CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

CTNL


1794 votos
Votar | | | |


02-10-2014

Denuncian que non teñen en conta os/as técnicos/as para avaliar o cumprimento da Carta Europea das Linguas

Denuncian que non teñen en conta os técnicos para avaliar o cumprimento da Carta Europea das Linguas
A CTNL denuncia que o Comité de Expertos sobre linguas minoritarias non ten en conta o coñecemento, a visión nin a opinión dos/as técnicos/as que traballan no día a día no proceso de normalización lingüística nos diversos ámbitos e zonas do país


[Santiago de Compostela, 2 de outubro de 2014]

O Comité de Expertos sobre Linguas Minoritarias –organismo dependente do Consello de Europa encargado de velar polo cumprimento da Carta Europea das Linguas–, reunirase este luns 6 de outubro en Santiago de Compostela con diversas entidades para examinar o grao de cumprimento desa Carta europea por parte do goberno con respecto á lingua galega no período 2010-2013.

Para esa xuntanza, o Comité de Expertos convocou e pediulle información a algunhas entidades públicas e tamén a algúns colectivos sociais que, en diversos ámbitos, teñen entre os seus intereses a defensa da lingua, mais, segundo denuncian desde a Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL), «é curioso, e tamén preocupante, que non fosen convocados/as os/as técnicos/as de normalización lingüística, persoas expertas que coñecen moi ben a situación sociolingüística do día a día e de primeira man desde un punto de vista técnico». Deste xeito, Nel Vidal, presidente da entidade que reúne as traballadoras e traballadores de normalización lingüística, sinala que «é un erro que empobrece o informe do Comité de Expertos, pois ao ser a CTNL unha entidade que reúne as persoas que no día a día traballan en normalización lingüística desde diversas entidades, ámbitos e zonas, poderiamos achegar datos, información e opinións valiosas para que ese informe fose o máis completo e obxectivo posible».

O Comité de Expertos convocou algunhas entidades públicas e sociais, mais, engaden desde a CTNL, «a visión dos técnicos e das técnicas complementa a información, visión e opinión desas outras entidades convocadas», pois, indican, «somos quen xestionamos o proceso de normalización no día a día en entidades como concellos ou universidades, en ámbitos como a administración ou empresas, e xestionando accións de formación, de dinamización ou de asesoramento e que, polo tanto, coñecemos moi ben a situación, os problemas concretos ou as cousas que hai que mellorar nas diversas zonas do país e nos diversos sectores e ámbitos sociais».

Visión parcial do goberno
Desde a CTNL tamén se queixan da «parcialidade» do apartado sobre o galego do informe previo que elaborou o Estado sobre a situación lingüística de Galicia, onde «o goberno non recoñece practicamente ningún problema e pinta unha situación case ideal, moi afastada da realidade», polo que «xusto por ese motivo sería aínda máis importante que o Comité de Expertos europeo contase co coñecemento real da situación que pode achegar a CTNL, e coa visión e opinión dos/as técnicos/as de normalización».

Empeoramento da situación
Por último, lembran que o informe anterior do Consello de Europa era tremendamente crítico co goberno galego e denunciaba múltiples incumprimentos deste con respecto á lingua propia, «mais a situación aínda foi a peor, pois a acción da Xunta con respecto ao galego é de desleixo e desprotección total, polo que os incumprimentos da Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias non deixan de incrementar no ensino, na administración, na xustiza, etc.».

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017

Avisos

    mes anterior
    Novembro de 2017
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
        1 2 3 4 5
    6 7 8 9 10 11 12
    13 14 15 16 17 18 19
    20 21 22 23 24 25 26
    27 28 29 30    
    Próximos eventos

    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • Asociate á CTNL
    • Gústame... o galego
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • Proposta para a mellora da planificación e xestión dos Celga
    • Traballarmos en dinamización lingüística | Isa Vaquero
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Axenda da lingua
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Kit para a normalización da lingua
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego