CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Lingua


14822 votos
Votar | | | |


19-07-2016

Para irmos #traballandoenlingua no ámbito socioeconómico

#traballandoenlingua
Publicamos as conclusións do XII Curso de verán sobre dinamización lingüística "Traballando en Lingua", centrado este ano no sector socioeconómico. O curso, organizado pola Universidade da Coruña coa colaboración da SXPL, o Concello de Carballo e a CTNL, tivo lugar en Carballo o 6 e 7 de xullo.


Despois do desenvolvemento do Curso de verán #traballandoenlingua no ámbito socioeconómico, que tivo lugar en Carballo os días 6 e 7 de xullo de 2016, organizado pola Universidade da Coruña, en colaboración coa Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL), o Concello de Carballo e a SXPL da Xunta de Galicia, e no que participaron representantes do empresariado, consumidores/as, traballadores/as da lingua, administración, universidade, etc., acordamos facer públicas as seguintes 17 conclusións para mellorar o uso e a posta en valor do galego no ámbito socioeconómico:

1 ESPAZOS PARA A PLANIFICACIÓN
É importante que haxa espazos de debate para que empresariado, traballadores/as, consumidores/as, publicistas e persoas que traballan a prol da lingua reflexionen xuntos/as e planifiquen a posta en valor do galego no ámbito socioeconómico.

2 DESENVOLVEMENTO DUN PLAN ESPECÍFICO PARA O SECTOR
O Plan de dinamización da lingua galega no tecido económico 2015-2020 da Xunta de Galicia, aínda con todas as obxeccións posibles, é sen dúbida un punto de partida que se debe ter en conta. Aínda así, cómpre sinalar que é evidente que a Administración, ademais de coas empresas e coa clientela, debería contar para a planificación, execución e desenvolvemento cos e coas técnicos/as e cos servizos de normalización lingüística.

3 ASOCIACIÓNS EMPRESARIAIS
É de valorar, e posiblemente sexa unha oportunidade, que a Confederación de Empresarios/as de Galicia (CEG) teña unha actitude favorable á normalización da lingua e que tenda a man para a colaboración, algo que se debe aproveitar.
E tamén é importante lembrar que hai asociacións empresariais e de comerciantes de ámbito local e comarcal que moitas veces teñen gran relevancia na súa área de influencia, polo que tamén as hai que ter en conta.

4 DIFERENCIACIÓN E VALOR ENGADIDO
En xeral as empresas non apostan pola lingua por unha cuestión de militancia lingüística. Fano, como é lóxico, por diferenciarse das competidoras e por darlle un valor engadido ao que venden. E isto é bo.
Tamén é xusto non esquecer eses centos e centos de pequenos negocios que manteñen o idioma tamén por compromiso coa lingua e co país. Hai que reforzar a mensaxe positiva entre eles, para que se sintan apoiados e recoñecidos.

5 RECOÑECEMENTO
É necesario “premiar” e/ou “recoñecer” o uso do galego por parte das empresas. Unha boa maneira sería a través dun selo público que, entre outros valores de responsabilidade social (ecoloxía, igualdade, etc.), incluíse o uso e posta en valor da lingua.

6 COLECTIVOS FAVORABLES
Débese contar co traballo e experiencia dos colectivos e asociacións que xa teñen traballo feito para a galeguización empresarial, e tamén se debe recoñecer o seu traballo e logros.

7 MENSAXE POSITIVA
En publicidade, con respecto á lingua, ningún tempo pasado foi mellor. Nos últimos 15 anos grandes empresas galegas comezaron a apostar por comunicar en galego. Aínda así continúa a ser necesario facerlles ver a anunciantes e creativos/as o valor engadido que dá o galego. Cómpren mensaxes e accións para que o ámbito da publicidade perciba que o galego crea valor e diferenciación, suma e permite que a clientela asocie o produto con calidade e proximidade.

8 PAISAXE LINGÜÍSTICA COMERCIAL
Pola súa visibilización, estabilidade e permanencia, é fundamental incentivar o uso do galego na paisaxe lingüística comercial das vilas. E isto cómpre facelo tamén a nivel local, desde os concellos e a través dos SNL e departamentos de promoción económica.

9 IMPORTANCIA DAS PERSOAS CONSUMIDORAS
Unha masa moi importante de consumidores/as ven con bos ollos que as empresas se comuniquen con eles/as en galego, aínda que tamén se comproba que segue a haber pouco feedback por parte de moitas das grandes empresas. Cómpre facerlles ver ás empresas que isto pode restarlles clientes e que a comunicación en galego é un aspecto máis dunha atención ao cliente de calidade.

10 VALOR TURÍSTICO
A lingua tamén é imaxe e un valor turístico que cómpre aproveitar. É fundamental para o turismo manter a autenticidade do destino, e a lingua débese utilizar para iso. Cómpre achegarlle mensaxes ao sector do turismo para que perciba que o galego é un valor que non poden esconder, ao contrario, é mellor visibilizalo e aproveitalo como un patrimonio máis que atrae visitantes.

11 ACCIÓN DA ADMINISTRACIÓN
Cómpre destacar a necesidade de que as administracións establezan requisitos lingüísticos nas compras, contratacións e concesións, e que demanden un maior uso do galego por parte das empresas coas que traballan ou ás que subvencionan.

12 EMPRESAS DE APOIO
Hai empresas que traballan coa lingua como ferramenta e servizo, e isto é positivo e pode ser unha axuda para o ámbito socioeconómico. Cómpre valorar estas empresas e difundilas entre o sector privado.

13 LINGUA NA RSC
Hai unha necesidade de que o uso da lingua galega se teña en conta como un valor na responsabilidade social corporativa das empresas, como marca de respecto e compromiso coa realidade na que opera unha empresa.

14 POTENCIALIDADE DA LUSOFONÍA
Cómpre aproveitar a potencialidade da lusofonía e da intercomprensión mutua entre galego e portugués tanto para a internacionalización das empresas como para que os/as traballadores/as vexan que o galego pode abrirlles máis portas.

15 RECEPTIVIDADE
Se ben é certo que no mundo da empresa a situación do galego é precaria, si que se percibe que hai algo que cambiou nos últimos anos, e é que hai certa receptividade a escoitar propostas de posta en valor do galego por parte das empresas, que non hai rexeitamento xeneralizado de entrada ao uso do galego. Quizais aí está o froito de anos de traballo, que non foron en balde.

16 ANÁLISE PARA A ACTUACIÓN
Cómpre actualizar os estudos existentes sobre a lingua no ámbito socio-ecónomico para coñecer mellor actitudes, usos e necesidades, de xeito que guíen actuacións posteriores.

17 ACTIVACIÓN DA CLIENTELA
Non se debe esquecer que as empresas poida que teñan corazón, pero a alma está nos seus libros de contas. Quizais por iso é primordial que os esforzos na dinamización da lingua sexan bidireccionais: hai que traballar co empresariado (facéndolle ver que o galego suma) pero tamén coa clientela (para que tamén faga saber que prefire ou, polo menos, que lle agrada comprar produtos e servizos en galego).

www.traballandoenlingua.gal


Ligazóns relacionadas


Para irmos traballando en lingua no ámbito socioeconómico

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Decembro de 2018
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
              1 2
    3 4 5 6 7 8 9
    10 11 12 13 14 15 16
    17 18 19 20 21 22 23
    24 25 26 27 28 29 30
    31       
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego