CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Lingua


1244 votos
Votar | | | |


14-03-2014

A Xunta intenta prescindir do profesorado especializado na formación de galego para a acreditación Celga e ofrécelles os cursos a docentes de Lingua e Literatura de Secundaria

A Xunta intenta prescindir do profesorado especializado na formación de galego para a acreditación Celga e ofrécelles os cursos a docentes de Lingua e
A Secretaría Xeral de Política Lingüística está intentando prescindir do profesorado específico dos cursos de galego para persoas adultas, que denunciou a súa precaria situación laboral, e quere botar man de profesorado funcionario de Lingua e Literatura Galegas de Secundaria, sen garantir a capacitación axeitada para a formación lingüística da poboación en xeral, e pagándolle como horas extras


A Secretaría Xeral de Política Lingüística comezou a chamar estes días os equipos directivos dos centros de ensino e a algúns docentes co obxecto de ofrecerlle ao profesorado de Lingua e Literatura Galegas de secundaria e das Escolas Oficiais de Idiomas a docencia dos cursos preparatorios para a acreditación Celga, en concepto de horas extras. Esta decisión, da que non consta documento escrito (publicación oficial, circular…), tomouna a SXPL para evitar o recoñecemento dos dereitos laborais que o profesorado inscrito nas listaxes da propia Secretaría conseguiu a través dunha denuncia na Inspección de Traballo.

A CTNL quere mostrar a súa desconformidade con esta decisión, tanto pola problemática laboral que supón e que afecta a máis de cincocentas persoas que están inscritas nas listaxes de profesorado e que levan moitos anos impartindo estes cursos, como pola perda de calidade da formación que supón prescindir do profesorado especializado nesa formación concreta.

Por outra parte, a CTNL pídelles aos/ás docentes de galego de Secundaria que, antes de aceptaren impartir estes cursos, valoren o que supón, e o dano que, en caso de aceptaren, lles estarían a provocar ao sistema e, tamén, ás persoas que forman parte da listaxe de profesorado Celga, interferindo no conflito laboral que este colectivo ten aberto coa Xunta. Por isto, desde a CTNL facemos un chamamento para que se neguen a impartir estes cursos, tanto polo ben da estabilización do sistema de formación lingüística e pola súa calidade, como por non interferir no conflito laboral do profesorado especializado.

Ademais, a CTNL considera moi desafortunada, no contexto actual de desemprego, a opción elixida pola SXPL de pagarlle un extra ao profesorado que xa ten traballo e salario fixo e que non ten porque ter nin experiencia neste tipo de formación nin capacitación específica, en vez de optar pola contratación do profesorado especializado na formación lingüística en galego da poboación adulta.

Por último, a CTNL lamenta que desde a SXPL se estea a perder unha oportunidade única para implementar un novo modelo de xestión na formación de adultos e que xa leva tempo demandando. A proposta da CTNL, consensuada entre máis de 150 persoas implicadas no sistema Celga, foi debatida en varias reunións con representantes da SXPL e, a pesar diso, non só non se logrou avanzar, senón que se deron graves pasos atrás nalgúns dos seus aspectos, entre os que se encontra a situación do profesorado ou o cambio de procedemento de xestión dos cursos Celga deste ano, como denunciaron a propia CTNL e técnic@s de normalización lingüística hai uns días.

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017

Avisos

    mes anterior
    Agosto de 2017
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
      1 2 3 4 5 6
    7 8 9 10 11 12 13
    14 15 16 17 18 19 20
    21 22 23 24 25 26 27
    28 29 30 31    
    Próximos eventos

    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • Asociate á CTNL
    • Gústame... o galego
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • Proposta para a mellora da planificación e xestión dos Celga
    • Traballarmos en dinamización lingüística | Isa Vaquero
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Axenda da lingua
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Kit para a normalización da lingua
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego