CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Formación


1712 votos
Votar | | | |


13-02-2014

Información sobre os cursos Celga en 2014

Celga
A Xunta de Galicia enviou nos últimos días unha comunicación informal aos concellos, a cal tamén foi publicada no web da Secretaría Xeral de Política Lingüística, en relación aos cursos preparatorios para as probas Celga en 2014. Damos aquí algunha información sobre esa comunicación


A comunicación da Secretaría Xeral de Política Lingüística

A comunicación chegou aos concellos nos últimos días, remitida desde a Dirección Xeral de Administración Local, e está tamén publicada no web da SXPL. Non ten data nin está asinada por ninguén.

Nela anúnciase a “próxima realización de cursos de lingua galega preparatorios para as probas dos niveis Celga 1, 2, 3 e 4” e dise que “é preciso que a Administración local [...] lle faga chegar á SXPL as demandas de formación do seus ámbito territorial”. Para iso, as entidades locais deben abrir un período de preinscrición para remitirlle á Xunta as solicitudes de cursos que teñan, como mínimo, 20 persoas preinscritas. As entidades locais teñen de prazo ata o 24 de febreiro para enviarlle a súa solicitude á Administración autonómica.

Que teñen que facer as entidades locais

Para poderlle enviar á Xunta a demanda de formación lingüística da localidade e que esta organice cursos alí, as entidades locais deben abrir un prazo de preinscrición en que as persoas interesadas deben entregar unha solicitude con, cando menos, os seguintes datos:
- Apelidos e nome
- Número de documento de identidade
- Teléfono de contacto
- Enderezo electrónico
- Autorización para que a entidade local lle poida facilitar os seus datos de carácter persoal á SXPL, consonte o disposto na Lei 15/1999, de protección de datos de carácter persoal.

Despois a entidade local débelle remitir ao Gabinete de Normalización Lingüística da súa provincia a solicitude que acompaña á comunicación enviada desde a Xunta, cos datos da entidade. Cando se solicite máis dun curso, a entidade local deberá achegar a listaxe de persoas preinscritas correspondentes a cada curso.

Que teñen que facer as persoas interesadas en participar nun curso Celga

Dirixirse a un concello para poder facer a preinscrición ou contactar cos Gabinetes provinciais de normalización lingüística, a través dos teléfonos ou enderezos electrónicos que indicamos máis abaixo.

Prazo

O prazo que teñen as administracións locais para enviarlle a súa solicitude á Xunta remata o 24 de febreiro, polo que os concellos deben abrir no seu ámbito un prazo de preinscrición que, necesariamente, remate antes desa data.

Criterios de programación dos cursos

Na comunicación informal remitida aos concellos non se especifican criterios de programación. Tan só que a SXPL “en función da demanda de formación e dos recursos dispoñibles, planificará a programación dos cursos”.

Formalización da matrícula por parte das persoas preinscritas

Despois de todo este procedemento, segundo a comunicación da SXPL, a Xunta “planificará a programación dos cursos, onde constarán os niveis de formación que se van impartir, a localidade, as datas e os horarios de realización”, e os gabinetes provinciais de normalización lingüística poñeranse en contacto coas persoas preinscritas “para que formalicen a súa inscrición”. Esa inscrición débena facer as persoas participantes “na entidade onde se vaia impartir o curso solicitado”.

Cando van ser os cursos

A única información dada desde a SXPL nesa comunicación é que van ser nos meses de abril e maio, sen especificar nada máis.

Datos de contacto e máis información

As entidades e persoas interesadas deben contactar cos Gabinetes de Normalización Lingüística provinciais:
> A Coruña: 981 184 898 / 981 182 350 / sxpl.acoruna@xunta.es
> Lugo: 982 294 162 / 982 294 162 / sxpl.lugo@xunta.es
> Ourense: 988 386 649 / 988 386 659 / sxpl.ourense@xunta.es
> Pontevedra: 986 805 956 / 986 805 957 / sxpl.pontevedra@xunta.es

- Comunicación enviada desde a Xunta (.pdf)>

- Solicitude de preinscrición para entidades locais (.doc) >


Desde a CTNL consideramos que este procedemento é un grave paso atrás con respecto ao xa nada conveniente procedemento dos anos anteriores, polo que pediremos a súa inmediata anulación. Ante os múltiples problemas detectados sempre na xestión e planificación dos cursos preparatorios para as probas Celga, desde hai anos levamos solicitando unha mellora nesta xestión e planificación, o que se concretou en diversas xuntanzas coa SXPL, en varias solicitudes e comunicados e, en xullo de 2012, na Proposta para a mellora da planificación e xestión dos Celga, elaborada e consensuada desde os diversos ámbitos relacionados cos Celga, mais que a Xunta nunca tivo quixo ter en conta e incluso agora dá este grave paso atrás.

Sexa como for, pese a todas as trabas que poñen con este procedemento e aos ridículos prazos, cremos que desde os servizos de normalización lingüística (SNL) debemos procurar que as, aínda que escasas, posibilidades de formación lingüística lle cheguen a todas as persoas interesadas, para que a cidadanía sufra o menos posible a mala xestión e o desleixo da Secretaría Xeral de Política Lingüística. Deste xeito, cremos que se debe procurar que lle cheguen á Xunta todas as solicitudes de cursos posibles e as demandas de formación real, polo que consideramos que desde os concellos se debe publicitar a convocatoria e a formación Celga canto máis mellor, o que non quita que se denuncie a mala xestión e planificación por parte da SXPL e que solicitemos que se corrixa de inmediato esa convocatoria.

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017

Avisos

    mes anterior
    Agosto de 2017
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
      1 2 3 4 5 6
    7 8 9 10 11 12 13
    14 15 16 17 18 19 20
    21 22 23 24 25 26 27
    28 29 30 31    
    Próximos eventos

    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • Asociate á CTNL
    • Gústame... o galego
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • Proposta para a mellora da planificación e xestión dos Celga
    • Traballarmos en dinamización lingüística | Isa Vaquero
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Axenda da lingua
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Kit para a normalización da lingua
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego