CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Lingua


11405 votos
Votar | | | |


05-11-2014

E Gústame o galego chega a... Barcelona!

E Gústame o galego chega a... Barcelona!
Aló onde hai xente á que lle gusta o galego é a onde procura chegar o fotocol da lingua, o posadoiro de Gústame o galego. E, neste caso, por vez primeira, estará fóra do país, mais onde tamén se estima moito o noso idioma. Este xoves, día 6, en Catalunya!


Xa percorreu todo o país, xa participaron arredor de 7.000 persoas, xa lle naceron irmás no País Valenciá, xa se falou dela en distintas xornadas en varias universidades galegas e internacionais e, agora, por vez primeira, o máis famoso posadoiro galego, o da lingua, o que serve para dicir "Gústame o galego", estará fóra do país, mais será nun lugar onde tamén hai moita xente á que lle gusta o galego.

Este xoves, día 6 de novembro, o noso fotocol estará no día grande, na Festa Major da Universidade Autònoma de Barcelona, dentro da Fira de entitats que se celebra na Praça Cívica da capital catalá.

Quen facilita que as persoas galegas e non galegas que, estando en Barcelona, queren que se saiba que lles gusta a nosa lingua, é a Área de Galego do Departament de Filologia Francesa i Romàniques da UAB.

O horario será de 13.00 h a 18.00 h.

Pois iso, que en Catalunya tamén din... Gústame o galego!

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Xullo de 2018
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
                1
    2 3 4 5 6 7 8
    9 10 11 12 13 14 15
    16 17 18 19 20 21 22
    23 24 25 26 27 28 29
    30 31      
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego