CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Lingua


1340 votos
Votar | | | |


27-11-2012

Gústame..., o Culturgal! Deste venres 30 ao domingo 2, en Pontevedra

Gústame..., o Culturgal! Deste venres 30 ao domingo 2, en Pontevedra
Música de todos os estilos, literatura para todos os gustos, variado audiovisual, artes escénicas para todos os públicos, deseño, novas tecnoloxías, comunicación... e lingua! A creación galega amósase en Culturgal, a feira das industrias culturais que ten lugar no Pazo da Cultura de Pontevedra do venres 30 ao domingo 2 de decembro, e na que desde a CTNL teremos unha sorpresiña e comezaremos unha nova acción...


Gústame..., a creación en galego! A ti tamén? Pois non podes faltar ao Culturgal!

Desde este venres 30, e durante tres días, o Pazo da Cultura de Pontevedra estará cheo de ideas, de proxectos, de propostas, de accións...

Se che gusta a música, alí tela en galego de todos os estilos. As novas tendencias da comunicación ou do deseño amosaranse en Culturgal. O melloriño da literatura, e das artes escénicas, e o audiovisual. A cultura que facemos en galego, toda xuntiña, e ao teu dispor!

Serán 70 entidades amosando as súas propostas e proxectos e máis de 140 actividades nun non parar de venres a domingo, e de balde!

E alí estará a CTNL, cunha sorpresiña... O inicio dunha acción que agardemos que che guste... Non podes deixar de vir, eh!?

-Lugar: Pazo da Cultura de Pontevedra
-Horario: de 11.00 h a 14.30 h e de 16.30 h a 21.30 h.

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018

Avisos

    mes anterior
    Febreiro de 2018
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
          1 2 3 4
    5 6 7 8 9 10 11
    12 13 14 15 16 17 18
    19 20 21 22 23 24 25
    26 27 28     
    Próximos eventos

    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • Asociate á CTNL
    • Gústame... o galego
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • Proposta para a mellora da planificación e xestión dos Celga
    • Traballarmos en dinamización lingüística | Isa Vaquero
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Axenda da lingua
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Kit para a normalización da lingua
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego