CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Convocatorias


198 votos
Votar | | | |


15-03-2016

Premio ao mellor proxecto de webserie en galego no Carballo Interplay

Premio proxecto webserie en galego
O Festival de Contidos Dixitais Carballo Interplay convoca nesta III edición un premio ao mellor proxecto de webserie en galego, co obxectivo de incentivar a produción audiovisual na nosa lingua.


Co fin de “fomentar a creación dixital innovadora, en lingua galega e para o mundo", en palabras da súa directora, Sonia Méndez, o Festival de Contidos Dixitais Carballo Interplay convoca un premio ao mellor proxecto de webserie en galego.

Premio
Este premio terá unha dotación económica de 1.500 euros, que se deberán destinar á producións de, polo menos, tres capítulos da webserie.

Prazo
Poderán presentarse proxectos ata o 11 de abril de 2016.

Proxectos finalistas
Entre todos os proxectos recibidos o comité de selección do festival escollerá un máximo de cinco proxectos. Os finalistas terán que defender o seu proxecto cun piching ante os membros do xurado específico para esta convocatoria. O piching será aberto ao público e terá lugar o 5 de maio no Auditorio do Pazo da Cultura do Concello de Carballo.

Xurado específico
O xurado específico estará composto por profesionais do mundo das webseries e da produción en liña, do audiovisual e da dinamización lingüística, un representante do Concello de Carballo e un representante do equipo directivo do festival. Valorarase a creatividade e orixinalidade da proposta, así como a súa viabilidade de cara á produción.

Información sobre o festival aquí>


Ligazóns relacionadas


Bases completas do premio en .pdf>

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017

Avisos

    mes anterior
    Agosto de 2017
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
      1 2 3 4 5 6
    7 8 9 10 11 12 13
    14 15 16 17 18 19 20
    21 22 23 24 25 26 27
    28 29 30 31    
    Próximos eventos

    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • Asociate á CTNL
    • Gústame... o galego
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • Proposta para a mellora da planificación e xestión dos Celga
    • Traballarmos en dinamización lingüística | Isa Vaquero
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Axenda da lingua
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Kit para a normalización da lingua
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego