CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Convocatorias


14724 votos
Votar | | | |


09-05-2013

Se tes unha idea para fomentar o galego, podes ter premio!

Premio Luísa Villalta a iniciativas normalizadoras
Tes unha boa idea para o fomento do galego? Anímaste a deseñar unha campaña de normalización? Pois se es membro da universidade, a túa proposta pode ter premio! O Luísa Villalta a iniciativas normalizadoras chega á X edición e outorga 1.500 euros á mellor campaña de normalización e 1.000 euros á mellor idea para a promoción do galego


O X Premio Luísa Villalta a Iniciativas Normalizadoras está convocado polos servizos de normalización lingüística (SNL) das tres universidade galegas e nel pode participar calquera membro da universidade, ben a título individual, ben en equipo, como comisións de normalización, organizacións estudantís, etc.

MODALIDADES
O premio conta con dúas modalidades, cada unha cun premio diferente

-CAMPAÑA NORMALIZADORA: deseño dunha campaña que teña como obxectivo fomentar o uso do galego no ámbito universitario. A proposta deberá conter un punto de partida, os obxectivos que se perseguen, a metodoloxía que se vai empregar, as actividades que se pretenden desenvolver, a planificación temporal, as persoas implicadas e as que implica, a estimación orzamentaria, etc.
O premio: 1.500 euros

-IDEA PARA A PROMOCIÓN DO GALEGO: idea que explique razoadamente unha proposta que teña por obxectivo fomentar o uso do galego no ámbito universitario.
O premio: 1.000 euros

PARTICIPANTES
O concurso está dirixido a todos os membros da comunidade universitaria galega (Universidade da Coruña, Universidade de Santiago de Compostela e Universidade de Vigo), así como aos seus respectivos centros adscritos.
Poderanse presentar todas aquelas persoas que o desexaren de xeito individual ou en grupos. Coa constitución de equipos preténdese favorecer a participación dos colectivos que teñen entre os seus obxectivos pular pola normalización do galego, como as comisións de normalización lingüística, as asociacións estudantís, etc.

PRAZO
Para a presentación de proxectos hai de prazo até o 8 de novembro de 2013 (ás 14.00 h).

Bases e información completa aquí >

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Febreiro de 2018
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
          1 2 3 4
    5 6 7 8 9 10 11
    12 13 14 15 16 17 18
    19 20 21 22 23 24 25
    26 27 28     
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego