CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Convocatorias


335 votos
Votar | | | |


10-03-2016

XII Premio a artigos xornalísticos normalizadores do Concello de Carballo

XII Premio a artigos normalizadores Carballo
O Concello de Carballo, desde o seu Servizo de Normalización Lingüística (SNL) e en colaboración con diversos medios de comunicación escrita, convoca a décimo segunda edición do seu Premio a artigos xornalísticos normalizadores. O prazo de admisión de artigos está aberto até o 14 de abril.


Os obxectivos deste premio son promover a reflexión sobre a situación social da lingua galega, crear espazos nos xornais para analizar e fomentar o uso e prestixio do idioma galego e promover o seu uso na prensa.

Características dos textos
Os artigos serán de opinión e inéditos e ter entre 1800 e 3300 caracteres con espazos incluídos. Neles deberase tratar algún tema sobre a situación sociolingüística do noso país, o fomento da lingua galega, o seu status, o argumentario a prol do uso do galego, a lexislación e os dereitos lingüísticos, experiencias sociolingüísticas concretas, propostas para o impulso do uso e prestixio social do galego, experiencias útiles ou favorables para a dinamización da lingua, política lingüística, etc.

Prazo e lugar de presentación
A recepción de traballos está aberta até o 14 de abril e poderán presentarse no rexistro do Pazo da Cultura de Carballo ou en calquera oficina de correos, enviándoos por correo certificado.

Premio
Outorgarase un premio económico ao artigo gañador, dotado con 1000 euros, ademais da difusión nos diversos medios de comunicación colaboradores coa iniciativa: Diario de Bergantiños, El Correo Gallego, Galicia Confidencial, La Opinión de A Coruña, La Voz de Galicia, Praza Pública, Que pasa na Costa, Sermos Galiza e Tempos Novos.

As bases completas, en pdf, poden consultarse a través do web do Concello de Carballo, aquí >

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017

Avisos

    mes anterior
    Novembro de 2017
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
        1 2 3 4 5
    6 7 8 9 10 11 12
    13 14 15 16 17 18 19
    20 21 22 23 24 25 26
    27 28 29 30    
    Próximos eventos

    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • Asociate á CTNL
    • Gústame... o galego
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • Proposta para a mellora da planificación e xestión dos Celga
    • Traballarmos en dinamización lingüística | Isa Vaquero
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Axenda da lingua
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Kit para a normalización da lingua
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego