CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

CTNL


366 votos
Votar | | | |


12-03-2015

As túas achegas son necesarias para os proxectos que cómpre levarmos adiante. Participas?

As túas achegas son necesarias para os proxectos que cómpre levarmos adiante. Participas?
Ti tes unha chea de propostas e ideas que desde a CTNL temos que aproveitar. Opinión de como enfocar un proxecto, suxestións de temas ou persoas para participar nunha xornada, experiencia en como organizar algo, propostas para mellorar unha campaña, tempo para botar unha man, ideas para facermos cousas...


E por falta de proxectos que se poden mellorar coas túas ideas non é! Ademais, estes sempre é mellor planificalos e desenvolvelos colaborativamente, coa participación, opinión e implicación de persoas varias, non?

Entón, podemos contar contigo?

Para iso, para mellorarmos ou desenvolvermos algúns dos proxectos previstos para os vindeiros meses, imos crear unha serie de grupos de traballo, algúns máis e outros menos concretos, algúns máis e outros menos puntuais, nos que te convidamos a participar:

  • Proposta para maior visibilización da lingua nas Letras: para falar e desenvolver unha proposta coa que a lingua, e o seu futuro en todos os ámbitos, teña un maior protagonismo nas programacións das Letras Galegas. Este é un grupo temporal e bastante urxente...

  • Planificación das accións de peche de Gústame o galego: para a convocatoria e difusión dun concurso de canción de Gústame o galego e, despois, o videoclip e as accións de peche desta campaña.

  • Xornada de transmisión de ideas para o futuro da lingua: para planificar esta xornada, propor contidos e nomes, ideas de organización e desenvolvemento, etc.

  • XI Curso de verán de dinamización lingüística. Cambio e afianzamento lingüístico na mocidade: para propor ideas, dinámicas, contidos e nomes para o programa.

  • Agasallo.eu: para propor ideas, melloras, etc., neste proxecto de propostas de regalos en galego.

  • Como cho digo ;-): para propor ideas, melloras, etc., neste proxecto e planificar unha maior difusión e implicación de persoas, entidades e medios

Cada un destes grupos será coordinado por unha persoa, e nel poden participar todas as que se anoten. Cada grupo poderá ter un funcionamento distinto, a súa propia dinámica, mais, en xeral, aínda que haxa algunha xuntanza física, a idea é que boa parte do traballo se faga a través do correo electrónico, intercambiando ideas, propostas, tarefas, etc. E o tempo que lle dediques será o que ti queiras ou poidas dedicarlle...

Que, anímaste?

Pois entón cubre e envía este formulario ata o 19 de marzo indicando en que grupo(s) queres participar e así xa comezas a formar parte del.

Veña, que entre todas e todos faremos que estes proxectos saian ben! ;-)

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017

Avisos

    mes anterior
    Novembro de 2017
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
        1 2 3 4 5
    6 7 8 9 10 11 12
    13 14 15 16 17 18 19
    20 21 22 23 24 25 26
    27 28 29 30    
    Próximos eventos

    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • Asociate á CTNL
    • Gústame... o galego
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • Proposta para a mellora da planificación e xestión dos Celga
    • Traballarmos en dinamización lingüística | Isa Vaquero
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Axenda da lingua
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Kit para a normalización da lingua
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego