CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Lingua


215 votos
Votar | | | |


24-10-2016

Volve LGx15. Ideas para o futuro da lingua!

LGx15 2016
O vindeiro 24 de novembro haberá unha nova edición de LGx15. Ideas para o futuro da lingua. Desta vez contaremos con oito presentacións que nos transmitirán de maneira visual, entretida e divertida ideas, argumentos e consellos para influír nas actitudes e na conciencia lingüística. Haberá ademais humor e música, é dicir, consistirá nun evento festivo e divertido para reflexionarmos sobre o futuro da lingua. Será ás 18 h e de novo na Sala Capitol de Compostela.


Con intervencións dun máximo de 15 minutos, os nove convidados deste ano falarannos de lingua, pero tamén de tecnoloxía, de música, de artesanía, de gastronomía, de autoaxuda, de underground... Diferentes temas que nos axudarán a reflexionar sobre o futuro da nosa lingua con novos argumentos e alento reforzado. Haberá tamén música en directo, humor e improvisación. Un formato novo para falar do futuro da lingua e intentar influír no imaxinario colectivo arredor do idioma lanzando propostas, mensaxes, experiencias e ideas.

Cando? Onde?
Terá lugar o xoves 24 de novembro, ás 18.00 h, na Sala Capitol de Santiago de Compostela. As entradas para o evento xa están á venda ao prezo de 6 euros (na rede en www.salacapitol.com, e fisicamente nos próximos días na Tenda A Reixa, agora situada no número 46 da compostelá rúa do Hórreo. O día do evento custarán 10 € na billeteira).

Quen intervén este ano?
En LGx15 intervirán Alberte Lamazares (labrego, que nos propón tratar un dos principais usos da lingua: falar), Belén Regueira (comunicadora, convertida ese día en conselleira para neofalantes), Elena Ferro (zoqueira, quen nos falará sobre a necesidade de defender o noso), Diana Fernández e David Díaz (blogueira/o de Bolboretas no bandullo, que mesturarán ingredientes culinarios e lingüísticos), Marcus Fernández (webmáster de Código Cero, que nos falará das TIC en galego), María Yáñez (costureira de Internet, que nos demostrará que hai vida despois do Xabarín coa primavera millenial), Mark Wiersma (músico, quen nos levará até o ano 2050 coa lingua e o son) e Rosalía Fernández Rial (profesora e poeta, que nos aclarará como a nosa lingua é latente de todas as demais).

A música virá da man do grupo Poetarras. E a presentación estará a cargo dos regueifeiros Josiño da Teixeira e Luís O Caruncho.

A primeira edición do LGx15 tivo lugar en novembro do pasado ano, e nela participaran Luís Iglesia, Xurxo Mariño, Lara Tigre, Manuel N. Singala, Carmen Grimaldi e Xosé Lois Vilar, ademais das actuacións de AldaoLado, Alba María e Xenderal. E os vídeos desas diversas charlas poden verse en Youtube, pois unha parte fundamental deste proxecto é tamén a difusión desas ideas a través da rede.

LGx15 é, polo tanto, un cóctel en forma de evento organizado pola Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL), coa colaboración económica da Secretaría Xeral de Política Lingüística, e pensado para o entusiasmo, a diversión, a reflexión e o futuro do galego.

Máis información no web de LGx15.


Venda especial de entradas para grupos de alumnado de ensino secundario

Como o LGx15 vai de futuro, desde a CTNL queremos facilitar a participación de rapazas e rapaces de secundaria e/ou bacharelato baixo a responsabilidade dun/dunha docente. Con este fin reservamos un número limitado de localidades para grupos de estudantes. As condicións para acceder a estas entradas son as seguintes:

-Grupos: de entre 8 e 20 estudantes, e sempre baixo a responsabilidade e acompañamento dun/dunha docente do centro.

-Cursos: 3º ou 4º de ESO ou Bacharelato.

-Prezo: 2 € / alumno/a.

-Reservas: é o/a docente responsable quen debe solicitar a asistencia dun grupo, e debe facelo enviando un correo a info@ctnl.gal cos seus datos, nome do centro e localidade, número de alumnos/as e cursos.

-Prazo de solicitude: até o 11 de novembro.

O número de entradas reducidas que podemos ofrecer para estes grupos é só de 60, polo que atenderemos as solicitudes tendo en conta a orde de chegada e mais a variedade de centros (xa que logo, poderase limitar a asistencia a un grupo por centro).

Máis información a través do enderezo electrónico info@ctnl.gal

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017

Avisos

    mes anterior
    Setembro de 2017
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
            1 2 3
    4 5 6 7 8 9 10
    11 12 13 14 15 16 17
    18 19 20 21 22 23 24
    25 26 27 28 29 30  
    Próximos eventos

    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • Asociate á CTNL
    • Gústame... o galego
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • Proposta para a mellora da planificación e xestión dos Celga
    • Traballarmos en dinamización lingüística | Isa Vaquero
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Axenda da lingua
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Kit para a normalización da lingua
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego