CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Lingua


1503 votos
Votar | | | |


03-02-2014

A Xunta convoca o concurso de mensaxes de amor en galego Lingua de namorar

Lingua de namorar 14
Co obxectivo de dinamizar o uso do galego nas relacións persoas da mocidade, a Xunta convoca unha nova edición de Lingua de namorar, concurso de mensaxes de amor para moz@s de até 35 anos. O prazo de presentación está aberto até o 23 de febreiro


Para participar neste concurso convocado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral de Xuventude, só hai que entrar en http://xuventude.xunta.es/linguadenamorar.html, premer no botón “Envía as túas mensaxes” e cubrir o formulario. Ademais da mensaxe ou mensaxes, cómpre indicar os datos persoais e de contacto.

Características das mensaxes
Cada participante poderá enviar un máximo de dúas mensaxes ao concurso Lingua de namorar (extensión máxima de 350 caracteres para cada mensaxe). Estas mensaxes deberán estar escritas en lingua galega e poderán redactarse en prosa ou en verso.

Categorías de idade e premios
Establécense tres premios por cada unha das categorías de idade:

Categoría A (de 14 a 19 anos):
-PlayStation 4 500 XB
-Mesa de mesturas de dj
-MP3 acuático

Categoría B (de 20 a 35 anos):
-Cámara Canon Réflex Dixital + actividade de aventura para dúas persoas
-GPS de montañismo + actividade de aventura para dúas persoas
-MP3 acuático + actividade de aventura para dúas persoas

Prazos de participación e votación
O prazo para enviar as mensaxes remata o domingo 23 de febreiro.

Do 24 ao 28 de febreiro abrirase o período de votación. As persoas que desexen votar polas súas mensaxes favoritas deberán cubrir o formulario que se habilitará para o efecto.

Xurado e resolución
O xurado do concurso reunirase unha vez rematado o prazo de votación e elixirá as declaracións gañadoras de entre as 50 declaracións máis votadas polos usuarios e usuarias en cada unha das categorías de idade.

Os nomes das persoas gañadoras publicaranse o 10 de marzo no sitio web do concurso.

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017

Avisos

    mes anterior
    Agosto de 2017
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
      1 2 3 4 5 6
    7 8 9 10 11 12 13
    14 15 16 17 18 19 20
    21 22 23 24 25 26 27
    28 29 30 31    
    Próximos eventos

    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • Asociate á CTNL
    • Gústame... o galego
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • Proposta para a mellora da planificación e xestión dos Celga
    • Traballarmos en dinamización lingüística | Isa Vaquero
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Axenda da lingua
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Kit para a normalización da lingua
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego