05-06-2012VIII Curso de verán de dinamización lingüística: Xustiza social e dinamización lingüística
Un ano máis, o SNL da Universidade da Coruña, en colaboración coa CTNL, o Concello de Carballo e a SXPL, convoca o Curso de verán sobre dinamización lingüística, que nesta oitava edición leva por título "Dinamización lingüística e xustiza social". O curso terá lugar no Fórum Carballo os días 18, 19 e 20 de xullo. O prazo de inscrición xa está aberto
OBXECTIVOSO obxectivo principal deste curso é fortalecer a idea de normalización lingüística como máis unha causa para reivindicarmos a xustiza social. Ademais, isto serve para vincular a dinamización da lingua co ecoloxismo, o feminismo, a cooperación para o desenvolvemento, a defensa das persoas desfavorecidas, etc. Procurarase amosar a oportunidade e necesidade de conectar e crear vínculos entre diferentes espazos que procuran unha maior xustiza social. Ao mesmo tempo deseñaremos iniciativas para que os movementos, colectivos, asociacións etc., que desenvolvan esas causas asuman máis activamente a defensa da normalización lingüística como algo propio que ten que formar parte de seu da súa programación cotiá.
DATAS18, 19 e 20 de xullo de 2012
LUGARFórum Carballo [
Indicacións en Google Maps]
Rúa do Xílgaro s/n. A Milagrosa
Carballo
DURACIÓN20 horas
INSCRICIÓN-PRAZO: ata o 12 de xullo ás 14.00 h (ou até que se esgoten as prazas)
-LÍMITE DE PRAZAS: 80, por orde de inscrición
-PREZO:
30 € para os/as socios/as da CTNL (70 € matrícula xeral). A matrícula inclúe as 20 horas de formación, a actividade lúdica (concerto), os cafés de media mañá os tres días e os xantares do mércores e do xoves
-MATRÍCULA:
a matrícula debe facerse aquí, mediante os impresos de pagamento, cubríndoos, imprimíndoos, facendo o pagamento no banco ou caixa e enviando a copia validada polo banco no prazo de 48 horas ao enderezo electrónico
occocc@udc.es ou ao fax
981 167 013. No caso de matrícula reducida para estudantado, comunidade da UDC ou persoas desempregadas, é imprescindible achegar tamén o documento que certifique esta circunstancia.
No caso dos/as socios/as da CTNL, no correo eletrónico ou fax que envíen coa copia validada do banco, deben indicar que pagaron matrícula reducida (30 €) por seren socios/as da CTNL, e así xa o comproban na universidade a través da listaxe de socios/as.
PROGRAMAMÉRCORES 18 DE XULLO10.00 h Recepción
10.30 h Inauguración
11.00 h
A sustentabilidade lingüística desde a perspectiva da xustiza social-
Père Comellas (profesor da Universidade de Barcelona)
12.30 h Pausa-café
13.00 h
Legalidade e lexitimidade. A xustiza social e a xustiza xurídica. Proximidades e distancias-
Luís Villares (maxistrado da Audiencia Provincial de Lugo)
14.30 h Xantar conxunto
16.30 h
Pódese ser feminista e non defender o galego? Pódese defender o galego e non ser ecoloxista? Sobre coherencia e ligazón de causas-
Isabelle Kerdudo (activista no ámbito da ecoloxía e a lingua)
-
Laura Bugalho (activista no ámbito da emigración, as liberdades sexuais e o sindicalismo)
-
Ana Xesús López (activista no ámbito do feminismo)
18.00 h Descanso
18.30 h Grupos de traballo sobre coherencia e ligazón de causas xustas
XOVES 19 DE XULLO10.30 h
Liberdades sexuais, xustiza e defensa da diversidade lingüística-
Lucía Vázquez (activista no ámbito das liberdades sexuais)
12.00 h Pausa-café
12.30 h
Movementos sociais e uso do galego. Sobre lingua, activismo e intervención-
Séchu Sende (profesor e activista social)
14.00 h Xantar conxunto
16.30 h
Lingua e conexión de causas xustas no asociacionismo local-Senda Nova (asociación ecoloxista)
-Adiante (asociación para a cooperación)
-Proxectando (asociación xuvenil)
-Ceibo (asociación de persoas inmigrantes uruguaias)
18.00 h Descanso
18.30 h Grupos de traballo sobre acción e colaboración desde o ámbito da lingua con outros ámbitos
22.30 h Concerto de
Xoán Curiel. Na Cervexaría Dublín de Carballo
VENRES 20 DE XULLO10.00 h
Asociacionismo e reivindicación da lingua como causa xusta-
Mariló Candedo (presidenta de Nova Escola Galega)
-
Xoán Costa (presidente da AS-PG)
-
Marta Dacosta (directiva da AELG e CIG-Ensino)
11.30 h Pausa-café
12.00 h Conclusións e ideas
13.00 h
Tempos para a sustentabilidade da vida: lecturas feministas da crise e propostas de transformación-
Astrid Agenjo (economista experta en cidadanía e intervención da Universidade de Sevilla)
+Info no web do SNL da UdC >