CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

CTNL


5391 votos
Votar | | | |


30-03-2016

Que ben traballamos en grupo! Grazas ás túas achegas os proxectos melloran. Anímaste a participar?

Traballamos en lingua
Tes unha chea de propostas e ideas para mellorar o traballo da CTNL: opinións sobre como enfocar un proxecto, suxestións de temas ou persoas para participar nunha xornada, experiencia para organizar actividades, propostas para mellorar unha campaña, tempo para botar unha man, ideas orixinais...


Xa sabes que os proxectos melloran cando se planifican e desenvolven colaborativamente, coa participación, opinión e implicación de persoas varias.
E aquí proxectos non faltan...

Entón, podemos contar contigo?

Para iso, para mellorarmos ou desenvolvermos algúns dos proxectos previstos para os vindeiros meses, imos crear unha serie de grupos de traballo e convidámoste a participar neles:
  • LGx15: neste ano retomaremos esta actividade e gustaríanos que participases planificando, propondo contidos e nomes, ideas de organización e desenvolvemento, etc.

  • Como cho digo ;-): podes colaborar neste proxecto propondo ideas, melloras, etc., e axudando a planificar unha maior difusión e implicación de persoas, entidades e medios.

  • XII Curso de verán de dinamización lingüística. Sector socioeconómico: podes achegar opinións sobre dinámicas, contidos e nomes para o programa.

  • Encontro técnico de SNL e ENDL: colabora na planificación e no desenvolvemento dunha xornada de intercambio de ideas e propostas de colaboración conxunta.

Cada un destes grupos será coordinado por unha persoa, e nel poden participar todas as que se anoten. Cada grupo poderá ter un funcionamento distinto, a súa propia dinámica, mais, en xeral, aínda que haxa algunha xuntanza física, a idea é que boa parte do traballo se faga a través do correo electrónico, intercambiando ideas, propostas, tarefas, etc. E o tempo que lle dediques será o que ti queiras ou poidas dedicarlle...

Anímaste a participar?

Pois daquela envía unha mensaxe a info@ctnl.gal ata o 15 de abril indicando en que grupo(s) queres participar, o teu nome, enderezo electrónico e teléfono.

Veña, entre todas e todos faremos que estes proxectos saian ben! ;-)

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Marzo de 2024
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
            1 2 3
    4 5 6 7 8 9 10
    11 12 13 14 15 16 17
    18 19 20 21 22 23 24
    25 26 27 28 29 30 31
    Próximos eventos

      • Asociate á CTNL
      • Agasallo. Propostas de regalos en galego
      • LGx15
      • Premios Mil Primaveras
      • Viveiro de propostas normalizadoras
      • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
      • Envianos
      • Canles de novas da CTNL
      • Facebook da CTNL
      • Twitter da CTNL
      • Instagram da CTNL
      • Kit para a normalización en rede
      • Proxector
      • Queremos Galego
      • Eu.gal: Por un dominio galego