CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Lingua


362 votos
Votar | | | |


23-03-2015

Doce concellos procurarán mellorar a socialización en galego na infancia co proxecto Apego

Acto de sinatura para a posta en marcha do proxecto Apego
Ante a preocupante situación da adquisición, socialización e uso do galego nas idades máis temperás, doce concellos queren mudar as cousas e toman a iniciativa a través do proxecto Apego. Son A Baña, Carballo, Carnota, Ferrol, Narón, Negreira, Ourense, Pontevedra, Redondela, Rois, Santiago de Compostela e Vigo


Apego é afección, inclinación ou amor por algo ou alguén. Apego é vínculo. Apego é sintonía, empatía. O apego é necesario para o desenvolvemento social e emocional. E o apego é fundamental para a lingua.

Este luns día 23 de marzo doce concellos galegos asinaron en Compostela o compromiso para a posta en marcha do proxecto Apego, para a socialización en galego desde a primeira infancia, e que procurará implicar as familias na valoración positiva da lingua propia. Para isto as diferentes fases do proxecto axudarán a tecer redes de apoio para a transmisión do galego como idioma de relación, descuberta do mundo e identificación coa familia e coas raíces, co propio. Así, os obxectivos do programa Apego son, por unha banda, incrementar a porcentaxe de nenos e nenas que adquiren o galego como lingua inicial e, por outra, promover que o usen de maneira habitual e que teñan espazos, situacións e recursos para facelo, polo que incluirá accións dirixidas ao ámbito familiar e social das crianzas ata os seis anos e cun método de continuidade que se irá enriquecendo en rede, coa colaboración de todos/as.

IMAXE, CAMPAÑA, MATERIAIS DE BENVIDA AO MUNDO, DISCO...

Entre as accións de Apego que foron comprometidas polos doce concellos participantes está o deseño dunha imaxe común para o programa; a edición dunha campaña informativa con material para distribuír nos espazos que habitualmente atenden ao embarazo e á adopción; a produción e distribución de 5.000 caixas con materiais como un libro de recomendacións, un álbum de primeiras experiencias, unha manta-apego, un medidor, etc., para entregarlles ás persoas que agardan un fillo ou filla coa finalidade de preparar a acollida das crianzas, dende a perspectiva da responsabilidade da transmisión da lingua, ou a produción e distribución de 5.000 discos con cancións infantís en galego de grupos variados para diferentes momentos e con diferentes motivos. O programa Apego buscará tamén a creación dunha rede coas familias interesadas en recibir información e recursos de apoio para a crianza en galego.

Estas actividades completaranse con obradoiros formativos, con ctividades dirixidas á primeira infancia e coa creación dun espazo-web para informar do desenvolvemento do programa e aglutinar o acceso á información, recursos e redes de apoio á transmisión da lingua.

PROXECTO COLABORATIVO E COOPERATIVO DESENVOLVIDO DESDE OS SERVIZOS DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

O proxecto Apego naceu a partir do Curso de verán de dinamización lingüística que organizou a Universidade da Coruña, en colaboración coa CTNL, en Carballo, e que tivo lugar no mes de xullo centrado na transmisión interxeracional da lingua (Vídeo con +info aquí). A partir de aí, varios/as técnicos/as dos servizos de normalización lingüística (SNL) fórono desenvolvendo e propuxéronlles a implementación do programa a todos os concellos que contan con estes servizos, e foron doce os que, para procurar mellorar a situación da lingua nas idades máis temperás, se comprometeron a executalo. Son A Baña, Carballo, Carnota, Ferrol, Narón, Negreira, Ourense, Pontevedra, Redondela, Rois, Santiago de Compostela e Vigo.

Na sinatura do protocolo de colaboración, ademais de representantes dos doce concellos impulsores desta iniciativa, tamén participaron cos seus arrolos os músicos Xabier Díaz e Guillerme Fernández.

A implementación de Apego comezará a principios do mes de maio.

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017

Avisos

    mes anterior
    Agosto de 2017
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
      1 2 3 4 5 6
    7 8 9 10 11 12 13
    14 15 16 17 18 19 20
    21 22 23 24 25 26 27
    28 29 30 31    
    Próximos eventos

    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • Asociate á CTNL
    • Gústame... o galego
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • Proposta para a mellora da planificación e xestión dos Celga
    • Traballarmos en dinamización lingüística | Isa Vaquero
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Axenda da lingua
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Kit para a normalización da lingua
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego