CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

CTNL


741 votos
Votar | | | |


18-06-2015

Para a implicación das deputacións no fomento do galego

Para a implicación das deputacións no fomento do galego
Debido a que nas vindeiras semanas se constituirán os plenos e gobernos das deputacións, desde a CTNL remitímoslles nos últimos días a todas as organizacións políticas unha proposta para a implicación dos entes provinciais no fomento do galego. Coñece aquí en que consiste...


Entre finais de xuño e a primeira quincena de xullo está previsto que se constitúan os plenos e os gobernos das catro deputacións galegas, polo que, desde a Coordinadora de Traballadores/as de Normalización Lingüística (CTNL) puxémonos en contacto con todas as organizacións políticas con representacións nelas para facerlles unha proposta para implicar esas institucións no fomento activo do galego, para que se teña en conta á hora de formar os gobernos, de planificaren as liñas de acción para a lexislatura ou de chegaren a acordos con outras organizacións para acordar esas liñas de acción, de xeito que os entes provinciais desenvolvan un necesario papel activo no proceso de normalización da lingua galega.

O punto de partida desta proposta é que as deputacións, que deben ter como finalidade principal a de colaborar e cooperar na xestión da actividade municipal, deben asumir tamén as súas responsabilidades e obrigas no ámbito da normalización lingüística, impulsando, colaborando e cooperando cos concellos para que estes poidan contar con servizos e desenvolver accións e medidas de cara ao fomento do uso e prestixio da lingua galega en todos os ámbitos sociais. Deste xeito, a proposta da CTNL concrétase en tres puntos básicos:

1. Que desde cada deputación se cree un programa de cooperación para o fomento do galego desde os concellos, para que estes poidan contar con servizos de normalización lingüística co obxectivo de incrementar o uso e prestixio da lingua galega en todos os ámbitos sociais dos municipios e comarcas..

2. Que cada deputación conte cun Servizo de Normalización Lingüística propio que, ademais da acción normalizadora no seo da propia entidade, sexa o organismo técnico encargado de planificar accións de fomento do uso e prestixio do galego para seren implementadas en colaboración cos SNL dos concellos e outras entidades, para que así cheguen ao maior número de ámbitos, sectores e cidadáns e cidadás posible, e de xeito planificado e coordinado.

3. Que cada deputación elabore, aprobe e aplique un plan de actuación e/ou regulamento transversal para o fomento da lingua a través do que se establezan criterios lingüísticos e medidas transversais en todas as súas accións e áreas de actuación, de xeito que con todas elas se procure o incremento social do uso e prestixio do galego. Esas medidas e criterios lingüísticos básicos débense ter en conta tanto en accións propias que cada deputación desenvolva en todas as súas áreas como naquelas bases ou criterios que se apliquen á hora de conceder subvencións, de asinar convenios, de concesionar servizos, etc.

A proposta completa pódese descargar en .pdf aquí >

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017

Avisos

    mes anterior
    Agosto de 2017
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
      1 2 3 4 5 6
    7 8 9 10 11 12 13
    14 15 16 17 18 19 20
    21 22 23 24 25 26 27
    28 29 30 31    
    Próximos eventos

    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • Asociate á CTNL
    • Gústame... o galego
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • Proposta para a mellora da planificación e xestión dos Celga
    • Traballarmos en dinamización lingüística | Isa Vaquero
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Axenda da lingua
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Kit para a normalización da lingua
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego