CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

CTNL


2459 votos
Xa votaches!


26-11-2012

Pedimos a volta á transversalidade e ao consenso da política lingüística da Xunta coa conformación do novo goberno

Pedimos a volta á transversalidade e ao consenso da política lingüística da Xunta coa conformación do novo goberno
Desde a CTNL pedimos que Política Lingüística pase a ser unha área transversal no organigrama do novo goberno e non estea encadrada nas consellarías de Educación nin de Cultura. Ademais, é o momento de volver ao consenso que supuxo o PXNLG, polo que pedimos que xa o nomeamento do novo goberno sirva para visualizar un cambio de actitude


Cando en 2009 se formou o actual goberno galego, agora en funcións, desde a Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) consideramos "un lamentable paso atrás" que a Secretaría Xeral de Política Lingüística deixase de depender da Presidencia e fose relegada á Consellaría de Educación xa que "non se pode limitar a acción de Política Lingüística ao ensino, pois a lingua haina que fomentar en todos os ámbitos e sectores, como o empresarial, as novas tecnoloxías, a xustiza, a administración pública ou a sanidade, por exemplo, onde a Consellaría de Educación non ten ningún tipo de competencia".

Deste xeito, desde a entidade que agrupa ás persoas que traballan no ámbito da normalización, remitímoslle unha carta a Alberto Núñez Feijóo, que será investido presidente nos próximos días e que conformará un novo goberno, para solicitarlle que "a Secretaría Xeral de Política Lingüística estea posicionada na cúspide da organización, o que permitiría a transversalidade real e a acción nos diferentes ámbitos de goberno e sociais, algo imposible de desenvolver de xeito efectivo relegándoa a unha consellaría concreta".

Volta ao consenso do Plan xeral de normalización da lingua

Na mesma carta asinada polo presidente da CTNL, Nel Vidal, indícase que é o momento de volver ao consenso que supuxo o aprobado por unanimidade en 2004 Plan xeral de normalización da lingua galega (PXNLG), sobre todo a raíz da recente sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, na que se anulan, por ilegais, dous dos artigos básicos do coñecido como Decreto do Plurilingüismo, cuxa aprobación en 2010 supuxo a confirmación da ruptura unilateral do consenso do PXNLG por parte do goberno.

Deste xeito, desde a CTNL pedímoslle ao presidente da Xunta que xa coa "constitución do novo goberno se visualice un cambio de políticas e actitudes con respecto á lingua", e que, polo tanto, "se volva ao acordado no PXNLG, buscando retomar o consenso e o camiño da normalización lingüística progresiva, tanto no ensino como no conxunto de ámbitos sociais".


Ligazóns relacionadas


Carta da CTNL a Núñez Feijóo para pedir transversalidade e consenso na política lingüística

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017

Avisos

    mes anterior
    Outubro de 2017
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
                1
    2 3 4 5 6 7 8
    9 10 11 12 13 14 15
    16 17 18 19 20 21 22
    23 24 25 26 27 28 29
    30 31      
    Próximos eventos

    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • Asociate á CTNL
    • Gústame... o galego
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • Proposta para a mellora da planificación e xestión dos Celga
    • Traballarmos en dinamización lingüística | Isa Vaquero
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Axenda da lingua
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Kit para a normalización da lingua
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego