CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Formación


15534 votos
Votar | | | |


16-07-2013

Na procura de maior participación e implicación no proceso social de normalización lingüística

Como acadar a implicación cidadá en procesos sociais como o de normalización lingüística? Para iso está este Curso de verán sobre participación, implicación e traballo colaborativo que ten lugar en Carballo do mércores 17 ao venres 19 de xullo, e do que se fai seguimento nas redes sociais a través do hashtag #traballandoenlingua.


Un curso no que participan responsables e persoas implicadas en asociacións diversas, servizos e equipos de normalización, entidades varias, colectivos sociais, culturais, xuvenís..., e persoas interesadas en xeral que poden aplicar as dinámicas de participación e implicación a diversos ámbitos alén do sociolingüístico.

O programa completo pódese consultar aquí >

De “as portas están abertas” a “este proxecto é teu”; a importancia da democracia implicativa; experiencias de implicación desde a base ou desde entidades; a participación na dinamización en Euskal Herria; as potencialidade do xogo serio para a implicación en proxectos; a comunicación implicativa; etc. Estes son algúns dos temas que se traballarán neste curso que a Universidade da Coruña, en colaboración coa Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL), a Xunta e o Concello de Carballo, organiza do 17 ao 19 de xullo no edificio Forum Carballo.

Os obxectivos principais son reflexionar sobre o papel central da participación, a implicación e o traballo colaborativo nos procesos de cambio social e coñecer e procurar formas de busca e apoio da participación e implicación na dinamización lingüística.

Intervencións, mesas, propostas e grupos de traballo ao longo de tres días

Ao longo destes tres días intervirán persoas expertas como a arquitecta salvadoreña Alicia Tenze, da Rede Cimas, de profesionais comprometidos/as coa transformación social, que na conferencia inaugural falará sobre métodos e estratexias de implicación. Tamén se coñecerán experiencias de implicación galegas desde administracións, como o proxecto Sonda Norte, de Ribadeo, a través de Xavier Campos, ou a Rede de Entidades Amigas da Lingua, de Pontevedra, a través de Conchi Cochón; e a viceversa, con experiencias de implicación desde a base, coa intervención do dinamizador e contador Celso F. Sanmartín, do crego Rubén Aramburu ou de Paco Veiga, da Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional. Para pechar o día haberá unha sesión de xogos populares.

No segundo día, o técnico da cooperativa vasca Emun, Txerra Rodríguez, falará sobre a participación e a implicación no traballo dinamizador en Euskal Herria. A continuación, o coach madrileño e facilitador Lego Serious Play, Carlos Martínez, explicará as potencialidades innovadoras do “xogo serio” para a implicación en proxectos. Da man do dinamizador burelao Bernardo Penabade, as persoas participantes coñecerán métodos, estratexias e experiencias de implicación en dinamización lingüística, e, para pechar o día, Queca Carballo presentará o Viveiro de propostas normalizadoras da CTNL, a partir do que as participantes traballarán en diversas propostas.

E xa o último día, o venres 19 de xullo, a presidenta de Implicad@s no Desenvolvemento e educadora social, Ania Piñeiro, explicará métodos e experiencias para a comunicación implicativa. Da conferencia de clausura encargarase a consultora catalá en xestión pública e participación cidadá Marta Martorell, que falará de democracia implicativa para os procesos de cambio social.

En redes sociais como Facebook ou Twitter farase seguimento do curso a través do hashtag #traballandoenlingua

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Marzo de 2024
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
            1 2 3
    4 5 6 7 8 9 10
    11 12 13 14 15 16 17
    18 19 20 21 22 23 24
    25 26 27 28 29 30 31
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego