CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

CTNL


175 votos
Votar | | | |


11-05-2016

A CTNL solicita ao Concello de Redondela que modifique as bases específicas para a convocatoria dunha praza de TNL

Concello de Redondela
Ante a publicación no BOP de Pontevedra das bases específicas para a convocatoria dunha praza de técnico/a de normalización da lingua do subgrupo A2, para a que se pide grao ou diplomatura e Celga 4, a CTNL dirixiu un escrito ao concello redondelán para solicitar a corrección destas bases.


O 22 de abril de 2016 o Concello de Redondela publicou no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra o anuncio de modificación das bases xerais e bases específicas para a convocatoria dos procesos selectivos correspondentes á oferta pública de emprego do ano 2013. Nestas bases inclúese a convocatoria dunha praza de técnico/a de normalización lingüística equiparada ao subgrupo A2 da función pública.

Por este motivo, o pasado 4 de maio a CTNL dirixiu un escrito ao Concello de Redondela para solicitar que se modifiquen as bases do seguinte xeito:

1. Que se equipare a praza de técnico/a de normalización lingüística (TNL) ao subgrupo A1 da función pública.

2. Que se fixe como requisito a titulación de grao ou licenciatura.

3. Que se estabeleza como requisito lingüístico o certificado de lingua galega de nivel 5.

Xustificáronse estas peticións con varios argumentos:

- Debido ás funcións que se teñen que desenvolver e aos coñecementos e capacidades necesarias, as prazas de TNL deben ser do subgrupo A1 (anexouse unha proposta de funcións elaborada pola CTNL para o Encontro de Política Lingüística Municipal que tivo lugar en Santiago de Compostela o 16 de novembro de 2015).

- Nas convocatorias de axudas que a Xunta de Galicia destina á creación e mantemento de servizos de normalización lingüística recóllese que o persoal técnico debe estar integrado no grupo I de cotización do réxime xeral da Seguridade Social.

- Consecuentemente, para unha praza do subgrupo A1 o requisito de titulación debe ser grao ou licenciatura equivalente. Alén disto, para as especialidades indicadas nas bases publicadas polo Concello de Redondela, a licenciatura é a única titulación existente e equivalente no sistema universitario anterior aos graos. Tamén as convocatorias de axudas da Xunta de Galicia estabelecen como requisito as titulacións de grao ou licenciatura.

- Por último, xustificouse o requisito lingüístico do Celga 5 como o necesario para desenvolver labores de asesoramento lingüístico, que é unha das funcións dun TNL.

Anuncio do BOP de Pontevedra do 22/04/2016, en .pdf

Solicitude da CTNL, en .pdf
Anexo á solicitude, en .pdf

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017

Avisos

    mes anterior
    Novembro de 2017
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
        1 2 3 4 5
    6 7 8 9 10 11 12
    13 14 15 16 17 18 19
    20 21 22 23 24 25 26
    27 28 29 30    
    Próximos eventos

    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • Asociate á CTNL
    • Gústame... o galego
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • Proposta para a mellora da planificación e xestión dos Celga
    • Traballarmos en dinamización lingüística | Isa Vaquero
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Axenda da lingua
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Kit para a normalización da lingua
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego