CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Convocatorias


6 votos
Votar | | | |


07-03-2017

Chega o XIII Premio a artigos xornalísticos normalizadores do Concello de Carballo

XIII Premio a artigos xornalísticos normalizadores do Concello de Carballo
O Concello de Carballo, desde o seu Servizo de Normalización Lingüística (SNL) e en colaboración con nove medios de comunicación escrita, convoca a décimo terceira edición do seu Premio a artigos xornalísticos normalizadores, este ano cunha maior dotación económica. O prazo de admisión de artigos está aberto até o 17 de abril.


O Concello de Carballo convoca este premio cos obxectivos de incentivar a reflexión sobre a situación social da lingua galega, crear espazos nos xornais para analizar e fomentar o uso e prestixio do noso idioma e promover o seu uso na prensa.

CARACTERÍSTICAS DOS TEXTOS
Os artigos serán de opinión e inéditos e deben ter entre 1800 e 3300 caracteres con espazos incluídos. Neles deberase tratar algún tema sobre a situación sociolingüística do noso país, o fomento da lingua galega, o seu status, o argumentario a prol do uso do galego, a lexislación e os dereitos lingüísticos, experiencias sociolingüísticas concretas, propostas para o impulso do uso e prestixio social do galego, experiencias útiles ou favorables para a dinamización da lingua, política lingüística, etc. Deberán contar cos trazos máis significativos do estilo xornalístico: estilo breve e directo, linguaxe xornalística, capacidade de incidencia no público, etc.

PREMIO
A novidade deste ano é o incremento da dotación económica do premio, que será de 1250 euros. Alén disto, o artigo gañador publicarase nos nove medios de comunicación colaboradores coa iniciativa: Diario de Bergantiños, El Correo Gallego, Galicia Confidencial, La Opinión de A Coruña, La Voz de Galicia, Praza Pública, Que pasa na Costa, Sermos Galiza e Tempos Novos.

PRAZO E LUGAR DE PRESENTACIÓN
A recepción de traballos está aberta até o 17 de abril e poderán presentarse no rexistro do Pazo da Cultura de Carballo, por correo certificado ou de calquera das formas establecidas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

En edicións anteriores foron premiadas/os autoras/es como Xurxo Carballido, Olga Patiño, Ana Barreiro, Ramón Vilar Landeira, Miguel Mosquera, Séchu Sende, Kiko Novoa, Xesús Fraga, Pilar García Negro, Marica Campo, Marcos Abalde, Carlos Callón, Mariña Pérez Rei, José Casás, Luz Cures Vázquez ou Borxa González Tenreiro. Todos os artigos premiados tiveron unha gran repercusión, grazas á publicación e difusión por todos os medios colaboradores cada ano.

As bases completas foron publicadas no BOP da Coruña do 7 de marzo e tamén se poden consultar no web do Concello de Carballo.

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017

Avisos

    mes anterior
    Xuño de 2017
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
          1 2 3 4
    5 6 7 8 9 10 11
    12 13 14 15 16 17 18
    19 20 21 22 23 24 25
    26 27 28 29 30   
    Próximos eventos

    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • Asociate á CTNL
    • Gústame... o galego
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • Proposta para a mellora da planificación e xestión dos Celga
    • Traballarmos en dinamización lingüística | Isa Vaquero
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Axenda da lingua
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Kit para a normalización da lingua
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego