CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

CTNL


60 votos
Votar | | | |


20-04-2016

Para festexarmos as Letras Galegas, propomos de novo Que se vexa! o galego

Que se vexa! O galego
Desde a CTNL volvemos propor que se utilice a celebración das Letras Galegas para dar máis visibilidade á nosa lingua en todas as situacións sociais. Con este fin retomamos o mesmo lema e logo do ano pasado, porque continuamos a pedir Que se vexa! O galego. A proposta enviarase a concellos, institucións, centros de ensino, entidades, etc.




QUE SE VEXA! O GALEGO

[A proposta en .pdf]
[O logo e as cores para poder usar (.pdf)]

Queremos unha lingua viva, útil, moderna, atractiva, visible. Queremos un idioma para tod@s. E queremos que se vexa! E a celebración das Letras Galegas debe servir para contribuír a visibilizar a lingua en todos os ámbitos e a dar unha imaxe máis moderna e atractiva do noso idioma.

A festa das Letras Galegas serve para enxalzar unha figura literaria relevante para nós, por medio de actos culturais que nos axudan a coñecela mellor. Mais tamén é unha celebración para reivindicar o valor e a presenza da propia lingua en todos os ámbitos e ocasións: na ciencia, no deporte, no asociacionismo, nas novas tecnoloxías, no ensino, na comunicación, na cultura, entre a mocidade e a infancia, no lecer, na economía, no comercio, na sanidade, etc.

Por iso, desde a Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) propómoslles a todas as entidades que os programas, imaxe, actividades, discursos, etc., que se fagan arredor do Día das Letras Galegas teñan isto en conta, e sirvan tamén para transmitir esa imaxe de lingua viva, útil, moderna e atractiva para tod@s e en todos os ámbitos e situacións sociais. Deste xeito, propomos de novo o lema QUE SE VEXA! O GALEGO e un sinxelo logo e ofrecémolos de xeito libre para que os utilice calquera persoa ou entidade.

Ademais, gustaríanos coñecer e poder difundir todas esas actividades que se fan para darlle protagonismo ao idioma e para destacar que é unha lingua viva e rica válida para todos os ámbitos e situacións. Queremos coñecer e espallar propostas para Que se vexa! O galego

[Podes enviar información sobre actividades para Que se vexa! O galego a info@ctnl.gal]

QUE SE VEXA! O GALEGO en todos os recunchos, do 1 ao 31 e tamén o 17! Que se vexa a lingua cada ano, cada mes, cada día e cada hora porque é motivo de celebración os 365 días do ano, e tamén os 366! Aproveitemos para incorporar o galego entre todos e todas, desde os pequechos ás máis vellas, recuperemos os espazos e os usos que lle corresponden, lembremos que todas as ocasións son boas para amosar a lingua.

O 17 de maio é un día moi especial para o noso idioma, mais todos o deben ser se queremos mil primaveras máis para a lingua. Lembramos a aqueles escritores e escritoras que fixeron do galego a mellor ferramenta creativa para lles transmitir ás seguintes xeracións o seu legado, mais tamén traballamos para que os que veñen detrás, os nosos fillos, as nosas fillas e os fillos das nosas fillas entendan que o galego é unha lingua útil e imprescindible para a súa vida, un idioma de presente e futuro que nos identifica como galegos e galegas.

Soñamos con vivirmos en galego porque a nosa lingua fainos únicas e sitúanos no mundo con forza propia. Este soño aparece aínda con máis intensidade neste mes que celebramos as nosas letras, unha data sinalada que debe servir para reforzarmos as posibilidades da nosa lingua e a necesidade de abrir novos camiños que afiancen o seu uso no comercio, no deporte, na ciencia, no asociacionismo, entre a mocidade, nas novas tecnoloxías, no ensino, na cultura, na comunicación, no lecer, nas empresas, nos parques, nos centros de saúde... Simplemente "queremos curar a fendedura, esquecer a tristura e volver comezar", queremos, pois, presente e futuro e queremos que se vexa o galego!


Ligazóns relacionadas


Que se vexa! O galego

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017

Avisos

    mes anterior
    Xuño de 2017
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
          1 2 3 4
    5 6 7 8 9 10 11
    12 13 14 15 16 17 18
    19 20 21 22 23 24 25
    26 27 28 29 30   
    Próximos eventos

    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • Asociate á CTNL
    • Gústame... o galego
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • Proposta para a mellora da planificación e xestión dos Celga
    • Traballarmos en dinamización lingüística | Isa Vaquero
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Axenda da lingua
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Kit para a normalización da lingua
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego