CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

CTNL


158 votos
Votar | | | |


20-10-2016

A CTNL solicita a mellora das axudas para a normalización lingüística da Deputación de Pontevedra

Deputación de Pontevedra
A CTNL dirixiuse á Delegación de Cultura e Lingua da Deputación de Pontevedra para solicitarlle melloras en próximas convocatorias de axudas para a normalización lingüística desde a entidade provincial. Desde a CTNL propoñemos modificacións co fin de promover o traballo técnico en normalización lingüística a través de SNL estables, dotados de persoal e orzamento suficiente, pois só desta maneira se poden planificar, xestionar, executar e avaliar accións e programas de normalización lingüística con visión de futuro e de maneira estrutural.


O 22 de febreiro deste ano a Deputación de Pontevedra publicou a convocatoria de dous tipos de subvencións para a dinamización da lingua galega: a) destinadas a concellos da provincia e b) dirixidas a outras entidades (asociacións e similares). Estas convocatorias resolvéronse o 15 de xullo e o 4 de outubro, respectivamente.

Tras analizar as convocatorias e as resolucións correspondentes, e sen esquecer felicitar a Deputación de Pontevedra por crear axudas para que se avance no proceso de normalización lingüística, consideramos que hai aspectos que cómpre mellorar en futuras convocatorias:

a) Convocatoria dirixida aos concellos e outras entidades locais

Convocáronse subvencións de dous tipos: para a creación e mantemento de SNL e para programas de dinamización lingüística en entidades que non solicitasen para o SNL. Desde a CTNL consideramos que as ferramentas de traballo das administracións públicas son os equipos técnicos especializados, polo que se debe promover o traballo técnico en normalización lingüística a través de SNL estables, dotados de persoal e orzamento suficiente, porque só desta maneira se poden planificar, xestionar, executar e avaliar accións e programas de normalización lingüística con visión de futuro e de maneira estrutural. Calquera programa que se desenvolva desde unha entidade local que non conte con SNL, aínda que poida estar planificado, xestionado e executado, non deixa de ser unha acción puntual sen integrar nun labor continuado de normalización lingüística feito á medida de cada realidade local.

A convocatoria, tal e como se realizou este ano, primou economicamente o traballo puntual e non o labor técnico, realizado e supervisado por profesionais e continuado no tempo. Dos case 150.000 euros destinados a estas axudas, só 51.094,46 foron destinados a SNL e unicamente se solicitou axuda para a creación de dous novos servizos (segundo os nosos datos, neste momento creouse un no Concello de Nigrán).

Desde a CTNL consideramos que estas axudas deberían ser só para o mantemento, reforzo e creación de SNL, cunha dotación económica que anime as entidades locais a desenvolver este labor técnico desde a súa institución, tanto individualmente como de xeito mancomunado con outros concellos. Alén disto, hai outras vantaxes para os concellos que conten con SNL: poden deseñar e desenvolver políticas lingüísticas adaptadas ás características sociolingüísticas da súa poboación, e poden participar en proxectos cooperativos para o impulso do idioma que xa se están a desenvolver noutras entidades locais, como, por exemplo, o proxecto Apego, que está a ter moita demanda e require de traballo técnico.

b) Convocatoria para a dinamización do galego dirixida a outras entidades


Estas axudas, dotadas cun total de 275 000 euros, estaban destinadas a entidades que realizasen actividades de fomento do uso do galego no conxunto da sociedade a través de certames, festivais de música, accións na cultura, no comercio e nas TIC e recoñecemento a persoas e colectivos.

A diferente dotación económica das primeiras e estas segundas axudas revela de novo que se dá preferencia ao traballo puntual en normalización lingüística, neste caso realizado por entidades que, en principio, non contan con persoal técnico que desenvolva un labor continuado de normalización da lingua (na convocatoria nin se valora nin se esixe que o teñan). Hai entidades que tiveron máis subvención para desenvolver accións puntuais de dinamización da lingua ca os concellos que optaron por crear un servizo de normalización lingüística, departamento encargado de planificar, deseñar, executar e avaliar numerosas accións de dinamización lingüística ao longo do ano.

Por outra parte, en moitas das axudas concedidas semella que se están a subvencionar simplemente actividades culturais realizadas en galego, e non accións cun obxectivo claro de dinamización da lingua. Por exemplo, que un festival de música desenvolva toda a súa comunicación en galego non debe considerarse xa, despois de tantos anos de camiño andado na normalización da lingua, unha actividade de dinamización da lingua.

Desde a CTNL consideramos que as axudas para o desenvolvemento de actividades culturais en galego son necesarias e é adecuado e desexable que a Deputación de Pontevedra aposte por elas. Pero non deben subvencionarse con partidas destinadas á dinamización da lingua se non teñen un claro obxectivo de promoción do seu uso e prestixio. A presenza da lingua na cultura é fundamental para o futuro do idioma, mais tamén o é a presenza do idioma no traballo en investigación científica, no desenvolvemento do urbanismo, na educación, na conservación da natureza ou nos servizos para o benestar social. Con todo, o traballo de normalización lingüística é algo máis complexo que o simple uso da lingua nesas áreas. Isto non impide que en convocatorias doutras áreas poida e deba terse en conta o uso da lingua galega como contido transversal, mais iso non as converte en axudas de dinamización lingüística.

Finalmente, no escrito presentado na Deputación de Pontevedra, a CTNL solicitou o seguinte:

1. Que en vindeiras edicións se mellore a convocatoria de axudas para entidades locais co fin de promover a creación, mantemento e reforzo de servizos de normalización lingüística. Só desta maneira se realizará un traballo de impulso do uso e prestixio da lingua galega estrutural, progresivo, continuado e con obxectivos a longo prazo. Alén disto, só contando con SNL estables os concellos poden planificar accións á medida das necesidades da súa poboación e sumarse a proxectos cooperativos que xa se están a desenvolver noutras entidades locais, adaptándoos á realidade propia. Precisamente estes proxectos están a ter unha ampla demanda e poden multiplicar a súa incidencia grazas á colaboración de moitas entidades locais.

2. Que se diferencien as axudas para o desenvolvemento de accións propiamente de dinamización da lingua galega das actividades culturais ou doutro tipo realizadas en lingua galega.


Ligazóns relacionadas


Solicitude de mellora das bases de axudas da Dep. de Pontevedra para a NL

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017

Avisos

    mes anterior
    Setembro de 2017
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
            1 2 3
    4 5 6 7 8 9 10
    11 12 13 14 15 16 17
    18 19 20 21 22 23 24
    25 26 27 28 29 30  
    Próximos eventos

    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • Asociate á CTNL
    • Gústame... o galego
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • Proposta para a mellora da planificación e xestión dos Celga
    • Traballarmos en dinamización lingüística | Isa Vaquero
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Axenda da lingua
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Kit para a normalización da lingua
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego