Cidade da Cultura. Nela participarán, entre outros, representantes da Fudació Puntcat (que xestiona o .cat), EGANET, Asociación Galega de Editores e Código Cero.

O acto servirá para explicar os prazos do exame da ICANN e as futuras formas de rexistro do .gal.

Desde puntoGAL sinalan que é fundamental "visualizar ben a forza social que hai detrás do .gal, algo que será determinante para superar o exame da ICANN e, posteriormente, facer do .gal un éxito que permita reverter os beneficios no fomento do galego nas novas tecnoloxías".


Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Marzo de 2024
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
            1 2 3
    4 5 6 7 8 9 10
    11 12 13 14 15 16 17
    18 19 20 21 22 23 24
    25 26 27 28 29 30 31
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego