CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

CTNL


1538 votos
Votar | | | |


12-06-2012

Xa te podes anotar para colaborar cos proxectos presentados no Viveiro de propostas normalizadoras

Viveiro de propostas normalizadoras
Despois da primeira xuntanza do Viveiro de propostas normalizadoras, publicamos agora os doce proxectos presentados, para que todas as persoas interesadas en colaborar con algún deles poidan facelo, anotándose para iso ata o 20 de xuño


A primeira xuntanza do Viveiro de propostas normaliadoras tivo lugar o día 30 de maio, e nela presentáronse varios proxectos e acordouse establecer un prazo para poder completar as fichas das ideas expostas.

Acordouse, tamén, despois dese prazo, publicar no web as fichas dos proxectos presentados para que as persoas que non asistiron á xuntanza poidan anotarse para colaborar con algún(s) deles.

Así, publicamos aquí as fichas coa explicación das ideas presentadas. Para anotarse a colaborar con algún destes proxectos débese enviar un correo a viveiro@ctnl.org até o 20 de xuño cos datos básicos (nome e apelidos, profesión/posto/perfil, etc., enderezo-e e teléfono) e indicando en que proxecto(s) se quere colaborar.

Despois desa data, desde a CTNL facilitarémoslle á persoa que propuxo cada proxecto os datos de todos/as interesados/as en colaborar nel e, a partir de aí, xa esa persoa contacta co grupo para iniciar o traballo, ben coordinándoo, ben buscando quen o coordine.

As PROPOSTAS presentadas son os seguintes:

A nosa tamén conta. Oficina de Atención ao Consumidor en Lingua (.pdf 121 Kb)
-Persoa que fai a proposta: David Cobas Medín
-Breve descrición: Trataríase de crear unha comisión e unha Oficina de Atención ao Consumidor en Lingua que se encargase de elevar peticións de atención en galego e de decidir que medidas se deben adoptar en cada caso

Agasallo. Proposta de regalos en galego (.pdf 156 Kb)
-Persoa que fai a proposta: Nel Vidal Barral
-Breve descrición: Proxecto para visibilizar o galego nos agasallos, principalmente na época de Nadal, a través dunha revista e dun sitio web con recomendacións de discos, camisolas, libros, cinema, banda deseñada, aparellos electrónicos, fragrancias, xogos, etc.

Circuíto de música/Galegote rock (.pdf 133 Kb)
-Persoa que fai a proposta: Conchi Cochón Rodríguez
-Breve descrición: Trátase de crear un circuíto de locais que acollan pequenos concertos de grupos ou solistas que fan música en galego

Club de Debate (.pdf 118 Kb)
-Persoa que fai a proposta: Conchi Cochón Rodríguez
-Breve descrición: Actividade para que a xente nova practique a comunicación oral en público, participando en debates por equipos, arredor dun tema coñecido de antemán

Módulo/curso de comunicación eficaz na empresa (.pdf 117 Kb)
-Persoa que fai a proposta: David Cobas Medín
-Breve descrición: Trátase de crear un módulo ou curso de formación lingüística e comunicación eficaz dirixido ao ámbito empresarial

Consolidación de lexislación en galego (.pdf 117 Kb)
-Persoa que fai a proposta: SNL da USC
-Breve descrición: Trátase dun proxecto en colaboración de técnicos/as de normalización lingüística e profesionais do Dereito para manter un repositorio dixital aberto de lexislación consolidada en galego

Estudo da transmisión/non transmisión do galego (.pdf 111 Kb)
-Persoa que fai a proposta: Begoña Caldas Rodríguez
-Breve descrición: Nas familias galegofalantes ás veces transmíteselles o galego ás/aos fillos e ás veces non, sen sabermos cal/es son os factores que inflúen decisivamente ou principalmente na transmisión/non transmisión do galego

Eu quero galego. Campaña de visibilización (.pdf 149 Kb)
-Persoa que fai a proposta: Nel Vidal Barral
-Breve descrición: Campaña xeral de visibilización do apoio de persoas a nivel individual ao proceso de normalización lingüística en xeral e en diferentes ámbitos, visibilizando ese apoio a través dunha foto nun photocall que percorra diferentes lugares e difundida na rede

O galego tamén é chave (.pdf 111 Kb)
-Persoa que fai a proposta: Soco García Conde
-Breve descrición: Deseño e aplicación dun programa de normalización para un territorio delimitado (barrio), xestionándoo co tecido social e económico da zona

Normativa Empresarial. Responsabilidade Social Corporativa (.pdf 128 Kb)
-Persoa que fai a proposta: Begoña Caldas Rodríguez
-Breve descrición: Propoñer a elaboración dunha normativa de responsabilidade social corporativa de respecto aos dereitos lingüísticos para trasladar ás empresas coas medidas do PXNLG

Propostas de dinamización para o tempo libre (.pdf 153 Kb)
-Persoa que fai a proposta: Olga Patiño Abeixón
-Breve descrición: Trátase dunha proposta en colaboración de TNL e profesionais da animación sociocultural para elaborar unha compilación de materias e dinámicas útiles en actividades de dinamización que provoquen a reflexión sociolingüísticos e o coñecemento da nosa realidade cultural

Visibilidade da lingua na prensa diaria (.pdf 47 Kb)
-Persoa que fai a proposta: Eva M.ª García Rei
-Breve descrición: Os medios de comunicación son os encargados, entre outras cousas, de difundir as novas xeradas dende as asociacións culturais e veciñais, as fundacións e institucións e os organismos públicos. Porén, por sistema non utilizan nunca a lingua galega

Se queres consultar a información sobre a primeira convocatoria do Viveiro, podes facelo aquí

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018

Avisos

    mes anterior
    Febreiro de 2018
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
          1 2 3 4
    5 6 7 8 9 10 11
    12 13 14 15 16 17 18
    19 20 21 22 23 24 25
    26 27 28     
    Próximos eventos

    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • Asociate á CTNL
    • Gústame... o galego
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • Proposta para a mellora da planificación e xestión dos Celga
    • Traballarmos en dinamización lingüística | Isa Vaquero
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Axenda da lingua
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Kit para a normalización da lingua
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego