CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Máis alá


13537 votos
Votar | | | |


06-03-2014

Tribo: ferramenta normalizadora de loita cotiá

OPINIÓN: por Romina Bal e Txerra Rodríguez

Tribo: ferramenta normalizadora de loita cotiá
Fartas de ver como os nosos nenos e nenas son as únicas do parque que falan en galego, nunha sorte de marxinación que fai que se extinga o idioma, e cansos de que nos espazos públicos a nosa voz non se escoite, non conte, un grupo de pais e nais de Compostela decidiu organizarse para mudar as cousas...


...para facer resistencia á marxe das administracións, desde abaixo cara a arriba, para cambiar unha sociedade que permite que o maior dos seus tesouros non se herde, non floreza como debera.

A idea xurdiu en Carballo, nas Xornadas sobre Dinamización Lingüística que organiza todos os anos a CTNL. Partindo da idea do viveiro de propostas normalizadoras, uns pais e nais de Compostela acollieron a idea e levárona á práctica.

Á altura dos meses de xullo e de agosto de 2013 creouse en Compostela un grupo de whatsapp baixo o nome de Tribo, nunha iniciativa normalizadora que tiña como obxectivo reunir nun espazo común xente preocupada pola transmisión da lingua aos seus fillos e fillas. Alén de ideoloxías, maneiras de ver a maternidade e outras diferenzas, todos coincidimos na necesidade de que as nosas fillas e fillos fixeran equipa e brincasen en galego. Así que, vencidas as reticencias iniciais arredor da desconfianza de quedar con estraños no parque de Belvís, formamos un grupo de nenos cohesionado, de diferentes idades (0-13 anos) que se foi ampliando ata máis de trinta usuarios.

Non fai falta quedar todos os días, só cando se pode, á hora que precises sempre podes preguntar por onde andamos, os cativos e cativas van mandando e os pais e nais comparten a experiencia de velos xogar. Co paso dos días e dos meses son moitas as actividades que desde a Tribo se foron realizando, acudimos a concertos, contacontos (todos os martes de final de mes imos onde Celso Sanmartín na Gentalha do Pichel), exposicións, mercados ecolóxicos, paseos polo monte, por distintos espazos da cidade, de tapas polos bares, concertos para miúdos, museos, festas... Levamos mal os meses de choiva, pero ameazamos con ter unha primavera movida en canto pare de chover. Entre os nenos e as nenas conformouse un grupo sólido de amizade, de identidade, de prestixio e de reforzo da lingua.

Neste preciso momento cambiamos de canle, mudamos de sistema operativo, imos para o Galegram, fuxindo así de Mark Zuckerberg e apostando polo noso.

E por que non internacionalizar a iniciativa e levala a outras linguas, a outros espazos? Por que non encher outras cidades?

Segundo a sociolingüista navarra Paula Kasares, teñen máis importancia á hora de determinar pautas lingüísticas e á hora de adquirir coñecementos as interaccións coa xente da mesma idade ca os pais e as nais. Ela pon como exemplo os e as fillas de emigrantes que viven en Euskal Herria: as fillas dos galegos que viven alá falan castelán igual que a xente de alá, cos mesmos trazos dialectais que a xente de alá. É dicir, ten máis importancia a socialización que a transmisión.

Partindo desa hipótese, e tendo como referencia a experiencia de Compostela, uns pais e nais de Bilbo tamén crearon o seu grupo de whatsapp para ficar nas tardes e ir facer actividades xuntos: ir ao parque, saídas de fin de semana, actividades culturais …. E nestes momentos reúnense 19 nenas e nenos, algúns todos os dias e outros case todos. Non queren nestes momentos facer o grupo máis grande. Eles e elas cren que á mellor que os pais e nais se organicen e creen o seu grupo, no seu barrio.

Unha das nais que participa, Uxue, di as seguintes palabras: “O que máis valoramos é a cohesión que se creou entre nenos e nenas. Despois de seis meses, case son cuadrilla. Os pais e as nais tamén creamos a nosa pequena cuadrilla. Animamos os pais e nais de nenos euskaldúns nas zonas non moi vascófonas para que se xunten e creen grupos como este. É moi doado e dá moitos froitos”.

Pequenas propostas como esta, deixan ben claro que dar pasos cara á normalización lingüística está nas mans de todas e todos. Sen esperar a que fagan as demais.


Romina Bal é lingüista e foi redactora do desaparecido Galicia Hoxe e Txerra Rodríguez é sociolingüista vasco

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Xullo de 2018
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
                1
    2 3 4 5 6 7 8
    9 10 11 12 13 14 15
    16 17 18 19 20 21 22
    23 24 25 26 27 28 29
    30 31      
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego