CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Lingua


391 votos
Votar | | | |


09-04-2015

Para o uso, prestixio, coñecemento e difusión da lingua, a dobraxe audiovisual é imprescindible

Para o uso, prestixio, coñecemento e difusión da lingua, a dobraxe audiovisual é imprescindible
Para podermos gozar de películas na nosa lingua, para ter oferta de lecer en galego, para contribuír á difusión do noso maior patrimonio, para acceder a realidades alleas a través da nosa visión propia e da nosa principal ferramenta de comunicación, para facilitar o coñecemento da lingua, para facer que os principais referentes audiovisuais de todas as idades tamén falen galego..., queremos dobraxe, necesitamos dobraxe


Desde a Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) consideramos a dobraxe fundamental para o proceso de normalización lingüística, e o seu sector profesional imprescindible para o seu desenvolvemento, polo que, por un lado, denunciamos o irresponsable abandono que desde a Xunta de Galicia e desde a TVG se está a facer e, por outro lado, apoiamos as propostas feitas desde a Asociación de Profesionais da Rama Artística da Dobraxe en Galicia (Apradoga).

Porque é imprescindible a nosa lingua no audiovisual e porque é imprescindible o papel normalizador que a TVG debe cumprir, que, ademais, é unha das finalidades da súa creación e existencia. Por iso desde a Xunta e desde a TVG non se pode seguir a abandonar a dobraxe, e cómpre, ademais, o seu impulso e a procura de acordos con outras canles, distribuidoras e produtoras que permitan que as películas, series, debuxos animados, etc., dobrados ao galego cheguen a canto máis público mellor a través das distintas canles de televisión, das salas de cine ou do mercado audiovisual, cunha atención especial ás creacións audiovisuais dirixidas ao público infantil e xuvenil.

Por todo isto, desde a CTNL apoiamos as medidas e propostas que inclúe o Informe do sector da dobraxe en Galicia [.pdf] elaborado por Apradoga, e no que se pide que se deixe de recortar en horas de dobraxe, a potenciación da dobraxe de programación infantil e xuvenil, a aposta pola calidade lingüística nas contratacións, a actualización das series e filmes dobrados hai tempo para adaptalos aos criterios lingüísticos actuais, ou o cumprimento do Plan xeral de normalización da lingua galega (PXNLG), que establece que o goberno galego debe promover, cando menos, a dobraxe a galego de dez filmes ao ano dos que presenten maiores expectativas comerciais e a sinatura de convenios coas principais distribuidoras para que inclúan a versión en galego nos filmes en soporte de DVD.

A lingua galega necesítao.


Ligazóns relacionadas


Informe do sector da dobraxe en Galicia (Apradoga, 2014) [.pdf]

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017

Avisos

    mes anterior
    Novembro de 2017
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
        1 2 3 4 5
    6 7 8 9 10 11 12
    13 14 15 16 17 18 19
    20 21 22 23 24 25 26
    27 28 29 30    
    Próximos eventos

    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • Asociate á CTNL
    • Gústame... o galego
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • Proposta para a mellora da planificación e xestión dos Celga
    • Traballarmos en dinamización lingüística | Isa Vaquero
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Axenda da lingua
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Kit para a normalización da lingua
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego