CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Lingua


2230 votos
Votar | | | |


09-05-2013

Mariña Pérez Rei gaña o IX Premio a artigos xornalísticos normalizadores Concello de Carballo

Mariña Pérez Rei, gañadora do Premio a artigos xornalísticos normalizadores Concello de Carballo
"O sotaque de Aurelia" é o artigo co que a escritora e profesora Mariña Pérez Rei gañou a IX edición do certame a artigos para fomentar o uso do galego do Concello de Carballo, dotado con 1.000 euros e mais a publicación nunha ducia de medios


O xurado do IX Premio a artigos xornalísticos normalizadores reuniuse o luns 6 de maio, para decidir o artigo gañador deste certame, ao que se presentaron 46 traballos. Decidiu concederlle por unanimidade o premio, dotado con 1.000 euros e a publicación do artigo en De Luns a Venres, Diario de Bergantiños, Dioivo, El Correo Gallego, Galicia Confidencial, La Opinión de A Coruña, La Voz de Galicia, O Compás da Costa, Praza Pública, Que pasa na Costa, Sermos Galiza e Tempos Novos ao artigo titulado "O sotaque de Aurelia", de Mariña Pérez Rei. Segundo o xurado, o recoñecemento deste artigo débese á súa capacidade de incidencia en públicos amplos e variados, á súa calidade lingüística e estilística, á súa relación coa actualidade, ao manexo axeitado de recursos estilísticos e ao encadramento nun tema de actualidade, o despoxo de Aurelia Rei como metáfora e moito máis, que amplía o campo de incidencia do artigo a outros públicos alén dos estritamente interesados no debate sociolingüístico. O premio será entregado o mércores día 15 de maio nun acto púbico no Pazo da Cultura de Carballo que contará coa presenza do coñecido actor, autor e director teatral Carlos Blanco.

Mariña Pérez Rei (Ames, 1966) é escritora e profesora. Como escritora ten publicados poemarios como "Fanerógama" (2006), "Apuntamentos para un cuarto confuso e cambiante" (2009) ou "Paquidermo" (2010). En narrativa é autora de obras como "Canícula" (2007), "Costa necrópole" (2010) ou "Contrapicados" (2012). Gañou premios como o Eusebio Lorenzo Baleirón, o Lueiro Rei ou o Avilés de Taramancos. Como profesora exerce no instituto de Brión. O xurado do IX Premio a artigos xornalísticos normalizadores Concello de Carballo estivo composto por Belén Puñal, xornalista e colaboradora de diversos medios; Carlos M. Callón Torres, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística e gañador da edición de 2012; Xurxo Chapela, xornalista; e Nel Vidal, técnico de normalización lingüística do Concello de Carballo, como secretario, sen voto. Os obxectivos do premio son promover a reflexión sobre a situación social da lingua galega, crear espazos nos xornais para analizar e fomentar o uso do idioma galego e promover o emprego do galego na prensa escrita.

O xurado agradécelles a todos/as os/as autores/as a súa participación e sinala que «a convocatoria do Premio cumpre os seus obxectivos de promover a reflexión sobre a situación da lingua galega», e que «a calidade dos traballos presentados é alta», polo que anima os autores e as autoras non premiadas a procuraren difundir e publicar igualmente os seus artigos. Nas oito edicións anteriores deste certame foron premiados/as autores/as como Xurxo Fernández Carballido, Olga Patiño Abeixón, Ana Rodríguez Barreiro, Ramón Vilar Landeira, Miguel Mosquera Fociños, Séchu Sende, Kiko Novoa, Xesús Fraga, María Pilar García Negro, Marica Campo, Marcos Abalde ou Carlos Callón. O artigo gañador publicarase nos medios de comunicación colaboradores o domingo 19 de maio, no caso dos medios diarios, e no número inmediatamente posterior a esa data no caso dos medios non diarios.

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017

Avisos

    mes anterior
    Novembro de 2017
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
        1 2 3 4 5
    6 7 8 9 10 11 12
    13 14 15 16 17 18 19
    20 21 22 23 24 25 26
    27 28 29 30    
    Próximos eventos

    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • Asociate á CTNL
    • Gústame... o galego
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • Proposta para a mellora da planificación e xestión dos Celga
    • Traballarmos en dinamización lingüística | Isa Vaquero
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Axenda da lingua
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Kit para a normalización da lingua
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego