CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Lingua


113 votos
Votar | | | |


14-06-2016

Aprobada a Ordenanza para o impulso social da lingua galega no municipio de Teo

Concello de Teo
O Concello de Teo acaba de aprobar a Ordenanza para o impulso social da lingua galega no municipio de Teo. Tras a fase de información pública, publicouse definitivamente no BOP da Coruña do 7 de xuño de 2016.


O Boletín Oficial da Provincia da Coruña do 7 de xuño de 2016 publicou a aprobación definitiva da Ordenanza para o impulso social da lingua galega no municipio de Teo, unha proposta que foi aprobada no Pleno municipal o 31 de marzo de 2016.

Este texto do Concello de Teo, como moitos outros que están en vigor en arredor de 40 concellos de todo o país, declara o galego como lingua propia e oficial do Concello, lingua que a Administración municipal debe usar por defecto, tanto oralmente como por escrito, en todas as súas actuacións e comunicacións.

Ao longo dos seus 15 capítulos e 24 artigos, regúlase o uso do galego e a acción lingüística do concello na atención ao público; na documentación e actuación administrativa; nas publicacións, accións informativas, formativas e actividades públicas; na compra de bens e materiais e encargo e contratación de servizos; na sinalización e rotulación; nas relacións con outras administracións; nas relacións con empresas privadas; no persoal ao servizo da administración; na toponimia e nomes de rúas, emprazamentos e edificios; etc.

O servizo de normalización Lingüística (SNL)
Os obxectivos e as funcións do Servizo de Normalización Lingüística (SNL) municipal tamén quedan establecidas nesta ordenanza (art. 23), e indícase que debe ser "estable dotado con medios materiais e humanos suficientes co obxecto de impulsar a normalización e procurar o incremento do uso e prestixio do idioma galego a todos os niveis e ámbitos sociais”, e fixa as súas funcións para a aplicación da ordenanza e as súas tarefas nas áreas de dinamización sociolingüística, formación sociolingüística e asesoramento lingüístico.

Ordenanza para o impulso social da lingua galega no municipio de Teo, en .pdf

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017

Avisos

    mes anterior
    Agosto de 2017
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
      1 2 3 4 5 6
    7 8 9 10 11 12 13
    14 15 16 17 18 19 20
    21 22 23 24 25 26 27
    28 29 30 31    
    Próximos eventos

    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • Asociate á CTNL
    • Gústame... o galego
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • Proposta para a mellora da planificación e xestión dos Celga
    • Traballarmos en dinamización lingüística | Isa Vaquero
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Axenda da lingua
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Kit para a normalización da lingua
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego