CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Máis alá


16716 votos
Votar | | | |


22-04-2013

Do estigma á estima. Propostas para un novo discurso lingüístico

Do estigma á estima. Propostas para un novo discurso lingüístico
Este é o título do recentemente publicado libro de Valentina Formoso, no que, partindo dunha investigación cualitativa sobre o discurso arredor da lingua galega do alumnado de Secundaria, realiza propostas para mellorar o discurso para a normalización lingüística


Valentina Formoso (profesora de galego e voceira da CGENDL), autora de Do estigma á estima. Propostas para un novo discurso lingüístico, pregúntase neste libro cal é o motivo que leva a que pasados trinta anos da aprobación da Lei de normalización lingüística se sigan a oír, da boca dos falantes, afirmacións moi negativas arredor da lingua propia. E ademais de responder a esta cuestión, ofrece tamén alternativas co obxectivo de mudar a situación e de que se free a tendencia desgaleguizadora de hai décadas.

Esta obra baséase en grupos de discusión con mozos e mozas de educación secundaria de distintos contextos galegofalantes que, debido ás actitudes que posúen cara ao seu propio idioma e ás normas de uso social que teñen interiorizadas, mudan do galego ao castelán en determinadas situacións e mesmo abandonan a súa lingua definitivamente.

Cun estilo áxil e manexando argumentos rigorosos, a autora considera que cómpre mudar o imaxinario social do galego para que as persoas galegofalantes decidan conservar a lingua propia. Neste sentido, propón reformular as perspectivas de actuación no ensino, así como certos enfoques na planificación, promoción e normalización do galego, e recolle varias propostas sobre novos discursos e estratexias.

Edicións Xerais
320 Páxinas
ISBN: 978-84-9914-453-5
Prezo: 19,00€ IVE incluído
Abril 2013

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Xullo de 2017
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
              1 2
    3 4 5 6 7 8 9
    10 11 12 13 14 15 16
    17 18 19 20 21 22 23
    24 25 26 27 28 29 30
    31       
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego