CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

CTNL


337 votos
Votar | | | |


22-02-2016

Anxos Sobriño, nova presidenta da CTNL

Anxos Sobriño
Na Asemblea Xeral que tivo lugar o sábado 20 de febreiro foi elixida, por unanimidade, a nova directiva da CTNL, que encabeza Anxos Sobriño, con Rosa Moreiras como secretaria e Queca Carballo como tesoureira.


Coincidindo coa celebración dos 20 anos da CTNL, a entidade das persoas que traballan en lingua tamén desenvolveu a súa Asemblea Xeral anual, na que, ademais da avaliación e aprobación da xestión, contas e proxectos, tamén se elixiu nova Xunta Directiva.

Así, Anxos Sobriño asumiu a presidencia en substitución de Nel Vidal, quen estivo á fronte da entidade durante os últimos nove anos. O resto do equipo directivo electo está formado por Rosa Moreiras, como secretaria (técnica de normalización lingüística do Concello de Ames), Queca Carballo, como tesoureira (lingüista da Aula de Produtos Lácteo da USC) e as/os vogais Adela Pita (do Concello de Narón), David Cobas (formador e dinamizador lingüístico), Dores S. Alegre (da Deputación da Coruña), Silvia Muíño (do Concello de Betanzos), Soco G. Conde (do Concello de Santiago de Compostela) e Tono Formoso (da empresa Fabaloba).

A nova presidenta, Anxos Sobriño (O Rosal, 1971) é licenciada en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago de Compostela (USC). Traballou no Instituto da Lingua Galega (ILG) e como técnica de normalización lingüística no Concello do Rosal. Posteriormente foi durante tres anos tradutora intérprete na Dirección Xeral de Xustiza da Xunta e, desde 2005, é técnica superior lingüista na Audiencia Provincial de Pontevedra.

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017

Avisos

    mes anterior
    Agosto de 2017
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
      1 2 3 4 5 6
    7 8 9 10 11 12 13
    14 15 16 17 18 19 20
    21 22 23 24 25 26 27
    28 29 30 31    
    Próximos eventos

    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • Asociate á CTNL
    • Gústame... o galego
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • Proposta para a mellora da planificación e xestión dos Celga
    • Traballarmos en dinamización lingüística | Isa Vaquero
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Axenda da lingua
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Kit para a normalización da lingua
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego