CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

CTNL


13269 votos
Votar | | | |


01-03-2013

Sábado 2 de marzo: asemblea da CTNL, xantar de confraternidade e Gústame o galego

Sábado 2 de marzo: asemblea da CTNl, xantar de confraternidade e Gústame o galego
Este sábado 2 de marzo a CTNL desenvolverá a súa Asemblea Xeral. Terá lugar pola mañá en Santiago de Compostela, e posteriormente celebrarase un xantar de confraternidade lingüística. Ao mesmo tempo, a acción Gústame o galego estará na Nave de Vidán


ASEMBLEA ANUAL DA CTNL
A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) reúnese en Asemblea Xeral Ordinaria este sábado 2 de marzo, a partir das 11.30 h, na Nave de Vidán, en Santiago de Compostela.
Na orde do día tratarase a xestión do último ano e as propostas de acción para o próximo período.
-DÍA: sábado 2 de marzo de 2013
-Hora da primeira convocatoria: 11.30 h
-HORA da segunda convocatoria: 12.00 h
-LUGAR: Restaurante Espazo Cultural A Nave de Vidán (Avda. da Mestra Victoria Míguez 44. Santiago de Compostela)

XANTAR DE CONFRATERNIDADE LINGÜÍSTICA
Disque sempre estamos coa lingua de fóra..., pois haberá que coller forzas! (mais seguiremos igual con ela de fóra, para que se vexa ben, eh!). Por iso, a CTNL organiza tamén un xantar de confraternidade lingüística de traballadoras e traballadores, dun ou doutro xeito, da normalización da lingua e achegad@s.
Celébrase xusto despois da asemblea, ás 14.30 h, no mesmo lugar, A Nave de Vidán.

GÚSTAME O GALEGO
E, xunto coa asemblea e o xantar, chega a Compostela a acción Gústame o galego.
Gustache..., que chedigan "qrt m8"?, ...que nos pubs poñan música en galego?, ...que non che traduzan o café con leite? Pois o sábado 2 de marzo podes vir ao almorzo, ao vermú ou ao xantar á Nave de Vidán e participar na campaña da CTNL Gústame o galego, que estará por aquí de 11.30 h a 14.30 h.
Tirarémosche unha foto coa frase que ti prefiras e levarás unha chapa de agasallo.
Mira como é a cousa en www.gustame.gl e anímate a dicir #gustameogalego


Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Setembro de 2018
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
              1 2
    3 4 5 6 7 8 9
    10 11 12 13 14 15 16
    17 18 19 20 21 22 23
    24 25 26 27 28 29 30
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego