CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Formación


983 votos
Votar | | | |


23-05-2014

Para a transmisión interxeracional do galego: X Curso de verán de dinamización lingüística #traballandoenlingua. Carballo, 9-11 de xullo

Traballando en lingua 2014
Cos obxectivos principais de coñecer e analizar condicionantes que rompen ou dificultan a transmisión interxeracional da lingua, de avaliar experiencias e de propor medidas de intervención que melloren a transmisión do galego, Carballo acolle un ano máis o Curso de verán de dinamización lingüística organizado pola UdC en colaboración coa CTNL. Ten lugar do 9 ao 11 de xullo e o prazo de matrícula xa está aberto


[Podes descargar o programa e a información completa do curso en .pdf aquí>]

PRESENTACIÓN
O Curso de verán sobre dinamización lingüística “Traballando en lingua” chega á súa décima edición. Un encontro anual estabilizado en que nos nove anos anteriores se fixeron análises, debates, reflexións e propostas de cara á mellora do proceso de normalización da lingua galega, traballando o discurso, os argumentos, as accións, a creatividade, a implicación, os métodos, etc.

E nesta décima edición decidimos centrar o traballo en algo fundamental, ou no fundamental, para o futuro da lingua: a transmisión interxeracional. Así, o programa centrarase na análise da transmisión interxeracional do galego, cos obxectivos de coñecer e analizar condicionantes que dificultan ou rachan esa transmisión, avaliar experiencias desenvolvidas e propor medidas e accións de intervención.

En definitiva, un curso que procura mellorar a transmisión interxeracional da lingua galega.

OBXECTIVOS
>Coñecer e analizar condicionantes que dificultan ou rompen a transmisión interxeracional da lingua galega.
>Avaliar experiencias de intervención desenvolvidas para a mellora da transmisión interxeracional do galego.
>Propor medidas de intervención que melloren a transmisión da lingua ás xeracións máis novas.

LUGAR E DATAS
Fórum Carballo. Rúa do Xílgaro s/n. A Milagrosa. Carballo
Mércores 9, xoves 10 e venres 11 de xullo de 2014

CUSTO
O custo da matrícula inclúe a participación en todas as actividades do curso, a documentación que se utilice, o xantar do mércores 9 e do xoves 10, a visita a Baldaio e os almorzos conxuntos dos tres días.
>Para socias/os da CTNL, estudantado das universidades e de FP, comunidade universitaria da UDC, persoas desempregadas e pensionistas: 30 €
>Para as demais persoas: 50 €

MATRÍCULA E PARTICIPACIÓN
O número de participantes está limitado a 70 persoas, por orde inscrición
O prazo de matrícula remata o día 4 de xullo.
A matrícula debe facerse a través da Oficina de Cursos da UdC: http://www.udc.es/occ/cursos_congresos_simposios/cursosveran/cursos2014/curso17.html

PROGRAMA
[Podes descargalo aquí en .pdf >]

MÉRCORES 9 > Contextualización, análise e experiencias

9.30 h a 10.00 h Recepción e entrega de documentación

10.00 h a 10.30 h Inauguración e benvida
-Representantes da CTNL, SXPL, Universidade da Coruña e Concello de Carballo

10.30 h a 12.00 h Conferencia marco
Transmisión interxeracional da lingua. Contextualización e factores determinantes
-Brauli Montoya. Catedrático de sociolingüística da Universitat d’Alacant

12.00 h a 12.30 h Café conxunto

12.30 h a 14.30 h Relatorio
A fractura da transmisión interxeracional da lingua galega. Canto, cando, como
-Xaquín Loredo. Sociolingüista da Real Academia Galega (RAG)
-Valentina Formoso. Sociolingüista, profesora e coordinadora xeral da CGENDL

14.45 h Xantar conxunto

16.30 h a 18.00 h Debate-entrevista
Ás nosas fillas e fillos transmitímoslles o galego, mais...
-Belén Regueira (moderadora). Xornalista, presentadora de radio e televisión
-Entrevista-debate con varias/os nais e pais

18.00 h a 18.30 h Descanso

18.30 h a 20.30 h Exposición e valoración de experiencias

A experiencia das desaparecidas liñas de Educación Infantil en galego
-Dolores Oubiña. Directora da EEI Pastora de Cambados

A experiencia das escolas infantís públicas
-Ana Abelenda. Educadora infantil da Galiña Azul

A experiencia do proxecto da Escola Infantil Raiola de Santiago
-Rita Iglesias. Directora de Raiola

XOVES 10 > Propostas de actuación

9.30 h a 10.30 h Experiencia e avaliación de intervencións desenvolvidas

Teño unha lingua, e non é de trapo
-Marta Besada. Ex-técnica do DLG do Concello de Santiago de Compostela

Do berce á rúa. Medra coa lingua
-Adela Pita. Técnica do SNL do Concello de Narón

10.30 h a 11.15 h Presentación de proposta
Prende no colo. Obradoiro de xogos de dedos, cantigas, recitados...
-Luís Prego. Profesor e autor dos libros Xogos musicais e Para cantar e bailar

11.15 h a 11.45 h Café conxunto

11.45 h a 12.30 h Presentación de proposta
Coñecemento e manexo de materiais en galego para escolas infantís
-Ruth Caramés. Deseñadora e dinamizadora

12.30 h a 14.30 h Actividade lúdica
Visita ao espazo natural Razo-Baldaio
Guiada por Senda Nova

14.45 h Xantar conxunto en Baldaio

17.00 h a 18.00 h Proposta de intervención
Presentación e explicación de proposta de intervención desde os SNL para fomentar e/ou mellorar a transmisión interxeracional do galego
-Conchi Cochón. SNL do Concello de Pontevedra
-Nel Vidal. SNL do Concello de Carballo
-Rosa Moreiras. SNL do Concello de Ames
-Soco García. DLG do Concello de Santiago de Compostela

18.30 h a 20.30 h Grupos de traballo e participación
Propostas para a mellora da transmisión interxeracional do galego

VENRES 11 > Propostas de actuación

10.00 h a 11.30 h Relatorio
Hai camiños para mellorar a transmisión interxeracional da lingua
-Paula Kasares. Sociolingüista da Universidade Pública de Navarra (UPNA)

11.30 h a 12.15 h Presentación de proposta
Obradoiro de cantos de berce
-Xabier Díaz. Cantor

12.15 h a 12.45 h Café conxunto

12.45 h a 14.00 h Conferencia de clausura
Para a transmisión interxeracional do galego
-Mariló Candedo, profesora da Universidade da Coruña (UdC)


ORGANIZA
Universidade da Coruña. Servizo de Normalización Lingüística

COLABORAN
-Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL)
-Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia
-Concello de Carballo

MÁIS INFORMACIÓN
Servizo de Normalización Lingüística UDC
snl@udc.es
Tfno.: 981 167 000 ext. 1042

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017

Avisos

    mes anterior
    Marzo de 2017
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
        1 2 3 4 5
    6 7 8 9 10 11 12
    13 14 15 16 17 18 19
    20 21 22 23 24 25 26
    27 28 29 30 31   
    Próximos eventos

    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • Asociate á CTNL
    • Gústame... o galego
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • Proposta para a mellora da planificación e xestión dos Celga
    • Traballarmos en dinamización lingüística | Isa Vaquero
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Axenda da lingua
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Kit para a normalización da lingua
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego